DUVI

Diario da 鶹

25 persoas forman parte desta agrupacin, que recupera a súa actividade tras a pandemia

O coro do campus recupera súa voz

Traballan na preparacin de novo repertorio de cara a futuras actuacins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 23/01/2023

Despois de seis anos de traxectoria, a pandemia provocada pola covid-19 provocou en 2020 un parn de case dous anos na actividade do coro do campus de Pontevedra, que o pasado mes de outubro retomaba a súa actividade co obxectivo de sumar novos e novas integrantes agrupacin. Inserido na programacin de actividades culturais e educativas abertas ao conxunto da cidadana da Vicerreitora do campus, esta iniciativa logrou reunir nestes meses un grupo 25 persoas, que, nos ensaios que levan a cabo cada semana, traballan baixo a direccin do profesor Marco Lucato na preparacin dun novo repertorio.

“A verdade é que arrancamos ben, incorporouse bastante xente”, recoece Lucato, que lembra que o coro intentar xa recuperar a súa actividade no segundo cuadrimestre do pasado curso. Desta volta, a incorporacin dunha ducia de novos integrantes, sumados continuidade de boa parte das e os participantes nesta actividade nos cursos previos, fai que o coro conte con 25 integrantes, entre os que se atopan tanto alumnas da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, como estudantes do Programa Universitario para Maiores e persoas alleas comunidade universitaria. “Por fin conseguimos ter unha corda de voces masculinas”, salienta o responsable dunha actividade para a que, lembra, non son precisos coecementos musicais e que continúa aberta a novas incorporacins nos ensaios que leva a cabo cada martes entre as 16.00 e as 18.00 horas na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte.

Conformando o novo repertorio

Un dos obxectivos cos que o coro iniciou o presente curso era o de dar forma a un novo repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais. Nese senso, as sesins que se desenvolven cada semana combinan un bloque inicial centrado na linguaxe musical como a preparacin dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos. “Temos algunhas cancins que traballaramos antes e que recuperamos e estamos montando tamén algunhas cancins novas”, explica Lucato dun traballo no que contan tamén coa colaboracin, ao piano, do exalumno Germn Torres. “Imos pouco a pouco”, recoece o director do coro, que sinala que tanto a incorporacin de novos membros como o parn que supuxo a pandemia para as e os antigos membros fan necesario abordar “con calma” o proceso de preparacin deste repertorio. Non obstante, engade, o obxectivo é que nos prximos meses a agrupacin poida realizar de novo unha actuacin. De feito, explica, “xa tivemos contacto con Suso Vaamonde”, o responsable da Aula Permanente de ú Tradicional Galega do campus, “e temos unhas pezas coas que empezamos a traballar tras o Nadal” co obxectivo de que ambas agrupacins poidan compartir un concerto cara finais de curso.