O seu obxectivo é fomentar a convivencia en diversidade a través do xogo
Arredor de 150 persoas participan nas XXIII Xornadas Interxeracionais
Organizadas por alumnado e profesorado do Grao de Educacin Social e Ategal
Este xoves celébrase en Ourense a edicin XXIII das Xornadas Interxeracionais. Nelas, arredor de 150 persoas de idades, capacidades e orixes moi diversas conviven e estreitan os seus lazos compartindo actividades de ocio, principalmente xogos. A cita est organizada como cada ano por alumnado e profesorado do Grao de Educacin Social da Facultade de Educacin e Traballo Social e Ategal (Formacin Permanente e Ocio para Persoas Adultas), contando co apoio da citada facultade.
Ao longo deste curso académico, mis de medio centenar de estudantes do Grao de Educacin Social traballaron na organizacin da actividade no marco da materia Educacin permanente, impartida polo educador social Milln Brea. Coa programacin proposta nas xornadas, explican desde a súa organizacin, búscase rachar dun xeito lúdico as barreiras presentes no da a da na sociedade entre os diferentes colectivos, sobre todo as referidas idade, ao mesmo tempo que o alumnado universitario frmase de xeito prctico en competencias necesarias para o seu futuro profesional. Nesta edicin, ademais de alumnado universitario e persoas maiores de Ategal, participaron membros de Aspanas (asociacin de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Ourense) e de Down Ourense e alumnado de ciclos formativos de integracin social.
A programacin arrancou como cada ano na Praza Maior de Ourense, onde os primeiros grupos participantes achegronse para quecer motores con diferentes xogos conxuntos e para ler o manifesto que cada ano realizan nestas xornadas. De seguido a actividade trasladouse ao pavilln de deportes do campus, onde ao longo da ma o alumnado de Educacin Social preparou e desenvolveu diferentes xogos para compartir coas persoas asistentes. Tras unha comida campestre conxunta, pola tarde, sern as persoas maiores de Ategal as que guiarn s e aos participantes en xogos que elas e eles aprenderon ao longo da súa vida, especialmente nos anos 50, 60 e 70 do século pasado. Despois dun longo da de actividade, a programacin rematar cunha merenda conxunta.
Da teora prctica
“Desde que naceron hai 23 anos, o obxectivo destas xornadas é xogar e compartir experiencias interxeracionais a través dos xogos”, explica Milln Brea. A iniciativa, engade, aposta por unha metodoloxa de aprendizaxe-servizo, “que é unha metodoloxa didctica na que o alumnado é parte activa do proceso: o alumnado é quen fai absolutamente todo, prepara as actividades, contacta coas asociacins, pide os permisos, etc”. O profesor sinala que “o noso obxectivo como docentes ten que ser formar profesionalmente ao alumnado e para iso o alumnado ten que facer, pois apréndese facendo” e apunta a importancia de en actividades coma esta xornada o estudantado afronte resolver problemas, tomar decisins, afrontar conflitos ou rectificar erros. Pondo en valor o traballo realizado ao longo destes meses polo alumnado, Milln Brea, no ecuador da actividade, destaca que a xornada “est sando marabillosamente” e supn “unha aprendizaxe superinteresante para estes futuros profesionais”.
Do mesmo xeito, Zaira Graa, delegada de primeiro curso de Educacin Social, amosaba na xornada a súa satisfaccin por participar nesta iniciativa. “É un proxecto real e desenvolvelo xa en primeiro curso supn unha grande oportunidade para aprender non s a teora senn tamén para pr en prctica desde o primeiro momento o que estamos aprendendo no grao”. Recoecendo os nervios previos ao arranque da actividade, a alumna explica que est sendo “unha experiencia moi bonita” e sublia a boa acollida dispensada por todos os colectivos implicados e a satisfaccin de “aprender con eles”. Esta xornada, comenta, supn “unha aprendizaxe moi boa” que permite ao estudantado ver que “levar a teora prctica é mis complicado do que pensabamos e hai moitos factores a ter en conta”.
