DUVI

Diario da 鶹

Centrado na especie ‘Ischnura hastata’, presente tamén en boa parte do continente americano

Un estudo do grupo EcoEvo achega os primeiros datos do descoecido comportamento reprodutivo dunha libélula das Galpagos 

As femias aparéanse unha única vez nun perodo concreto do seu ciclo vital

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 22/03/2023

A pesar de tratarse dunha especie de libélula cunha “distribucin amplsima” no continente americano, ata a data “non se saba nada do comportamento reprodutivo” da Ischnura hastata, recoece o catedrtico Adolfo Cordero, coordinador do grupo de investigacin EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin). Resultado dos traballos levados a cabo nas illas Galpagos por este grupo da Escola de Enxeara Forestal, un artigo publicado na revista Ecological Entomology presenta os primeiros datos do “intenso conflito sexual” que caracteriza o ciclo reprodutivo desta especie, entre os que destaca o feito de que as femias aparéanse unha única vez no seu curto ciclo vital e fano nunha “vent temporal moi curta”, no momento no que mudan a súa coloracin xuvenil pola da etapa madura.

Asinado por Cordero, as tamén investigadoras do grupo EcoEvo Anais Rivas e Olalla Lorenzo e Andrea C. Encalada, da Universidad San Francisco de Quito, o artigo Sexual conflict and the evolution of monandry: The case of the damselfly Ischnura hastata (Odonata: Coenagrionidae) in the Galpagos Islands recolle os resultados de mis de 230 horas de observacins desta especie. O estudo foi realizado nas zonas húmidas da illa Isabela, nuns traballos de campo enmarcados nun proxecto de investigacin, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovacin, sobre o comportamento das poboacins insulares e continentais de diferentes especies.  

Unha “vent temporal” que os machos recoecen 

Como explica Cordero, os únicos estudos previos sobre o comportamento reprodutivo da Ischnura hastata foran os realizados polo propio grupo EcoEvo nas Azores, onde esta especie constitúe o único caso de partenoxénese, a reproducin sen necesidade de machos, detectado ata o de agora nas libélulas. Isto non acontece nas Galpagos, mais os traballos de campo con métodos de marcaxe e recaptura levaron a rexistrar un “número extremadamente baixo de interaccins macho-femia e intentos de cpula”, sinalan. De feito, s puideron detectar 44 apareamentos nas mis de 230 horas de observacin realizadas.

Isto aconteceu, ademais, a pesar de que “os machos foron moi persistentes unha vez conseguan o tndem, retendo as femias ata 139 minutos”. Mais, na maiora dos casos, estas “resistanse” e a cpula non se produca, o que levou a constatar a existencia dunha “vent de idade” de curta duracin na que as femias si seran receptivas ao apareamento. “Non dimos con isto ata o segundo ano de traballo de campo”, apunta Cordero, que recoece que “a baixa frecuencia de cpulas é algo moi sorprendente e anda non sabemos como é isto as”. 

Nese senso, os apareamentos danse cando a “coloracin laranxa xuvenil” do trax das femias “comeza a cambiar” ao marrn agrisado da súa etapa adulta, nun intervalo temporal que dura preto de 24 horas. “O mis interesante é o que os machos aprenden que son esas femias de cor intermedia as que se aparean”, engade Cordero. De feito, estes mostraron unha “clara preferencia” por “intentar agarrar en tndem” para aparearse a femias desa idade intermedia, o que aconteceu no 94% dos casos nos que detectaban un exemplar destas caractersticas, mentres que no caso das femias novas ou maduras deuse s no 31% e 24% dos casos, respectivamente.

Conflito sobre as taxas de apareamento

O estudo permitiu constatar tamén a curta esperanza de vida das femias de Ischnura hastata, cun ciclo de vital de entre 2,4 e 3,3 das na súa etapa madura e de preto dunha semana no seu conxunto, o que fai que estas “vivan s o suficiente para aparearse unha vez”. Trtase, como recolle o estudo, dunha especie monndrica, que se aparea cun único macho, un feito “raro nos insectos en xeral, ags nalgún grupo de vida moi curta”, como recoece Cordero. 

Como recolle o artigo, tamén os machos de Ischnura hastata “teen unha vida moi curta”, o que sumado “pequena vent temporal” das femias para o apareamento e súa insistencia leva aos investigadores a pr de relevo a existencia dun “intenso conflito sexual” sobre as taxas de apareamento nesta especie. “Falamos de que hai conflito sexual cando os intereses reprodutivos dos dous sexos non coinciden”, explica Cordero. “Neste caso, as femias controlan o sistema, xa que non aceptan mis ca unha cpula, o que pon aos machos nunha situacin de ‘busca desesperada’ na súa curta vida”, engade o responsable do grupo EcoEvo. Nese senso, este conflito sexual implica, por unha banda, “que moi posiblemente a maiora dos machos nunca se aparean” e, por outra, que “posiblemente algunhas femias poidan ter problemas para aparearse, se as poboacins son pouco densas”, engade o catedrtico, que apunta a posibilidade de que este conflito sexual “predispoa especie cara a partenoxénese”.