DUVI

Diario da 鶹

Nun escrito difundido polo Decanato, a raz das mobilizacins promovidas polo alumnado

Belas Artes sinala a súa “poltica de tolerancia cero” fronte ao acoso sexual

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Institucional
DUVI Pontevedra 18/05/2026

A raz das mobilizacins promovidas polo alumnado da facultade, en protesta por presuntos casos de acoso sexual no centro, o Decanato de Belas Artes sublia nun escrito o seu apoio “ poltica de tolerancia cero fronte aos abusos sexuais”. O equipo en funcins que encabeza o profesor Xosé Manuel Buxn, ata o proceso electoral para elixir novo decano ou decana, manifesta tamén neste escrito o seu “apoio total s vtimas e o rexeitamento dos agresores”.

Á vista das mobilizacins impulsadas polo alumnado, tras unha asemblea de estudantes celebrada o pasado 5 de maio, o equipo responsable da facultade sublia tamén que “o Decanato, en canto ten coecemento da existencia dunha vtima de acoso ou abusos sexuais, eleva de inmediato a correspondente solicitude ou informe Unidade de Igualdade da 鶹”.

Nese senso, tras reiterar o seu “compromiso incondicional” con esa poltica de “tolerancia cero” e o seu apoio s vtimas, o Decanato sublia que “non pode tolerar accins encamiadas a menoscabar a honra ou imaxe das distintas persoas que forman parte dos colectivos que conviven” na Facultade de Belas Artes. Do mesmo xeito, sostén que tampouco pode consentirse que “se difunda un clima xeral de permisividade por parte das autoridades académicas” perante estes presuntos casos de acoso sexual.

Sen capacidade para restrinxir o acceso s aulas

Neste comunicado, o Decanato sinala tamén que “carece de capacidade de seu para restrinxir o acceso s aulas a calquera persoa da Universidade”, ags “resolucin ditada previamente”, expediente disciplinario ou resolucin xudicial. Nese senso, recalca que “a única va para que se poidan adoptar con plenitude de efectos e dereitos medidas restritivas de dereitos, é mediante unha resolucin xudicial previa”. De a que o Decanato incida en que para iso “faise necesario denuncia da persoa agraviada e o seguimento e o cumprimento dos procesos legalmente establecidos”.

Reelixido en marzo de 2023, Xosé Manuel Buxn foi nomeado o pasado mes de marzo como decano en funcins, ao completarse o perodo correspondente ao seu actual mandato, coa encomenda de convocar eleccins para a eleccin da nova persoa que se situar fronte da facultade. Ante a falta de candidaturas, a Xunta Electoral aprobaba recentemente unha modificacin do calendario electoral inicialmente previsto, polo cal Belas Artes elixir novo decano e decana no mes de xullo.