DUVI

Diario da 鶹

Raquel Rey: “Non é un problema que xestionar, senn unha riqueza que impulsa”

A 鶹 participa en Gran Canaria no Encontro da Rede Universitaria pola Diversidade

Apelouse ao papel das universidades como axentes de cambio que deben garantir a inclusin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Diversidade
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI 07/11/2025

A 鶹 participou esta semana en Gran Canaria no Encontro da Rede Universitaria pola Diversidade (RUD), un encontro organizado pola Universidade Fernando Pessoa Canarias e no que que se reuniron numerosos representantes das universidades que forman parte da rede co obxectivo de compartir experiencias, estratexias e boas prcticas en materia de inclusin, diversidade sexual e de xénero, accesibilidade e dereitos humanos no mbito universitario.

A directora da Área de Diversidade da 鶹, Raquel Rey, foi a encargada de moderar a benvida institucional, que contou coa participacin de Peter de Jesús, director de Igualdade e Diversidade da UFPC; Antonio Rodrguez, reitor desta mesma universidade; e Ruth Martn, concelleira de Xuventude, participacin cidad, igualdade e Universidade Popular do Concello de Santa Mara de Gua de Gran Canaria. Durante o seu discurso, Rey fixo fincapé en que “a diversidade non é un problema que xestionar, senn unha riqueza que impulsa cara a unha educacin mis xusta e con maior futuro”, destacando, neste senso, o papel das universidades como axentes de cambio social que deben garantir a inclusin e a defensa efectiva dos dereitos humanos.

Creacin de contornas seguras para o alumnado trans

O relatorio inaugural, a cargo de Noem Parra, da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, centrouse no tema Acompaamento trans desde o social, e nel abordronse os desafos e responsabilidades das institucins académicas na creacin de contornas seguras para o alumnado trans. Tamén destacou a intervencin de Clara Montesdeoca, da asociacin Caminar Intersex, coa charla Intersexualidades e Dereitos Humanos: un enfoque cara inclusin, presentando o traballo asociativo e sendo ela mesma unha testemua viva da importancia de poer en valor as historias individuais como fonte de coecemento e como ferramenta de cambio social. A través da súa experiencia, convidou a reflexionar, a empatizar e a entender mellor realidades que, moitas veces, permanecen invisibilizadas.

O segundo da do encontro combinou sesins formativas e talleres prcticos abertos ao público, cun enfoque aplicado docencia, investigacin e aos espazos laborais. Entre eles, destacaron a ponencia de Graciela Corujo, vicerreitora de Titulacins da Universidade Fernando Pessoa; o taller Construr espazos docentes e laborais seguros e inclusivos, impartido por Eva Pascual, experta en inclusin laboral trans, e o taller sobre Novas narrativas migratorias en contextos académicos, conducido por Valeria Payn Vargas.

Nesta mesma xornada tamén tivo lugar a charla A universidade que nos falta, un espazo de dilogo con representacin do estudantado, persoal docente e asociacins como Gam e Chrysallis Canarias, no que se reflexionou sobre o papel das universidades como axentes de transformacin social e garantes da diversidade.

Benvida a novos socios da RUD

A parte interna do encontro, reservada s universidades que integran a RUD, desenvolveuse durante o xoves pola tarde e hoxe venres, inclundo sesins de traballo, a coordinacin de obxectivos comúns e a Asemblea Extraordinaria da Rede, momento no que se deu a benvida oficial Universidade de Cantabria e Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, ampliando o alcance territorial da rede. Ademais, as participantes puideron visitar a exposicin Sembrando bonito tu metro cuadrado, promovida por Dibutrans e Eva Pascual, que convida reflexin sobre as representacins da diversidade nos espazos públicos.

O encontro rematar cunha posta en común sobre as lias de crecemento da RUD e coa planificacin de futuras accins conxuntas orientadas a fortalecer a cooperacin interuniversitaria, impulsar plans de diversidade e consolidar unha rede estatal de boas prcticas en diversidade.