O fallo fxose público en xuo pero a entrega de premios tivo lugar este luns
20 chos creativos e orixinais que converten investigadora Vanesa Sanz na gaadora do concurso #HiloTesis
Resume nun a súa tese sobre aproveitamento de biocompostos para “converter lixo en xelatina”
O Crculo de Bellas Artes de Madrid acolleu este luns a entrega dos III Premios #Hilotesis de divulgacin cientfica impulsados pola Crue en colaboracin coa Rede de پܱ e Cultura Cientfica (RedDivulga) e a Fundacin Larramendi. Neste evento, a investigadora Vanesa Sanz recolleu o galardn que a acredita como gaadora deste certame por que presentou na 鶹 a finais do ano pasado. O obxectivo deste certame é dar a coecer teses de doutoramento coas limitacins e posibilidades que ofrece a rede social anteriormente coecida como Twitter, agora X, empregando unha linguaxe “sinxela, atractiva e accesible”.
O xurado, que fixo público o seu fallo en xuo, elixiu o fo de Sanz, entre os preto de 400 presentados, pola súa explicacin creativa e orixinal sobre como “converter o lixo en xelatina”, temtica arredor da que xira a súa tese de doutoramento, desenvolvida no grupo EQ-2 Biomasa e Desenvolvemento Sostible da 鶹.
387 fos, 47 finalistas e tres gaadores
En total a este certame presentronse 387 fos nos que se daban a coecer teses de recentes ou futuros doutores e doutoras das universidades participantes. Á final chegaron 47 e entre eles o xurado escolleu os tres gaadores e tamén catro mencins especiais, dado o nivel “espectacular” dos fos presentados.
Xunto con Sanz, este luns recibiron os seus premios Tamara Esquivel, da Universidad Autnoma de Madrid, por un fo sobre a fenda que ao parecer existe entre investigacin educativa e praxis docente real nas aulas de Bioloxa de ESO e Bacharelato e José Javier Paulet, da Universidad de Castilla La Mancha, que analiza a aplicacin da computacin cuntica en diferentes problemas de busca. Cada un deles recibe un premio de 1000 euros da man da Fundacin Ignacio Larramendi.
No acto estiveron presentes o presidente de Crue I+D+i e reitor da Universidad de Castilla-La Mancha, Julin Garde; a vicepresidenta da Fundacin Larramendi, Carmen Hernando Larramendi; a secretaria xeral de Crue, Mara Teresa Lozano; a coordinadora de Red Divulga de Crue e vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin da 鶹, Belén Rubio e o director do Crculo de Bellas Artes de Madrid, Valerio Rocco. A maiora das autoridades coincidiron en poer en valor a importancia da divulgacin e da comunicacin cientfica pero tamén na necesidade de “darlle unha volta” a este concurso, para levalo a outras redes sociais de uso mis habitual para xente nova e o reto de internacionalizalo.
Abrir as portas dos laboratorios
Ao recoller o premio, Vanesa Sanz, que tras presentar a súa tese comezou a traballar como investigadora doutora júnior na Universitat de València, fixo unha defensa da importancia da divulgacin e animou a todo o persoal investigador a “abrir as nosas investigacins e a trasladar as ideas mis al das portas do laboratorio”. Lembrou que participou neste certame grazas s súas directoras de tese e que foron a súa irm e a súa parella os que axudaron a realizar unha grabacin con numerosas imaxes, gifs e vdeos que a converteron en gaadora. Explicou para o público asistente que a súa investigacin parte da base de que “cada vez somos mis xente, consumimos mis recursos e, inevitablemente, xeramos mis residuos que acaban no medio ambiente”. Por isto, o seu reto era “reducir ou transformar certos residuos de plantas e algas en produtos economicamente valiosos” con aplicacins para cosmética, farmacéutica ou medicina.
Sanz recibiu o premio de mans de Belén Rubio, vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin da 鶹, que puxo en valor que se trate dunha investigacin no eido agroalimentario, un mbito de moita relevancia para a 鶹, que ocupa o posto 15 en rnking de Shanghai por materias. Rubio tamén amosou a súa satisfaccin por ver como esta iniciativa, que naceu en plena pandemia, sigue adiante e cada vez con mellor acollida, aberta a todos os eidos cientficos e co reto de “transmitir a calquera persoa da sociedade” o traballo que realiza o persoal investigador.
Un proceso complexo explicada para un público xeral
Vanesa Sanz resume en 20 chos unha tese que se centra na utilizacin de materias primas infravaloradas para obter produtos de alto valor engadido de forma sostible, ou como ela mesma explica no fo: “converter lixo en xelatina”. En concreto, a súa investigacin, dirixida por Mara Dolores Torres e Herminia Domnguez, baséase na extraccin de compostos de alto valor engadido a partir de diversas materias agroindustriais, como restos de poda do té (Camelia sinensis), lúpulo prensado seco (Humulus lupulus) empregado na fabricacin de cervexa, descartes de follas da planta Aristotelia chilensis, mis coecida en América do Sur como “maqui”, e algas vermellas. Todas estas materias primas considéranse, apunta a investigadora, “de baixo valor econmico pero cun alto potencial que anda non ten sido aproveitado na súa totalidade, sendo elixidas pola súa asequibilidade, abundancia, dispoibilidade e inocuidade, incluso aquelas procedentes de subprodutos industriais”.
No fo gaador trata de explicar este complexo proceso a un público xeral e relata como, despois de pasar “medio doutoramento” mesturando residuos vexetais con auga, conseguiu obter extractos ricos en compostos antioxidantes a través de innovadoras tecnoloxas verdes que permiten reducir custos enerxéticos, acurtar tempos e prescindir de disolventes txicos ou contaminantes. Ademais, tamén fai fincapé nas tres ideas que definen a súa tese: “sostibilidade”, no que se refire a darlle unha nova vida aos residuos; “desenvolvemento”, coa creacin de posibles aplicacins comerciais; e “impacto social”, mellorando a calidade de vida e saúde das persoas.
