DUVI

Diario da 鶹

A cifra de matriculados aumenta en 259 persoas respecto ao pasado ano

As PAU mis blindadas fronte intelixencia artificial reúnen a 5.618 estudantes na 鶹

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 02/06/2026

Con nervios e moitos repasos de última hora, pero tamén cheos e cheas de ilusin. 5618 estudantes -259 mis ca no curso anterior- arrancaron este martes nos tres campus da 鶹 as PAU 2026, Probas de Acceso Universidade, unha cita que este ano chega mis blindada que nunca ante o uso de dispositivos de Intelixencia Artificial (gafas, calculadoras, bolgrafos...) que permitan copiar nos exames, un eido no que Galicia xa era pioneira desde que en 2019 comezaran a empregarse detectores de frecuencia deseados para detectar calquera tecnoloxa que implicase transmisin de datos.

Nesta ocasin, a medida reforzouse cun novo protocolo co que a Ciug, a Comisin Interuniversitaria Galega, rgano encargado da organizacin das PAU, outorga ao profesorado das comisins delegadas a capacidade para inspeccionar, cando as o consideren, calquera destes dispositivos e, de detectarse o seu uso, proceder a expulsin inmediata do estudante das PAU.

En total examnanse en Galicia 13.441 estudantes. Por diante quédanlles tres intensos das de probas, xa que, ao igual ca o ano pasado, o exame de Lingua Galega e Literatura, non ser ata o xoves, xornada que nos últimos anos se reservaba para materias optativas polo que moitos estudantes daban xa por finalizadas as probas no sern do mércores.

Mis de 3000 estudantes examnanse en Vigo

En Vigo examnanse 3026 estudantes, 2439 divididos polas diferentes escolas e facultades do campus e 587 nos dous centros da cidade -327 na Escola de Enxeera Industrial e 260 na Facultade de Comercio-.

A actividade deixouse sentir no campus desde primeira hora da ma coa chegada de autobuses e un incremento notable do nivel de ocupacin nos aparcadoiros. Unha vez localizado o centro e a aula das probas, a maior parte dos estudantes volveron sacar os apuntamentos, “para un repasio de última hora”. Vega Rodrguez e Itziar Odriozola, alumnas do instituto Las Acacias, admitan que foron semanas “moi intensas, cheas de nervios, pero tamén con moitas ganas”. As dúas teen claro o que queren estudar: Vega, Publicidade e Relacins Públicas na 鶹, e Itziar, Enfermara en Pamplona.

Un caso particular é o dos irms xemelgos Noa e Heitor Álvarez Nieto, estudantes do IES Ricardo Mella, que, ademais de preparar xuntos as probas, decidiron estudar a mesma titulacin, neste caso, o ciclo formativo de Técnico Superior en Imaxe para o Diagnstico e Medicina Nuclear, en Povisa. “Vimos a subir nota para asegurarnos a praza”. Igual de claro téeno tamén os seus compaeiros de instituto: Sara Casal, que se decidiu por “Enxeara Mecnica na 鶹”; Joaqun De Golder e Leornado Caldern, “Administracin e Direccin de Empresas tamén aqu na 鶹”, mentres que Inés Martnez se decanta por Historia en Santiago de Compostela.

1363 no campus de Pontevedra

Un total de 1363 alumnos e alumnas realizan as probas no campus de Pontevedra, onde foron habilitadas tres comisins delegadas. Trtase de 77 mozos e mozas mis dos que realizaron estes exames nas facultades e escolas pontevedresas o pasado ano. Mais a cifra total de estudantes que realizan a antiga selectividade na cidade ascende este ano a 1494, representando o 11,1% dos matriculados e matriculadas no conxunto de Galicia. Nese senso, aos tres centros universitarios que acollen estas probas e ao CRE da Once súmase como sede da PAU en Pontevedra o Centro de Educacin Permanente para Adultos Ro Lérez, onde se examinan 119 estudantes.

Procedentes de 28 centros de ensino de 13 municipios, ata o campus chegaron alumnas como Mara Cabanelas e Nuria Rodrguez, procedentes do IES Johan Carballeira de Bueu, que se amosaban “mis tranquilas” tras realizar o primeiro exame. Ambas sinalaban que a proba “foi fcil”, coa excepcin “do comentario de texto, que foi complicado”, xa que tian que traballar “cun texto moi filosfico para ser un exame de lingua”. Ao mesmo tempo, coincidan tamén en que a PAU “é algo que é necesario facer, anda que é duro”, como apuntaba Domnguez, quen agarda poder iniciar o vindeiro curso o Grao en Enfermara na 鶹, “se pode ser en Vigo, ou se non en Pontevedra”. Rodrguez, pola súa banda, recoeca non ter “anda moi claro” que titulacin lle gustara iniciar o vindeiro curso, prevendo que optar por “algunha enxeara”.

