DUVI

Diario da 鶹

Durante tres das competiron en cinco modalidades

Os Xogos Galaico Durienses reuniron non campus a case 200 deportistas e persoal técnico de cinco universidades

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Estudantado
  • Internacional
  • Deportes
DUVI Ourense 28/11/2024

Desde este martes, o campus de Ourense acolleu a celebracin dos XXXV Xogos Galaico Durienses. A cita reuniu a case 200 deportistas e persoal técnico das universidades lusas de Porto, Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) e Minho e das universidades galegas de Vigo e Santiago de Compostela (USC). Nun ambiente de sa competicin e convivencia, alumnas e alumnos competiron en cinco modalidades deportivas.

O edificio Politécnico do campus acolleu este xoves a entrega de galardns dos xogos, nun acto no que participaron Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Manuel Gonzlez, xefe do Servicio Provincial de Deportes de Ourense, e Diego Enrique Álvarez, asesor de Poltica Deportiva da Deputacin de Ourense. Na clausura destacouse o bo desenvolvemento da cita, cuxa organizacin, que é rotatoria entre as universidades participantes, este ano recaeu na Área de Benestar, Saúde e de Deporte da 鶹.

Desde a organizacin dos xogos salientouse o bo ambiente de convivencia que houbo durante cada xornada e o correcto desenvolvemento de cada unha das competicins, poendo en valor a oportunidade que dan estes xogos de estreitar cada ano as relacins entre as institucins académicas participantes e os seus membros. Igualmente, puxeron de relevo a importancia do fomento dos valores do deporte entre a comunidade universitaria e a cidadana.

Resultados

Nesta edicin dos Xogos Galaico Durieses, que se veen desenvolvendo desde 1993, cada unha das cinco universidades estivo representada por 37 deportistas e un xefe ou xefa de expedicin. Na clausura entregouse un trofeo conmemorativo da súa participacin primeira universidade clasificada en cada modalidade deportiva e outro trofeo a cada institucin académica polos seus resultados no cmputo xeral. En conxunto, a Universidade de Porto foi a primeira clasificada, a 鶹 a segunda, a UTAD a terceira, a USC a cuarta e a de Minho a quinta. En rugby 7 masculino, voleibol feminino e natacin mixta a gaadora foi a delegacin de Porto. En baloncesto mixto 3X3 gaou a 鶹. Por último, en pdel mixto, que foi a única modalidade que se xogou fra das instalacins deportivas do campus, concretamente en Padel Prix Ourense (entidade colaboradora nesta edicin), o podio foi para a Universidade de Santiago de Compostela.

Como novidade na programacin, este xoves, grazas colaboracin de DCA Ourense. Asociacin de Dano Cerebral Adquirido, tivo lugar unha actividade de xogo inclusivo a través do deporte da boccia, un xogo adaptado, similar petanca, exclusivamente paralmpico e destinado s persoas con parlise cerebral, lesin cerebral ou discapacidade fsica severa. Na actividade, membros da asociacin compartiron xogo con deportistas das cinco universidades participantes.