Coa participacin do eido académico e profesional
Unha xornada aborda os retos da convivencia familiar desde a ptica da educacin social
Nela destacouse o impacto da conciliacin e a importancia de compartir ter tempo de calidade
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebracin da Xornada de educacin familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educacin e Traballo Social. Nela, alumnado universitario e profesionais afondaron nos retos da convivencia familiar desde a ptica da educacin social, dedicando especial atencin a temas como o impacto da conciliacin.
Na inauguracin da cita, Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, subliou que para a institucin académica “é unha satisfaccin traballar cos colexios profesionais para dar unha formacin complementaria tanto aos seus membros como ao noso alumnado”. Neste senso lembrou como a transferencia é, xunto a docencia e a investigacin, unha das tres funcins da universidade e fixo fincapé na importancia de fomentar “a transferencia que chega cidadana” con iniciativas como esta xornada. Do mesmo xeito, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educacin e Traballo Social, destacou a importancia da alianza entre universidades e entre o mundo académico e profesional para “facer a mellor educacin social posible” e reivindicou o papel que os seus profesionais xogan na sociedade.
Do público ao privado
Pola súa banda, Sonia Gonzlez, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, coincidiu en salientar o interese e a necesidade desta colaboracin entre o mundo académico e colexial, polo que agradeceu a boa acollida que tivo no campus de Ourense esta xornada. Sobre a temtica elixida para ela, lembrou que a educacin familiar é “unha das reas onde a educacin social ten o seu traballo”. As, explicou que unha “parte moi importante” das e dos titulados en Educacin Social remata traballando en concellos, nos seus servizos de atencin e apoio familiar, “onde a figura da educacin social est contemplada como parte das súas equipas interdisciplinares”.
A presidenta do rgano colexial engadiu que ese traballo en educacin familiar que realizan as e os educadores sociais est chegando tamén ao terceiro sector e a espazos privados, a “familias que precisan dese acompaamento socio-educativo”. Porén, comentou que é necesario seguir traballando pola incorporacin e recoecemento da figura do educador e educadora social, dando a coecer o traballo que realizan. “A educacin familiar é un dos retos fundamentais que se est dando agora na sociedade”, afirmou Sonia Gonzlez, pondo o aceno no impacto que ten nela aspectos como “a tan manida e tan complicada de acadar conciliacin familiar”. Neste senso puxo o aceno na importancia desta conciliacin e de ter “tempo e espazos de calidade” para un futuro mis mis saudable a nivel fsico e emocional nas familias.
A programacin da xornada arrancou cunha conferencia sobre o tempo de lecer en familia a cargo de Laura Varela, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e continuou cunha palestra centrada na dimensin tempo compartido no acompaamento socioeducativo con familias. Nesta última participaron as e os educadores sociais Sonia Gonzlez, Felisindo Estévez e Natalia Gmez, coa moderacin de Nazaret Blanco, da 鶹. Ao longo das intervencins, as e os relatores afondaron nas novas dinmicas de convivencia intrafamiliar e as estratexias de accin dende a educacin social e analizaron os retos futuros da educacin familiar e a dimensin tempo compartido en familia e o seu impacto na intervencin socioeducativa.
