En ‘Te lo cuentan las matemticas’ participan 15 colexios de Vigo, Pontevedra, Vilagarca e Moaa
Un proxecto busca espertar vocacins matemticas en mis de 800 escolares de catro localidades
A través de actividades centradas nas súas aplicacins na vida coti
Coordinado polo grupo de innovacin docente MaReMa da 鶹 e cofinanciado pola Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades, o proxecto de divulgacin Te lo cuentan las matemticas ampla no presente curso as súas actividades a catro localidades da provincia: Vigo, Pontevedra, Vilagarca de Arousa e Moaa. Un total de 15 centros educativos destes catro concellos participan na sexta edicin dunha iniciativa coordinada pola profesora da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Marta Pérez e centrada en espertar “vocacins matemticas” entre as e os escolares, amosndolles a utilidade desta ciencia e a súa presenza no da a da a través dun conxunto de actividades.
Ao longo do presente curso, 858 estudantes de quinto e sexto de primaria toman parte nas diferentes actividades dun proxecto que contou tamén co apoio do Consello Social da 鶹. “Queremos fomentar o gusto e o interese polas matemticas coa finalidade de xerar vocacins. Para iso, o programa apoia a ensinanza da materia desde un punto de vista cientfico, tecnolxico, atractivo, innovador e complementario aos currculos”, sinalan as responsables dunha iniciativa que avoga por “metodoloxas activas, baseadas na manipulacin, a accin, a tecnoloxa, os retos e as tarefas auténticas, co obxectivo de acadar unha aprendizaxe significativa, transversal e funcional”.
Nese obxectivo insrense os talleres impartidos nos diferentes centros por 82 estudantes da facultade e que permiten a nenos e nenas “experimentar as matemticas en diversos mbitos e valorar a súa utilidade e contribucin ao desenvolvemento da sociedade, desde unha perspectiva histrica e de xénero”. De feito, cada un dos bloques temticos baséase nos logros dunha matemtica de referencia, cuxas achegas son abordadas as mesmo nos encontros con investigadoras e investigadores novos que completan os contidos de cada trimestre.
Colexios de catro localidades
O CEIP Plurilingüe Domaio, en Moaa, e o CEIP O Pieirio, de Vilagarca de Arousa, son dous dos centros que no presente curso participan por primeira vez nun programa que ata agora desenvolvera as súas actividades en colexios de Pontevedra e Vigo. Esta última cidade est representada nesta edicin por nove centros de ensino: os CEIP Valle-Incln, Javier Sensat, Garca Barbn, Vicente Risco, Balados, Alfonso Daniel Rodrguez Castelao, Santa Maria e Paraixal e pola Escola Rosala de Castro. No caso de Pontevedra, toman parte nesta iniciativa os CEIP Santo André de Xeve, A Xunqueira II, Marcos de Portela e Froebel. Tamén forma parte do proxecto, por segundo ano, a Aula Hospitalaria do Complexo Universitario de Santiago de Compostela, na que unha das investigadoras imparte os diferentes talleres, adaptando os seus contidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos.
Coa participacin de investigadores e investigadoras do CITMaga, o equipo do proxecto est integrado por Marta Pérez, José Manuel Casas e Raquel Meaos, da 鶹; Mara Isabel Borrajo, da USC; os docentes de secundaria Jesús Álvarez e Beatriz Martnez e os profesores de primaria Mara Fernndez Carrera e Benito Gil.
Unha espa, unha programadora ou unha epidemiloga
Te lo cuentan las matemticas estrutúranse en tres bloques para 5º de primaria e noutros tres para 6º, que abranguen un taller de carcter manipulativo, outro tecnolxico e un encontro con investigadoras. Cada bloque “céntrase en contidos e aplicacins das matemticas como os algoritmos, a criptografa, a astronoma, as telecomunicacins ou os mapas”, conectados súa vez coas traxectorias de figuras como Ada Lovelace, Hipatia de Alexandra, Maryan Mirzakhani, Dorothy Vaughan, Florence Nightingale e Emmy Noether.
O proxecto arrancou a finais de novembro cos primeiros talleres, Te lo cuenta una espa e Te lo cuenta una programadora, que permitiron aos e s escolares empregar claves de cifrado para enviarse mensaxes ocultas ou coecer a importancia de cdigos como o Morse ou o binario na comunicacin a longa distancia. Neste trimestre, as propiedades das cnicas e os movementos no plano centrarn as actividades de Te lo cuenta una astrnoma e Te lo cuenta una artista. Xa no último bloque, nenos e nenas gozarn de actividades centradas nas magnitudes xeogrficas latitude e lonxitude e nos conceptos de probabilidade e estatstica, nos bloques Te lo cuentan los mapas e Te lo cuenta una epidemiloga.
Os talleres son impartidos de xeito simultneo por 82 estudantes do Grao en Educacin Primaria, dos que Pérez destaca a súa “alta participacin” nunha iniciativa na que amplan coecementos sobre a didctica das matemticas, vez que “adquiren outra serie de competencias, xa que enfrntanse realidade das aulas”.
Encontros inspiradores, formacin e recursos
Coa idea de "achegar referentes" s e aos estudantes, cada bloque complétase cos “encontros inspiradores”, que teen lugar na facultade e nos que investigadores e investigadoras abordan “o seu percorrido persoal e cientfico”, as como a traxectoria cientfica de matemticas de referencia. O pasado mes de decembro, Xabier Garca, Pilar Pez e Marta Pérez protagonizaron os primeiros encontros, centrados en Ada Lovelace e Dorothy Vaughan.
O proxecto abrangue tamén accins formativas para o profesorado, as como un conxunto de materiais e recursos para docentes e familias, dispoibles na súa .
