21 estudantes dos tres campus representaron institucin no torneo celebrado na Corua
A 鶹 colleita 23 medallas no Campionato Galego Universitario de Natacin
Rematando no segundo posto na clasificacin xeral
Nove medallas de ouro, outras nove de prata e cinco bronces. Este é o balance que deixa a participacin de 21 estudantes dos tres campus da 鶹 no Campionato Galego Universitario de Natacin, disputado este martes na Facultade de Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte da Universidade da Corua (UDC). Con 206 puntos, a institucin viguesa rematou no segundo lugar na clasificacin global do torneo, encabezada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con 226.
Desde Área de Benestar, Saúde e Deporte destacan a “numerosa participacin” do alumnado da 鶹 nesta edicin do campionato, ao que contribuu ter contado co asesoramento técnico da Federacin Galega de Natacin. Isto permitiu que a institucin concorrese cun equipo integrado por 21 nadadores e nadadoras, entre os que se atopaban ademais os dous primeiros deportistas con diversidade funcional en tomar parte nesta competicin.
Doce estudantes subiron ao podio
Nove estudantes do campus de Vigo, sete do de Pontevedra e cinco do campus de Ourense participaron nun campionato no que subiron ao podio doce estudantes da 鶹. Entre eles, o alumno da Facultade de Fisioterapia Sergi Navarro e a estudante da Escola Universitaria de Enfermara de Pontevedra Sofa Mourenza, que acadaron ambos catro medallas de ouro. Dúas delas logrronas nas probas de 4x50 estilo libre e 4x50 estilos, nos que os equipos da 鶹 encabezaron a clasificacin. No primeiro dos casos, Navarro e Mourenza compartiron equipo con Iker Pérez e Sofa Carballo e no segundo con Sofa Carballo e Gael Álvarez.
Sofa Mourenza logrou ademais a medalla de ouro nas modalidades de 50 metros braza e 100 metros braza, na que a prata foi para Sofa Carballo, alumna da Escola de Enxeera Industrial, que gaou ademais o ouro no 100 metros estilos feminino. Nas probas masculinas, Sergi Navarro logrou a vitoria tanto nos 50 como nos 100 metros costas. No primeiro dos casos estivo acompaado no podio por Gael Álvarez, que acadou a prata, mentres que na segunda a 鶹 copou os tres postos do podio, ao que tamén subiron Gael Álvarez e Yoel Gonzlez.
Por outra banda, o estudante da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Iker Pérez logrou a vitoria na carreira de 50 metros libre masculino, na que a prata foi para Rubén Santn, mentres que o alumno da Escola Superior de Enxeara Informtica Paulo Gunche alzouse co outro en 100 metros estilos.
A estes éxitos súmanse as medallas de prata acadadas por Niara Eijo nos 50 e nos 100 metros costas feminino e por Miguel Ángel Gmez nos 50 e 100 metros braza masculino. No 100 metros libre feminino Ángela Mellid rematou tamén en segundo lugar, ao que sumou un bronce no 200 metros libre. Tamén Iker Pérez, no 50 metros bolboreta, e Manuel Francisco Ruibal, no 100 metros bolboreta, remataron no terceiro chanzo do podio e a estas medallas súmase o bronce logrado por Gunche, Gmez, Eijo e Mellid na proba do 4x50 estilos mixta.
