vigo noir
Mis dun cento de persoas ateigaron este xoves o edificio Redeiras para asistir xornada Vigo Noir, cidade ilustrada, un evento organizado por docentes da Facultade de Filoloxa e Traducin que reuniu a varios escritores de renome para falar de Vigo, do seu capital literario e do fenmeno Vigo Noir. O acto serviu tamĂ©n para render homenaxe a Domingo Villar, escritor falecido hai xustamente un ano, e un dos principais representantes dun fenmeno literario que ten como nexo de unin a eleccin da cidade de Vigo como localizacin para as sĂșas novelas negras.
Os encargados da organizacin desta cita foron JosĂ© Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxa e Traducin; Iolanda Galanes Santos, profesora da Facultade de Filoloxa e Traducin e Blanca Miranda Rodas, estudante de doutoramento e investigadora sobre a traducin do Vigo Noir, que se amosaban moi satisfeitos pola acollida deste evento entre o pĂșblico, cunha asistencia que mesmo desbordou a capacidade da sala. âDespois de traballar con moita ilusin neste acto, nunca pensamos que a ter tanto Ă©xitoâ, recoece Blanca Miranda, e citaba a Mara XosĂ© Porteiro que, no transcurso do acto, faca fincapĂ© en que âconseguir algo tan luminoso arredor do ânoirâ ten un aquel especialâ.
No acto participaron os escritores Pedro Feijoo, Mara XosĂ© Porteiro e Manuel Forcadela, autores todos eles de novelas ambientas en Vigo, e o profesor da Universidade do Minho Xaqun NĂșez Sabars, premio Ramn Pieiro de Ensaio 2020 e primeiro autor en abordar a categora Vigo Noir nos estudos literarios. Nas sĂșas intervencins abordaron os motivos e as circunstancias que teen feito da cidade olvica un escenario de novela, nas sĂșas obras pero tamĂ©n nas de outros autores que decidiron que os seus protagonistas percorresen as rĂșas de Vigo como Ălex Alonso, Francisco Castro, Laura Caveiro, Ledicia Costas, Rodrigo Cota ou Beto Luaces entre outros. De feito, destaca a profesora Iolanda Galanes, âtransitar polas rĂșas de Vigo, na ollada de Maria e Simn de Os Fillos do Lume, na de Toni Barreiro de Sangue sobre a neve ou pola Zona vella de Cobardes son a oportunidade de descubrir unha nova cidadeâ. Con todo, pode que o inspector Leo Caldas, fose un dos personaxes que mis ten contribudo a crear ese Vigo negro e criminal. Ao seu creador, o escritor Domingo Villar, de cuxo falecemento se cumpra onte o primeiro cabodano, estivo dedicado o acto, que abriu o decano da Facultade de Filoloxa e Traducin, JosĂ© Montero, lembrado a calidade artstica e tamĂ©n humana de Villar e ao que tamĂ©n asistiu o reitor da Universidade, Manuel Reigosa.
Ìę
