DUVI

Diario da 鶹

Desenvolvido polo grupo EcoEvo co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovacin

Un proxecto permite detectar comportamentos únicos en comunidades de libélulas e formigas

As como unha maior variedade de cantos de paxaros nos bosques autctonos fronte os eucaliptais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 01/08/2023

Da deteccin de comportamentos reprodutivos únicos en libélulas de Galpagos e da República Dominicana, constatacin de que os bosques autctonos acollen unha maior variedade de sons de paxaros que plantacins de rbores como o eucalipto; pasando pola deteccin por primeira vez de ataques letais entre grupos de formigas arxentinas dunha mesma colonia. Estes son algúns dos achados realizados polo grupo de investigacin en Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin (EcoEvo) da 鶹 no marco dun proxecto dirixido a analizar e caracterizar a diversidade de comportamentos de comunidades de aves, libélulas, formigas e outra serie de macroinvertebrados. 

Financiado con preto de 200.000 euros polo Ministerio de Ciencia e Innovacin e desenvolvido ao longo dos últimos catro anos, o proxecto Diversidade funcional e etolxica en comunidades continentais e insulares (Etodiversidade) pon o foco na importancia da diversidade de comportamentos como unha compoente bsica da biodiversidade. “O noso proxecto est contribundo a que o comportamento sexa recoecido como un nivel relevante en conservacin”, resalta o catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero, investigador principal deste proxecto, recentemente finalizado, xunto catedrtica da Facultade de Bioloxa Mara Calvio. “Penso que os resultados son prometedores", engade o responsable do grupo EcoEvo dun proxecto articulado en torno ao termo “etodiversidade”, que pon o acento en como a perda de comportamentos pode levar extincin dunha especie.

Non obstante, recoece, a investigacin viuse afectada en gran medida polas restricins mobilidade provocadas pola covid-19, que impediron levar a cabo parte dos traballos do campo inicialmente previstos en diferentes pases. No seu lugar, explican, promovéronse “experimentos alternativos” en Espaa, vez que se potenciaban as colaboracins internacionais con grupos de investigacin de México, República Dominicana, Brasil, Chile, Australia e Portugal. Nese senso, ata o de agora o proxecto deu como resultado mis dunha vintena de artigos en revistas cientficas internacionais, s que se sumarn unha monografa sobre as libélulas de Cuba e outra sobre macroinvertebrados acuticos nas Galpagos.

Os sons dos paxaros son mis variables nas illas

Partindo da hiptese de que a simplificacin dos ecosistemas afecta diversidade de comportamentos, unha das lias de traballo centrbase no estudo das diferencias entre comunidades insulares e continentais de aves e libélulas. No caso das primeiras, o estudo estivo centrado no complexo do picafollas europeo, “un grupo de especies de paxaros moi comúns e que son moi parecidas”, como sinala Calvio, de tal xeito que ata hai un tempo considerbanse unha única especie. O obxectivo desta investigacin era determinar o efecto do denominado “sndrome insular”, asociado menor diversidade de especies existentes nas illas, o que implica unha "menor competencia" entre estas que, polo xeral, leva a unha "menor especializacin", de tal xeito que nos ecosistemas insulares podera darse unha “relaxacin de caracteres, das caractersticas das especies”, dando lugar a “comportamentos mis xeralistas”. Neste caso, isto estudouse a través das súas chamadas, “que son moi importantes para identificar o outro como membro da mesma especie e teen un papel importante na atraccin da parella”, salienta Calvio. “Os nosos datos confirman este sndrome insular e relaxacin de caracteres, en forma de maior variabilidade das chamadas de contacto dunha especie insular, fronte a especies prximas continentais”, engade a investigadora. As se puido constatar ao comparar outras especies co picafollas canario (Phylloscopus canariensis), que presenta unha “enorme variabilidade” nos seus reclamos, a pesar de s estar presente neste arquipélago. 

Para esta investigacin, que contou coa participacin do profesor da Escola de Enxeara de Telecomunicacin Julio Martn Herrero, combinronse "técnicas estatsticas tradicionais con técnicas de deep learning”, acadando con ambas metodoloxas resultados moi similares nesa anlise das caractersticas acústicas dos sons que emiten estes paxaros, "o que lle d mis robustez aos resultados". Esta anlise permitiu as mesmo constatar que as chamadas do picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) ocupan unha “posicin central no espazo de variabilidade acústica de todo o grupo, o que é coherente co feito de seren a estirpe mis antiga” dentro do complexo do picafollas común, como sinalan as anlises xenéticas".  

Comportamentos únicos e unha “arma sexual”

Esta mesma comparacin entre comunidades insulares e continentais “non se puido facer como estaba prevista”, recoece Cordero, no caso das libélulas, anda que os diferentes estudos realizados permitiron detectar “comportamentos peculiares en especies insulares”. Ese é o caso da Ischnura hastata nas Galpagos, onde a monogamia detectada nesta especie “produce un intenso conflito sexual e determina comportamentos reprodutivos únicos”. Tamén o a Phyloestes ethelae, unha libélula endémica da República Dominicana, da que o grupo EcoEvo detectou uns “patrns de reproducin únicos”, xa que as cpulas tian lugar nas últimas horas da tarde e primeiras da noite, como explica Cordero, que destaca que "non se coece ningunha outra especie da orde Odonata cun comportamento reprodutor nocturno”.

