DUVI

Diario da 鶹

Cidega é o primeiro instituto deste mbito de Galicia e o quinto de Espaa

O Instituto de Աپ en Ciencias do Deporte ponse en marcha co obxectivo de converterse nun “proxecto de pas”

Dirixido polo catedrtico Carlos Lago, agarda reunir un cento de investigadores en tres anos 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Աپ
  • Reitor
  • Աپ
DUVI Pontevedra 10/03/2026

“Queremos converternos nunha plataforma de referencia para a promocin e o desenvolvemento do coecemento cientfico no mbito do exercicio fsico, a saúde, o rendemento e a educacin fsica”. Con este obxectivo inicia a súa actividade o Instituto de Աپ en Ciencias do Deporte (Cidega), segundo salientaba o seu director, Carlos Lago, na presentacin do primeiro instituto de investigacin do campus de Pontevedra, que é tamén o primeiro de Galicia e o quinto de Espaa neste eido. A Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde ten a súa sede, acolleu este martes un acto institucional no que Cidega foi definido como un “proxecto de pas”, tanto polo seu director, como polo reitor da 鶹, Manuel Reigosa, e polo decano, Óscar Garca. Este instituto inicia a súa actividade da man dos seus doce investigadores e investigadoras promotores, mais nos prximos das por en marcha o seu “primeiro proceso de incorporacin de persoal investigador”, anunciou Lago. Esta convocatoria constituir ademais o primeiro chanzo no obxectivo de convertese nun “centro de referencia en materia de investigacin fsica e deporte”, coa idea de que, sinalou, “en dous ou tres anos o número de investigadores chegue ao centenar”. 

Xunto a Reigosa, Garca e Lago, esta presentacin contou coas intervencins do secterario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto Garca, e da directora de Deportes da Deputacin de Pontevedra, Xisela Aranda, as como coa participacin da vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin, Belén Rubio, e de diferentes representantes do tecido deportivo galego. Entre outros, o presidente e a xerenta do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Pedro Iglesias e Sofa Toro; o decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educacin Fsica da Universidade da Corua, Joaqun Fernando Gmez; o presidente do colexio oficial Colef-Galicia, Henrique Xon Rodrguez; o director do Centro Galego de Tecnificacin Deportiva, Jesús Lpez, ou o xefe do Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra, Jaime Agull.

Lias de investigacin

Como “un proxecto colectivo” presentou o seu director un instituto impulsado por doce investigadores e investigadoras promotores, os docentes da facultade Carlos Ayn, Roberto Barcala, José Mara Cancela, Óscar Garca, Marin Fernndez, Alfonso Gutiérrez, Carlos Lago, José Mara Pazos, Ezequiel Rey, Vicente Romo e Helena Vila, xunto co profesor da Facultade de Ciencias Empesariais e Turismo Patricio Snchez. O director de Cidega anunciou as mesmo a convocatoria dun proceso de incorporacin de investigadores e investigadoras da 鶹 cuxo traballo estea vinculado coas lias do instituto. Estas, lembrou, abranguen a anlise do efecto da carga de adestramento e competicin en deportistas de elite, o exercicio fsico en persoas maiores e en poboacins especiais, o rendemento deportivo a través da metodoloxa observacional, a avaliacin da competencia motriz, a epidemioloxa da actividade fsica e saúde pública, o adestramento e a anlise do rendemento en deportes colectivos, as emerxencias na actividade fsica e do deporte, a praxe docente nestas reas e a economa do deporte.

Crecer e establecer sinerxas

Tras a aprobacin do seu réxme de regulamento interno, Cidega conta cunha xunta directiva, un consello asesor externo e un comité cientfico, como explicou Lago, quen abordou tamén a “visin estratéxica” do instituto, articulada en eixes como o de “crear unha cultura de investigacin de excelencia”, alcanzando unha “masa crtica” de investigadores e investigadoras que fagan crecer “o noso moi destacado” volume de publicacins cientficas. Un eixe “absolutamente clave”, subliou, é a transferencia do coecemento ao sector produtivo, xa que “a idea deste instituto é dar soporte cientfico aos distintos organismos do deporte galego, mais tamén aos clubs, ao profesorado de educacin fsica ou aos centros de saúde”. Buscarase ademais “crecer en financiamento externo”, as como “atraer talento”. Nese senso, Lago explicou que “a medio prazo” buscarase incorporar investigadores e investigadoras doutras universidades galegas e, a longo prazo, doutros puntos de Espaa e doutros pases. 

Esa idea de facer do instituto un “proxecto de pas”, foi tamén destacada polo reitor, quen puxo de relevo a aposta do equipo de goberno pola creacin de institutos de investigacin, como “unha ferramenta para facer mis e mellor e para ter mis visibilidade, pero tamén para colaborar dentro da institucin”. Con ese obxectivo, sinalou Reigosa, avaliaron “en que campos agromaba xa tanto coecemento que pagaba a pena facer un esforzo institucional”, impulsando a creacin de organismos como o Cidega, o quinto instituto de investigacin da 鶹 e o “primeiro na historia do campus de Pontevedra”. Este, como lembrara previamente Lago, ten como eixe un mbito, as ciencias do deporte, no que a 鶹 figura entre as 300 mellores do mundo no rnking de Shanghai, ademais de contar co investigador mis citado de Espaa neste eido.

O reitor expresou as mesmo a importancia de que esta iniciativa poida “sumar forzas” para "converterse nunha referencia nun perodo moi breve”. Nese senso, subliou o papel como “excelente parceiro” da Universidade da Corua e expresou o seu desexo de que instituto e facultade poidan involucrarse no proxecto Celta 360, que o club vigués prevé desenvolver arredor da “tecnoloxa do deporte”. Reigosa valorou as mesmo a implicacin de Concello, Xunta e de Deputacin de Pontevedra, coa que prevé ademais poder pr en marcha "ao longo deste ano” unha ctedra sobre deporte, vinculada ao Cidega. Na importancia de establecer sinerxas e de promover a colaboracin público-privada incidiu tamén o decano, Óscar Garca, quen sinalou que “esta iniciativa vai fortalecer moito mis o tecido necesario para conseguir un dos obxectivos clave do instituto, a transferencia do coecemento sociedade". O secretario xeral para o Deporte, pola súa banda, puxo en valor o deporte como “un elemento vertebrador da nosa sociedade”, incidindo no papel que pode xogar o instituto no seu desenvolvemento, como tamén fixo Aranda, quen lembrou que a “repercusin e transformacin social” que implica. 

Da intelixencia artificial ao RC Celta

Esta xornada de presentacin continuou cunha conferencia sobre intelixencia artificial do catedrtico da Universidade de Santiago de Compostela Senén Barro e complétase pola tarde cun coloquio con seis integrantes do corpo técnico do primeiro equpo do RC Celta, todos eles formados na facultade. Trtase dos os preparadores fsicos Pablo Pérez Urtaza, Álex Andújar e Cristian Fernndez, o readaptador Pedro Docampo, a coach deportiva Laura Centoira, e o analista David Areal.