Contando coa participacin de diferentes profesionais do sector
Unhas xornadas poen en valor o potencial educativo dos videoxogos
Nelas lembrouse o primeiro videoxogo comercializado creado por un autor galego
A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense foi o escenario elixido este xoves para a celebracin das Xornadas Educacin e Videoxogos. A actividade estivo organizada polo profesor deste centro Milln Brea, contando co apoio da Vicerreitora do campus de Ourense. No evento, aberto s persoas interesadas, participaron diferentes profesionais vinculados dun xeito ou doutro a este sector e que reivindicaron o papel cultural e formativo destes produtos.
Maya Pixelskaya, podcaster e presentadora de TV e unha das primeiras mulleres que deron visibilidade en Espaa aos videoxogos, foi a primeira en intervir “para contar un pouco como influron na mia educacin os videoxogos e para amosar como, quizais sen pretendelo, poden formarte como persoa, ao ir incorporando ensinanzas túa vida polo interese que che xeran”. Pola súa experiencia no sector, destacou que “eu son moi defensora dos videoxogos e do seu papel na educacin”, apuntando que “despois do cine, entre as artes mis destacadas creo que iran os videoxogos, xa que aúnan todas as artes (música, pintura, teatro...) neles tes absolutamente de todo”. Porén, afirmou, “como en calquera produto cultural hai cousas que teen calidade e outras que non pero non por iso os videoxogos deben considerarse un elemento cultural peor”.
Outro dos grandes protagonistas da xornada foi Álex Gonzlez, ourensn recoecido por ter desenvolvido The Wall (1986), considerado o primeiro videoxogo comercializado creado por un autor galego. Del falou Lucas Costas, comisario do Muvi, o Museo do Videoxogo, o primeiro centro musestico de Galicia desta temtica. Na súa intervencin, ademais de presentar este museo e de falar de educacin e videoxogos, puxo en valor The Wall, peza que, dixo, “é un xogo histrico”. Pero para falar deste primeiro videoxogo creado por un galego estivo o seu autor, Álex Gonzlez. O ourensn lembrou o seu proceso de creacin, explicando como este videoxogo “xurdiu de rebote, porque quera facer un programa para a xestin dunha empresa de construcins metlicas pero os que estaban na oficina parecalles que era moi complicado isto dos ordenadores e queran seguir coas calculadoras. Entn quedeime cunha mquina e non saba que facer con ela e dxenme pois vou facer un videoxogo”. The Wall, explicou, céntrase “nun marciano que ten a nave avariada pero sabe que ten outra nave ao final do muro, de a o nome The Wall, e ten que ir esquivando aos inimigos ata chegar a esta segunda nave, que est perfecta para poder volver ao seu planeta”. Sobre a satisfaccin de ser considerado o primeiro galego en crear un videoxogo comercializado, apuntou que “orgulloso diso fixéronme sentir os do Muvi, porque ata ese momento practicamente xa o tia esquecido, xa hai 40 anos disto...” e amosouse moi agradecido por este recoecemento.
A xornada tamén contou coa participacin de Cristian Gonzlez (Espartaco), cunha dilatada traxectoria no sector dos e-sports, e Arantxa Fernndez, doutora en Historia pola 鶹. Completou a programacin a realizacin dun podcast en directo e un encontro de networking ao remate da xornada.
