O prazo de presentacin de solicitudes remata o 31 de maio
A Universidade convértese na primeira de Espaa que recoece cun distintivo as escolas e facultades mis igualitarias
O obxectivo é promover e incentivar a promocin da igualdade entre homes e mulleres nos centros univ
Co fin de visibilizar e recoecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que da a da, na 鶹, loitan por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coecemento cientfico incorporando a mirada de xénero e feminista, a institucin pon en marcha o . Con esta iniciativa, a 鶹 convértese en pioneira en todo o Estado en crear un recoecemento para o esforzo de escolas, facultades e centros propios na promocin activa e permanente da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
A directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gmez, explica que esta medida est recollida no III Plan de Igualdade e a idea xurde doutras iniciativas similares “como o Athenas Swan en Gran Bretaa ou a posta en marcha polo CSIC que xa leva varios anos cun considerable éxito”. Con estrea desta primeira convocatoria trtase, engade Gmez, de impulsar “unha academia mis humana, igual e xusta e poer fin dunha vez co pasado histrico de saberes e academias onde as mulleres foron invisibilizadas (Efecto Matilda), excludas (ata o ano 1910 as mulleres non podamos estudar na universidade de xeito ordinario) e vtimas dun nesgo epistemolxico de xénero que amputou ao coecemento das achegas e puntos de vista da metade a humanidade: as mulleres”.
O distintivo outorgarase cada ano a un centro, escola ou facultade “co fin de que, pouco a pouco, todos o consigan obter e, deste modo, incentivar as polticas públicas de igualdade na nosa institucin de ensino superior”. As, dende a institucin tratase de que, ano tras ano, se sumen novos centros “a modo de constelacin que, como no caso da Va Lctea, se converta nun referente europeo pola súa firme aposta pola igualdade en todos os mbitos da nosa institucin, para que a 鶹 resulte un modelo paradigmtico de institucin igualitaria e, por tanto, de maior excelencia, se cabe”.
As propostas, ata o 31 de maio
Este é un paso mis na traxectoria da 鶹 a prol da igualdade real. De feito, lembra Águeda Gmez, “contamos con moitas expertas e expertos en xénero entre o noso persoal académico; desenvolvemos lias de investigacin neste mbito moi destacadas; o uso da linguaxe inclusiva non sexista est moi normalizado na comunicacin institucional e tamén en certos casos, na académica; existen graos con plans de estudo que contemplan materias especificas neste eido e temos equipos decanais e directivos paritarios en moitos centros, escolas e facultades”. Por todo isto, remarca, “é importante poer en valor estas fortalezas da nosa institucin universitaria”.
O distintivo consistir nunha insignia visual que se visibilizar e expor publicamente e ir acompaada dunha achega econmica, de 3000 euros, para que a direccin do centro empregue en desenvolver polticas de xénero no centro. Para seleccionar os centros merecedores desta marca de excelencia terase en conta se os plans de estudo das titulacins impartidas recollen materias que tratan a igualdade de xénero, tamén o número de persoas expertas en igualdade de xénero e feminismo co que conta o centro, o número de actividades de sensibilizacin organizadas ou a paridade nos rganos de goberno decanal e directivo.
O prazo de presentacin das solicitudes ser dende o da seguinte ao da publicacin desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 31 de maio de 2021.
Unha experiencia piloto que se poder expandir
Esta primeira convocatoria lnzase como unha experiencia piloto, como explica a directora da Unidade de Igualdade, que agarda que nos vindeiros anos se potencie, por exemplo, amplindoa mis al das facultades, “xa que nos consta que na nosa Universidade hai servizos claramente comprometidos co impulso da igualdade real e efectiva de mulleres e homes e algunhas iniciativas, como a solicitude Xunta de Galicia da gratuidade na matrcula para as vtimas de violencia de xénero, xurdiu dun servizo concreto da nosa Universidade”.
Con todo, Águeda Gmez asume que a solicitude deste distintivo “pode resultar unha actividade complexa que entraa certa burocracia”, pero anima a todas as facultades e escolas a presentarse, “pois dalgún xeito, podern coecer e diagnosticar a realidade da igualdade nos seus centros e, no caso de conseguir o distinto, podern dispor duns recursos para impulsar anda mis a igualdade entre mulleres e homes”. Tamén considera que se poder avanzar na mellora dos indicadores, polo que agradece “todas as suxestins e propostas que a comunidade universitaria poida realizar para mellorar esta iniciativa nas prximas convocatorias”.
Criterios de avaliacin das propostas
A seleccin das propostas presentadas realizarase de acordo a unha serie de criterios. Por exemplo, terase en conta que os plans de estudo das titulacins impartidas recollan materias que traten a igualdade de xénero ou, de ser o caso, existan lias de investigacins propias que incorporen a perspectiva de xénero no centro. Tamén se valorar o número de persoas expertas en igualdade de xénero e feminismo co que conta o centro, as como o número de actividades de promocin e sensibilizacin da igualdade que teen lugar anualmente. A comisin de avaliacin tamén valorar a paridade nos rganos de goberno decanal e directivo, as como o uso da linguaxe inclusiva e non sexista nos documentos do centro; as polticas de captacin e de novo alumnado con perspectiva de xénero ou, de ser o caso, de novo persoal investigador, con perspectiva de xénero ou outras actividades e accins desenvolvidas para a promocin da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no ano anterior.
