DUVI

Diario da 鶹

Promovida pola Delegacin de Estudantes da EE Forestal, ter lugar o 23 ao 26 de marzo

Incendios, investigacin e empregabilidade centrarn a Semana Forestal 2026

A programacin insrese na conmemoracin do Da Internacional dos Bosques

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 13/03/2026

A investigacin sobre incendios forestais, os mbitos de traballo dos egresados e egresadas da Escola de Enxeara Forestal e as diferentes lias de investigacin que se desenvolven neste centro sern os eixes da Semana Forestal 2026, un ciclo de conferencias e actividades promovido pola Delegacin de Estudantes da escola. Aberta ao público, esta programacin desenvolverase entre o 23 e o 26 de marzo, coincidindo coa celebracin de San Leandro, ao tempo que se insire na conmemoracin do Da Internacional dos Bosques. 

A directora da EE Forestal, Ángeles Cancela, e o presidente e vicepresidenta da delegacin de alumnado, Miguel Picos e Beatriz Pazos, presentaban este venres unha programacin promovida coa colaboracin da escola e da Vicerreitora do campus. Ao longo desta semana, explicou Cancela, a actividade académica habitual no centro veranse substituda polo conxunto de conferencias, mesas de debate ou talleres que integran unha programacin inserida nas , a Organizacin para a Agricultura e a Alimentacin das Nacins Unidas. Co gallo desta celebracin, o luns 23 ter lugar tamén a plantacin s portas da escola dun acivro, doado polo Laboratorio Rural de Paredes de Coura, do que este centro da 鶹 é unha das institucins socias.

Os incendios centran o arranque

A programacin da Semana Forestal arrancar, o luns 23, cun conxunto de conferencias centradas nos incendios. As, o papel da investigacin na proteccin contra lumes forestais en Galicia ser o eixe da primeira conferencia, impartida polo exdirector do Departamento de Incendios do CIF Lourizn e exprofesor da escola José Antonio Vega, da Sociedad Espaola de Ciencias Forestales. Baixo o ttulo de Incendios desde o espazo, o segundo relatorio correr a cargo da investigadora do grupo Hydrosoil da Misin Biolxica de Galicia (MBG-CSIC) e exalumna da escola Ana Novo. Posteriormente, Emanuel Oliveira, da Asociacin de Fogo Prescrito da Europa, impartir unha conferencia sobre o uso do lume na xestin da paisaxe, mentres que o investigador da EE Forestal Juan Picos afondar na cooperacin transfronteiriza na loita contra os incendios. Farao nun relatorio centrado nos proxectos Firepoctep+, centrado en identificar zonas clave na prevencin dos grandes lumes, e Use4Forest, que vusca promover unha estratexia para a prevencin dos incendios no suroeste europeo.

Pola tarde, a actividade continuar cunha “ruta divulgativa”, explicaron os responsables da delegacin, centrada na biodiversidade do ro dos Gafos, a cargo da Sociedade Galega de Historia Natural.

Protagonismo para os egresados e egresadas

Unha das novidades desta edicin, sinalou Cancela, é a mesa que abrir a programacin do martes 24, dedicada a coecer proxectos de investigacin que se desenvolven na escola, da man de “antigos alumnos e alumnas”, que continúan a súa traxectoria no centro no eido da investigacin. Nela, Gabriel Surez encargarase de presentar o proxecto E-Hydro, que desenvolven os grupos en Xeotecnoloxas Aplicadas (GeoTECH) e Xeomodelizacin Hidroforestal (Hydro-Forest) e centrado no desenvolvemento dunha plataforma intelixente de modelizacin e virtualizacin dos recursos hdricos. A investigadora do grupo EcoEvo Blanca Fraga dar a coecer o estudo da poboacins de teixo que levan a cabo na serra do Xurés, mentres que Elena Seoane afondar no proxecto Resilient2Change do grupo Hydro-Forest, que tia como obxectivo o deseo de ferramentas para unha xestin sostible do territorio fronte ao cambio climtico. Integrante tamén do grupo Hydro-Forest, Darine Saad presentar o proxecto MultiGIS4Rivers, centrado no desenvolvemento dunha plataforma dixital para a xestin dos recursos hdricos. As mesmo, Andrés Rodrguez afondar nos traballos do Inventario Forestal Continuo de Galicia, no marco dos que investigadores e investigadoras deste centro desenvolveron sistemas capaces de identificar e caracterizar de forma automatizada diferentes tipos de plantacins e superficies forestais a partir de imaxes por satélite.

Co propsito, sinalou Picos, de “proxectar ante o alumnado actual diferentes sadas profesionais", esta mesa verase continuada por outra sobre empregabilidade, que reunir tamén diferentes egresados e egresadas. Nela participarn José Antonio Sanmartn, da empresa Martnez Otero; Mari Lpez, de Finsa; Stefano Arellano, da cooperativa Agresta; e Xaime Iglesias, decano do Colexio Oficial de Enxeara Técnica Forestal de Galicia  

A programacin do mércores 25 abrirase con dous talleres simultneos, dirixidos ao alumnado e que requiren de inscricin previa. Trtase dun curso de primeiros auxilios e outro sobre “na intelixencia artificial na enxeara forestal”, impartido polo investigador de atlanTTic Pedro Orgeira. Xa pola tarde, representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia protagonizarn un coloquio sobre prevencin de riscos nas actividades forestais e, grazas colaboracin da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), as e os asistentes podern probar un simulador de realidade virtual que permite iniciarse no manexo de maquinaria forestal. 

Finalmente, a xornada do xoves 26 é a dedicada celebracin do San Leandro, con diferentes actuacins musicais a partir das 12.00 horas.