DUVI

Diario da 鶹

Entregado este xoves en Pontevedra

Rexina Vega recibe o XXII Premio Afundacin de Xornalismo Fernndez del Riego

Por un artigo no que busca “desposur de relato” a palabra cancro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Premios
  • Cultura
DUVI Pontevedra 23/10/2025

A escritora e profesora da 鶹 Rexina Vega converteuse este xoves na gaadora do XXII Premio Afundacin de Xornalismo Fernndez del Riego polo seu artigo Anda aprendo. Publicado en 2024 na revista Tempos Novos, trtase dun texto no que afonda nas implicacins da palabra cancro e na importancia de “desposur de relato” unha verba “marcada polo tabú e o medo”, que parte ademais da súa experiencia vital como persoa afectada por esta enfermidade. Dotado cun premio econmico de 10.000 euros e dirixido a recoecer textos inseridos no xénero do xornalismo literario e artigos de opinin, Fernndez Vega recibiu este galardn no acto celebrado este xoves na Sede Afundacin Pontevedra. 

Xunto s outras dúas finalistas, Alba Moledo e Carmen Villar, acompaaron premiada neste acto o director xerente de Afundacin, Pedro Otero, e as persoas integrantes do xurado, Vctor Freixanes, Fina Casalderrey, Diego Ameixeiras, Gloria Rodrguez, Xosé Carlos Caneiro e Carlos Valle. “Estou moi agradecida ao xurado, integrado por persoas que admiro sinceramente”, salientou Vega, quen puxo tamén en valor a importancia dun premio que contribúe a “dignificar o uso dunha lingua”, as como o “pouso” que o xornalismo literario “deita sobre o presente”. A escritora e investigadora, que a enfermidade lle impide arestora exercer como docente na Universidade, sinalou tamén que o artigo premiado “conta momentos duros, momentos que tarde o cedo acaban chegando a cada vida, pero teimamos por agochar”, subliando que a súa finalidade “era calmar a imaxinacin, non incitala” e “desposur de relato” a palabra cancro.