1229 no campus de Ourense

Polo que respecta a Ourense, nesta PAU 2026 examnanse na provincia un total de 1363 rapazas e rapaces (116 mis que o pasado ano), cifra que supn un 10,14% do total de alumnado que se presenta en Galicia a estas probas. Deles, 1229 estudantes (105 mis que en 2025) realizan os seus exames nas instalacins universitarias do campus de Ourense, concretamente nos edificios de Ferro, Politécnico e Xurdico-Empresarial. A esta cifra súmanse os 134 que fan as probas no IES Cosme Lpez Rodrguez da Rúa.

No Edificio de Ferro estaban examinndose este martes Brais Manso e Lola Rodrguez, amigos e compaeiros do IES Ramn Otero Pedrayo, da cidade de Ourense. Os dous saron con boas impresins do primeiro exame, o de Lingua Castel e Literatura II. “Non foi tan complicado como pensaba, caeron cousas que me esperaba”, comentou Brais. “Eu a bastante tranquila. Dxenme: non pasa nada se suspendo, hai mis oportunidades, e iso axudoume moito a tranquilizarme e a arrancar”, sinalou pola súa parte Lola. Con estes exames culmina un curso no que, apuntou Brais, “foron moitas horas as dedicadas a estudar, horas que che sacan de facer moitas cousas que che gustan facer, como a túa vida social”. Porén, engadiu Lola, “ao final o esforzo ten a súa recompensa e agora en dous das xa poderemos facer o que queiramos, e coa satisfaccin de térmonos esforzado durante todo o curso”. O seu desexo é estudar no campus de Ourense, el Dereito ou Educacin Social e ela Educacin Infantil, Primaria ou Social.

Aumento progresivo das medidas de atencin diversidade

Sen incidencias relevantes detectadas nestas primeiras horas, tal e como explicou o presidente da Ciug, o profesor da 鶹 Ivn Area, a PAU deste 2026 caracterizse tamén polo aumento do número de estudantes participantes. Nunha comparecencia ante os medios no Centro de Recursos Educativos (CRE) da Once en Pontevedra, Area subliou que este “ser o último ano” de incremento no número de matriculados e matriculadas, dado o descenso no número de nacementos rexistrados en Galicia nos últimos anos, unha diminucin que ascender ata un 43% dentro de 18 anos.

Na súa intervencin no CRE, onde realizan estas probas doce estudantes con discapacidade ou necesidades especiais, Area salientou como outra das novidades desta edicin a confirmacin do aumento progresivo que vén producndose nos últimos anos no número de estudantes que precisan medidas de atencin diversidade. Neste caso, a cifra sitúase nos 625 alumnos e alumnas, 143 mis ca en 2025, pero 400 mis ca en 2021.

Para dispor destas adaptacins nas probas, explicou, desde o pasado ano é preciso “que estudantado tivese medidas de atencin diversidade en toda a etapa educativa anterior”, ben fose bacharelato ou ciclo formativo. Nese senso, Area recalcou a importancia de que nestas etapas formativas “se tea en conta a diversidade, para atender como é debido” ao estudantado, mais tamén que isto é “algo fundamental en todas as etapas educativas, comezando desde infantil”. A ampliacin de 30 minutos do tempo de cada exame, o aumento do tamao de letra nos enunciados, criterios especficos de correccin por dislexia ou a lectura para a compresin do exame son algunhas das medidas de atencin diversidade coas que contan, segundo as súas necesidades, estes 625 alumnos e alumnas.

Na súa intervencin no CRE, Area puxo tamén de relevo “que Galicia pode e debe estar orgullosa do seu modelo de acceso e admisin universidade”. O delegado da 鶹 na CIUG e presidente desta comisin lembrou que se trata dun modelo que “est na vangarda e é un referente slido e valorado en todo o estado”, resultado de ·décadas de traballo rigoroso e continuo”. Neste punto, lembrou que a CIUG “foi pioneira no desenvolvemento de modelos de exame con preguntas competenciais e no uso de medidas de seguimento para evitar a fraude”, mais tamén en materia de admisin, “coa proposta de estandarizar as notas ou, mis recentemente, coa proposta de aplicar percents para a admisin”. Estas medidas teen como obxectivo “garantir a igualdade de oportunidades”, subliou Area, quen destacou o papel da Ciug, que “cremos que debe seguir liderando este modelo de acceso e admisin”. .

Cualificacins provisionais o 11 de xuo

As cualificacins provisionais das PAU estarn dispoibles na web da Ciug o 11 de xuo, mentres que as definitivas faranse públicas o sbado 18.