No referido ao xénero Ischnura, tamén se levou a cabo un estudo sobre o polimorfismo de cor en Galicia e nas illas de Mallorca e Menorca, que permitiu demostrar “que as frecuencias dos morfos de cor da Ischnura elegans, que amosan un comportamento diferenciado, son claramente diverxentes entre as dúas illas”. 

No proxecto insrense tamén as investigacins realizadas pola integrante do grupo EcoEvo Anais Rivas para a súa tese de doutoramento, entre as que se atopa a centrada na Enallagma cyathigerum, especie na que as femias presentan unha espia vulvar no seu abdome, cuxa funcin se descoeca. Dando continuidade a este traballo, o grupo publicaba recentemente no que conclúen que este apéndice podera ser unha “adaptacin morfolxica”, que “parece actuar como unha arma sexual”, coa que acurtar a duracin da cpula, tras constatar como esta se reduca practicamente a metade no caso de exemplares que presentaban esta espia, fronte a exemplares que non a posuan. “Ata onde sabemos, nunca se tia atopado unha adaptacin morfolxica nas femias de ningunha especie que poida ser usada como arma sexual durante o apareamento”, salienta Cordero.

Maior diversidades de cantos nos bosques autctonos

Outra das lias de anlise do proxecto centrouse na diversidade funcional de comunidades que viven en bosques autctonos e outras que fano en “hbitats alterados por plantacins de especies exticas”, xa que estas modificacins poden levar a certas especies a adaptar o seu comportamento, facéndose “especialistas nun tipo de hbitats”, pero perdendo variabilidade comportamental. Nesta lia insrense os estudos levados a cabo con comunidades de aves tanto en bosques autctonos como en plantacins de pieiros e eucaliptos de Galicia e de Madeira. Esta “anlise da paisaxe sonora” permitiu comprobar “os efectos da competencia interespecfica”, que é mis intensa nos bosques autctonos, “conducindo a unha expansin do nio acústico”, como apunta Calvio. “Nos bosques autctonos temos moita mis diversidade de cantos que nas plantacins de pieiro e eucalipto”, sublia, a raz dos resultados deste estudo. A presenza nos bosques autctonos dun maior número de especies obriga s aves a "diversificarse mis en relacin co momento no que cantan, para evitar coincidir coas outras e que a súa mensaxe sexa oda”. 

Nesta mesma lia de traballo insrese un estudo sobre comunidades de odonatos e outros macroinvertebrados en arroios de Galicia “con diferente grao de eucaliptizacin”, unha actividade non prevista inicialmente.

A agresividade da formiga arxentina

Outro dos estudos levado a cabo ao abeiro deste proxecto, grazas incorporacin ao equipo de traballo de Iago Sanmartn, actualmente investigador da Academia Polaca de Ciencias, foi o centrado na diversidade comportamental das colonias de formiga arxentina (Linepithema humile) e mais concretamente no seu “grao de agresividade” fronte a outras colonias ou fronte a outros grupos da mesma colonia. A investigacin levada a cabo en diferentes illas e localidades costeiras das Ras Baixas deu lugar, como explica Sanmartn, a un “novidoso achado, que racha cos estudos previos realizados nesta especie”, a observacin de “interaccins letais entre formigas obreiras de diferentes nios", a pesar de que forman parte da mesma "supercolonia". Como explica, unha das caractersticas da expansin desta especie invasora é que as poboacins presentes en Galicia e en boa parte do sur de Europa forman parte dunha mesma “supercolonia” e polo, tanto, non deberan “atacarse entre elas”. Mais iso si aconteceu no caso das poboacins galegas. Estes resultados, xunto cos obtidos tras a anlise da variabilidade xenética levan a conclur que "ao contrario do asumido,existen grupos xeneticamente diferenciados dentro desa supercolonia", de tal xeito que os individuos pertencentes a “grupos diferentes agrdense entre si, algo non observado até a data”.

“A hiptese que mellor explica os nosos resultados é o da diverxencia evolutiva, é dicir, que as supercolonias comezaron a diferenciarse tras seren introducidas”, engade Sanmartn. Mais esta investigacin permitiu constatar tamén que “as interaccins letais eran maiores” cando as poboacins existentes nas tres illas nas que se detectou a especie, Cortegada, A Toxa e a illa de Arousa, se enfrontaban a formigas das zonas continentais mis prximas que cando o facan con grupos doutras illas ou de zonas mis distantes. "Este resultado semellara ir en contra da hiptese da diverxencia evolutiva, pero podera explicarse pola competencia entre vecios”, engade o investigador, que incide en que estes achados “resultan de extrema relevancia para os programas de conservacin e nos centrados no control da invasin da formiga arxentina”.