DUVI

Diario da 鶹

Conformado por seis proxeccins e inserido na programacin da Semana da Creatividade 2026

As relacins entre o ser humano e a tecnoloxa centran o ciclo de cine da primavera do campus

A Vicerreitora acolle o vindeiro martes un coloquio co paleoneurobilogo Emiliano Bruner

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
DUVI Pontevedra 08/04/2026

Baixo o ttulo de Imago mundi, o ciclo de cine de primavera do campus “aspira a amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interaccin entre home, tecnoloxa e contexto, as como os efectos derivados desta relacin”. Deste xeito presenta o programador Suso Novs, codirector de Novos Cinemas, o eixe central dunha programacin integrada por seis proxeccins e que se desenvolver nos meses de abril e maio na sede da Vicerreitora. Inserido na programacin da Semana da Creatividade 2026, que Campus Crea promove co apoio da Deputacin de Pontevedra, o ciclo bota a andar este venres 10 con Robocop e estenderase ata o 29 de maio.

A través dunha escolma de longametraxes das últimas cinco décadas, o ciclo busca pr o foco na influencia da tecnoloxa “no contexto econmico, social e de ocio” dos seres humanos, mais tamén no seu “imaxinario sentimental”, debatendo sobre como as tecnoloxas poden condicionar “como se coece o mundo, como son os nosos sentimentos e a nosa relacin co corpo”, sinala Novs. Para iso, a programacin abrangue tanto olladas a futuros distpicos como a cuestins “coetneas ao que est acontecendo” e permite tanto achegarse a filmes que forman parte xa do “imaxinario colectivo” como a outras longametraxes “que ao mellor quedaron mis soterradas”. 

Seis filmes en abril e maio

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, todas as sesins darn comezo s 19.00 horas e veranse complementadas por un coloquio arredor do filme. Imago mundi bota a andar este venres 10 de abril coa proxeccin de Robocop (EEUU, 1987), de Paul Verhoeven, unha pelicula que posibilita unha reflexin sobre “o uso da tecnoloxa por parte dunha corporacin para acabar ditaminando o comportamento social”, sinala Novs. Á semana seguinte poder verse Almas de metal (EEUU, 1973), de Michael Crichton, coa que abordar “o entretemento interactivo entre homes e mquinas e que acontece cando algo falla”. Xa o xoves 23 exhibirase Das estraos (EEUU, 1995), de Kathryn Bigelow, coa que afondar na idea de “como se relacionan as persoas a través das tecnoloxas” e en como estas permiten “sentir experiencias alleas”.

Xa no mes de maio, o venres 15 poder verse Videodrome (Canada, 1983), un filme de David Cronemberg co que tratar as “relacins entre o virtual e o real”, mentres que o venres 22 poder proxectarase Ex Machina (Reino Unido, 2014), de Alex Garland, que permitir reflexionar sobre que supn o feito de que “algo que percibes cunha intelixencia similar túa tea tamén corporeidade”. Finalmente, o 29 de maio pecharase esta programacin con Blade Runner (EEUU, 1982), de Ridley Scott, “un fito do cinema de ciencia ficcin” co que abordar “que acontece cando algo que est ao servizo do ser humano evidencia ser mis humano que os propios humanos”.

Meditacin e evolucin

Alén desta programacin, a Casa das Camps acoller o vindeiro martes 14, s 19.00 horas, un coloquio co paleoneurobilogo Emiliano Bruner, investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC), centrado na evolucin humana e na meditacin. Baixo o ttulo de O mono desperto: Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolucin humana e meditacin, trtase dun coloquio promovido polo Ateneo de Pontevedra e a 鶹, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Centrado no seu libro La maldicin del hombre mono, Bruner abordar desde a antropoloxa, a bioloxa evolutiva e a neurociencia, por que os seres humanos viven "nunha sensacin de inquedanza e angustia existencial permanente", segundo sinalan desde a organizacin. O obxectivo, engaden, é "entender que esa angustia é unha das consecuencias do noso proceso evolutivo e como a meditacin pode ser unha ferramenta para atopar a calma".

Graduado en Bioloxa e doutor en Bioloxa Animal pola Universidade La Sapienza de Roma, Bruner foi responsable de investigacin do Grupo de Paleoneurobioloxa de Homnidos do Centro Nacional de Investigacin sobre la Evolucin Humana (CENIEH) de Burgos, entre 2007 e 2024. Desde entn é investigador en paleoneurobioloxa no Museo Nacional de Ciencias Naturales do CSIC e investigador afiliado do Centro de Investigacin de Enfermedades Neurolgicas (CIEN), en Madrid.