DUVI

Diario da 鶹

Acompaada pola vicerreitora do campus e o vicerreitor de Infraestruturas, Enerxa e Mobilidade

Garca Mateo mantén o seu primeiro encontro institucional co alcalde de Pontevedra

A reitora destacou a vontade de colaboracin entre as dúas institucins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Reitora
  • Institucional
DUVI Pontevedra 02/07/2026

Tras a súa toma de posesin, o pasado xoves, como nova reitora da 鶹, Carmen Garca Mateo, mantivo nesta xornada o seu primeiro encontro institucional co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores. Nunha xuntanza desenvolvida na Casa Consistorial, Garca Mateo estivo acompaada pola vicerreitora do campus de Pontevedra, Marin Fernndez Villarino, e polo vicerreitor de Infraestruturas, Enerxa e Mobilidade, David Álvarez. Na reunin participaron tamén o concelleiro de Universidade, Demetrio Gmez, e o novo director da Área de Xestin de Infraestruturas do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho.

O encontro, sinalou Garca Mateo, supuxo unha "primeira toma de contacto" cos responsables do goberno local, dos que puxo en valor o "ton de colaboracin e dispoibilidade total" hora de traballar conxuntamente en "todos os campos nos que podemos colaborar e nos que imos colaborar efectivamente". Neste punto, a reitora destacou que esa vontade “é recproca” e explicou que o obxectivo é agora “empezar a traballar xa” na concrecin desas vas de colaboracin entre ambas institucins.

Esta primeira xuntanza, engadiu, centrouse principalmente en aspectos relacionados con "infraestruturas e dotacins para o campus", o que levou a abordar cuestins como a posibilidade de “construcin de espazos docentes” na parcela de Tafisa ou “distintas posibilidades para o aloxamento de estudantes”. 

Apoio ao Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda

Alén desta xuntanza, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobaba tamén nesta xornada un convenio de colaboracin coa 鶹 para apoiar as actividades do Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda, da Facultade de Deseo, ao longo dos prximos catro anos. Este acordo supn, nomeadamente, que a administracin local destinar 240.000 s iniciativas desta titulacin ata o ano 2029, a través de catro achegas anuais de 60.000 euros. Segundo informou o Concello, Fernndez Lores destacou a transcendencia de manter estas lias de traballo conxunto coa institucin académica para facer medrar a cidade dende o mbito educativo e social. "Ter un campus especializado, creativo, potente e activo é fundamental para unha cidade dinmica como Pontevedra", subliou o alcalde.