DUVI

Diario da 鶹

Trtase dun proxecto do Post-Growth Innovation Lab, con financiamento estatal

Un equipo da 鶹 traballa nunha plataforma dixital para coecer o cumprimento dos ODS nos municipios espaois

Desenvolvern un estudo piloto en Pontevedra, onde impulsan o Comité Cidadn polo Clima

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Pontevedra 05/02/2026

Co financiamento do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, o grupo de investigacin Post-Growth Innovation Lab desenvolve un proxecto centrado en promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 a escala local. Con ese obxectivo, traballan na creacin dunha plataforma dixital aberta que permita un seguimento do grao de implantacin destes obxectivos en municipios toda Espaa. Centrada en promover, sinalan, a “cocreacin de polticas baseadas na evidencia cientfica”, nesta iniciativa insrese tamén o desenvolvemento dun proxecto piloto na cidade de Pontevedra, que leva súa vez creacin dun Comité Cidadn polo Clima, que nestas semanas mantén aberta a súa .

O proxecto foi seleccionado nunha convocatoria para a realizacin de actividades relacionadas coa promocin e implantacin da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e financiado con preto de 120.000 euros polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030. Coordinado por Brais Surez, as integrantes do Post-Growth Innovation Lab Cristina Mguez, Susana Bastn e Cristina Vzquez forman parte do equipo de traballo dun proxecto no que se insire unha “iniciativa pioneira en Galicia”, como é a posta en marcha do Comité Cidadn polo Clima, aberto a calquera persoa maior de idade residente en Pontevedra.

Para o desenvolvemento desta plataforma, explica Mguez, procederase en primeiro termo “creacin de indicadores que midan o cumprimento dos ODS”, para logo ir incorporando plataforma web datos a escala local. “Isto conseguirase”, sinala, coa incorporacin a este espazo de “datos procedentes de fontes oficiais” por parte do persoal investigador e cos obtidos a través de proxectos de ciencia cidad, ao tempo que buscarase que “os propios municipios poidan introducir os seus datos”.

“Unha iniciativa pioneira en Galicia”

Nesa idea de impulsar iniciativas de ciencia cidad “que nutran esta plataforma cos datos obtidos” insrese o proxecto piloto, promovido coa colaboracin do Concello, que o Post-Growth Innovation Lab levar a cabo en Pontevedra. Esta iniciativa abrangue, por unha banda, o traballo con estudantes de secundaria do municipio no desenvolvemento de “investigacins cientficas para axudar a esclarecer como abordar a crise climtica a nivel municipal”, nun proxecto de ciencia cidad cuxos resultados se integrarn na plataforma dixital. Ao mesmo tempo, explican os promotores do proxecto, o obxectivo é que a metodoloxa empregada nesta iniciativa permitan que iniciativas deste tipo poidan “reproducirse noutros lugares e centros educativos”.

Esta proposta conectarase súa vez co Comité Cidadn polo Clima, un grupo voluntario de persoas que reunirase mensualmente “para debater e presentar as súas suxestins para a elaboracin de propostas polticas”. Trtase, como sinalan desde o Post-Growth Innovation Lab “dunha iniciativa pioneira en Galicia, que procura sentar as bases para unha participacin cidad activa”, contribundo a que un grupo “composto por persoas que representen a diversidade da sociedade, includos os grupos vulnerables”, traballe, a través de “metodoloxas participativas innovadoras”, na elaboracin de “propostas de medidas e recomendacins para abordar a crise climtica a nivel municipal”.

Consumo de alimentos e cambio climtico

Nomeadamente, o seu labor no marco deste proxecto piloto centrarase na anlise do patrn de consumo de alimentos na cidade, pondo o foco en cuestins como que produtos “se consumen en maior medida, onde se mercan, a frecuencia de compra e outros aspectos que poden aumentar as emisins de gases de efecto invernadoiro, agravando as o cambio climtico”. O seu obxectivo é elaborar “con apoio cientfico, propostas para mitigar os efectos do cambio climtico” relacionados co consumo de alimentos. Para a súa definicin, este comité basearase súa vez nos resultados do proxecto de ciencia cidad desenvolvido co estudantado do municipio, de tal xeito que unha das súas reunins ser precisamente “coas persoas participantes no proxecto de ciencia cidad, para que estas poidan explicarlles a súa investigacin”, salienta Mguez.

Ata o 10 de febreiro permanece aberta a enquisa para poder participar neste comité cidadn, aberto a persoa maiores de idade, residentes en Pontevedra, que poidan comprometerse a participar nas sesins de traballo organizadas polo equipo do proxecto. Tratarase, en concreto, de sesins mensuais, dun mximo de catro horas, que se levarn a cabo entre febreiro e xuo.