DUVI

Diario da 鶹

O proxecto de Mericusan foi seleccionado para a plataforma de deseadores emerxentes Ego

A coleccin gaadora de Debut 2025 desfilar na Fashion Week Madrid

‘Ángel de cristal’ ten como punto de partida o seu traballo de fin de mestrado

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 04/02/2026

O pasado mes de novembro, a egresada do Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda Mericusan alzbase co primeiro premio de Debut 2025 grazas Crystal angel, unha coleccin que presentaba como “un reflexo da mia identidade e de como eu leo as identidades femininas”. Desenvolvida como traballo de fin de mestrado para esta titulacin da Facultade de Deseo, este proxecto converteu a Mericusan nunha das dez deseadoras e deseadores seleccionados para o Ego, a plataforma de deseadores emerxentes da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid. O domingo 22 de marzo, na xornada de peche dunha edicin que conmemora o 20 aniversario desta plataforma, Mericusan presentar sobre a pasarela do Ifema madrileo unha versin ampliada dun proxecto que en novembro era recoecido co Premio ao Deseo e a Creatividade, outorgado pola Fundacin Bimba y Lola, no desfile no que os novos titulados e tituladas do mster presentan os seus proxectos de fin de estudos.

Organizada polo Ifema, co apoio do Ayuntamiento de Madrid, a Mercedes-Benz Fashion Week Madrid faca público nas últimas horas o calendario dunha edicin que ter lugar entre o 18 e o 22 de marzo e que converte esta cidade no “epicentro da moda espaola”, como destacan desde a organizacin. Esta edicin pecharase coa xornada dedicada ao Ego, unha plataforma “que durante 20 anos foi o escaparate de referencia para os novos talentos da moda espaola”. Nesta ocasin, permitir coecer sobre a pasarela as propostas de dez deseadores e deseadoras emerxentes, “que presentan coleccins profundamente persoais e disruptivas, mostrando distintas aproximacins ao deseo contemporneo”. Nomeadamente, foron seleccionados os proxectos de Adrià Egea, Antonio Acuario, Bonet, Caducifolium, Eaftimos, Maikarfi, Maison Gracen, Patequilux e Pringa, que optarn ao premio desta edicin xunto coa coleccin Ángel de cristal, de Mericusan.

“A feminidade como un espazo de fantasa”

Segundo recolle o texto de presentacin do proxecto, Ángel de cristal “explora a feminidade como un espazo de fantasa, anhelo e contradicin a través do imaxinario do shojo, as magical girls e a subcultura lolita”. Trtase dunha coleccin inspirada no manga e o anime xaponés da década de 1990, cos que Mericusan constrúe un relato sobre o “desexo de converterse en protagonista dunha fantasa propia”. Nomeadamente, a súa coleccin xira arredor do “concepto de The Dreamed Dress, un vestido branco que representa un ideal inalcanzable de pureza, beleza e perfeccin”, a partir do que a deseadora constrúe un conxunto de prendas “que combinan volantes, enaguas e siluetas romnticas cunha paleta cromtica en branco e negro”. Estas pezas, como sinalan desde a organizacin, “materializan a tensin entre inocencia e baleiro, desexo e frustracin, refuxio e desencanto”, articulando deste xeito unha reflexin sobre como a aparencia pode verse como “un primeiro paso para construr identidade”, pero tamén como un lmite, como “un intento sempre incompleto de encarnar esa fantasa hiperfeminina”.