DUVI

Diario da 鶹

Organizadas no marco do programa galego de acollida deste colectivo

Unhas xornadas afondan no campus na proteccin das mulleres defensoras de dereitos humanos

Na actividade analizouse o impacto da nova poltica de Estados Unidos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Democracia
  • Internacional
  • é
DUVI Ourense 24/04/2025

O campus de Ourense acolleu este xoves a celebracin das II Xornadas galegas sobre proteccin e defensora de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por ttulo Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, as como os riscos que implica a actual deriva ideolxica en Europa sobre os sistemas de proteccin internacional".  

A actividade estivo organizada polas facultades de Dereito e de Relacins Internacionais e a Área de Equidade e Cooperacin da 鶹. Formou parte de Galicia Abriga, Programa Galego de Acollida Temporal de Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos, cuxas actividades estn coordinadas polas oenegués Solidariedade Internacional, Agareso e Ecos do Sur e financiadas por Cooperacin Galega e a Cooperacin local. Este programa, lembrouse no acto, naceu en 2024 “para que mulleres de organizacins e movementos sociais de pases nos que a Cooperacin Galega ten presenza, poidan sar temporalmente do contexto de risco para a súa integridade fsica e psicolxica no que se atopan, debido ao seu labor como defensoras de dereitos”. A 鶹 é unhas das 16 entidades que forman parte da rede de apoio a este programa.

A xornada arrancou cunha presentacin a cargo de Mara Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e seguiu cunha mesa redonda moderada por Lorena Seijo, da Asociacin Galega de Comunicacin para o Cambio Social, e na que participaron Luca Álvarez, profesora de Dereito Internacional Público e avogada especializada en proteccin internacional; Mara Martn, representante da Iniciativa Mesoamericana de Defensoras de Dereitos Humanos, e Martha Guadalupe Guillén Rosale, defensora de dereitos humanos e xornalista mexicana.