DUVI

Diario da 鶹

Nunha mostra organizada e protagonizada polo alumnado do Mster en Creacin Artstica Contempornea

As obras de 20 estudantes reúnense arredor da pregunta ‘que culpa ten a arte?’

Pode verse ata o 22 de abril na Sala O Abrigo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 15/04/2026

Que culpa ten a arte? Esta pregunta, formulada polo profesor Juan Carlos Romn ao alumnado do Mster en Creacin Artstica Contempornea, rematou converténdose no ttulo da exposicin que desde este mércores reúne as obras das 20 alumnas e alumnos deste mestrado da Facultade de Belas Artes. Organizada polo propio estudantado, esta mostra reúne un conxunto de obras conectadas, sinalan, pola “premisa de que a arte non pode escapar do artista, e o artista non pode escapar de si mesmo”. Nese senso, “a idea de representar a experiencia persoal” convertése no fo condutor dunha exposicin que se inaugura na tarde deste mércores e que poder visitarse ata o 22 de abril na Sala O Abrigo da facultade.

A través dun conxunto de obras diversas, ¿Qué culpa tiene el arte? “explora a tendencia a velo todo dende o afecto e o identitario”, reunindo creacins de múltiples disciplinas, realizadas tanto antes como durante a súa etapa formativa nun posgrao implantado no presente curso. “Propn un encontro entre as prcticas do alumnado, unificadas a través da tendencia temtica que todos adoptan”, a translacin obra das “vivencias e experiencias persoais”, sinalan as e os seus responsables. “Mesmo vendo arte como unha prctica autnoma, achégase identidade, ao territorio e ao afecto, non coma categoras que limiten unha obra a unha lectura biogrfica, senn como unha tensin entre a peza artstica e o autorreferencial”, engaden as e os promotores dunha exposicin que verase complementada por tres talleres, abertos a toda a cidadana. 

Unha mostra que é tamén unha experiencia formativa

Ademais de presentar un conxunto de obras de diferentes disciplinas, esta exposicin é tamén un resultado da propia formacin do estudantado na materia Estudos Abertos II, coordinada por Romn. De feito, ademais de presentar as súas creacins, o alumnado responsabilizouse tamén, dividido en tres grupos, dos diferentes procesos de traballo vinculados organizacin da exposicin. As, un equipo integrado por Alba Sira, Álex Viador, Cristina Insua, Menca Gonzlez, Sara Gonzlez e Paulina Petz encargouse do comisariado da mostra, o que levounos a “buscar un tema que os vinculase a todos”, como apunta o vicedecano de Cultura, Ignacio Pérez Jofre. Por outra banda, as tarefas de deseo de elementos como a cartelera foron asumidas por Alba Amoedo, Ise Rodrguez, Isis Huerga, Jimena Arenas, Luca Carrero, Samuel Rodrguez e Suso Sanmartinho, mentres que as tarefas de comunicacin e deseo de actividades corresponderon ao equipo integrado por Andrea Mosquera, Carolina Ferro, Goa Vzquez, Leire Ramallo, Martina Migliarini, Mnica Lago e Susana de Castro. 

Esta vertente formativa viuse complementada polo obradoiro que na ma deste mércores imparta na facultade a comisaria e crtica de arte Isabel Tejeda, catedrtica da Universidad de Murcia e membro dos consellos asesores do Instituto Valencin de Arte Moderno e do Museo de Arte Contempornea de Mlaga. A expografa e narracins da arte contempornea constitúen, de feito, xunto coa historia das exposicins e os feminismos e a arte cotempornea, unha das lias centrais de investigacin de Tejeda, que na tarde do martes imparta unha conferencia no Museo de Pontevedra. Desta volta, Tejeda encargouse de achegar o alumnado do mestrado “diferentes formas de entender a montaxe”, como explica Pérez-Jofre, e fxoo “dun xeito totalmente prctico”, traballando xunto co alumnado na propia Sala O Abrigo na articulacin final desta mostra. 

Tres talleres o martes 21

O proxecto expositivo complétase o martes 21 con tres obradoiros, con inscricin previa a través do correo mestradodecreacioncontempo2526@gmail.com. Programado para as 11.30 horas, o primeiro deles ser impartido por Andrea Mosquera e Goa Vzquez e por o foco nos vnculos entre espectador e obra, a partir dunha visita guiada, coa que buscan “crear unha dinmica de reflexin, tanto individual como colectiva”, explican. 

Ás 16.00 horas ter lugar Dilogo entre runas, relatos e territorios, un taller centrado na “cartografa como espazo simblico”. Impartido por Mnica Lago e Bei, este obradoiro “propn unha aproximacin ao territorio, entendido non como espazo xeogrfico, senn como estrutura emocional, material e de memoria colectiva”, sinalan. Por último, s 18.00 horas Martina Migliarini responsabilizarase de A maxia do bosquexo, un taller que abordar a ilustracin como “ferramenta de investigacin artstica”. Partindo dun concepto central definido de xeito grupal ao inicio da sesin, as e os participantes realizarn propostas grficas “nas que se explore unha interpretacin persoal” do tema escollido, o que permitir a posta en común de “diferentes miradas e formas de traducin visual” dunha mesma idea.