DUVI

Diario da 鶹

Cada mes inclúe unha suxestin de lectura ou formacin

A Unidade de Igualdade reflicte no almanaque de 2024 “un mundo de homes”

Pon o foco na necesidade de construr novas masculinidades que deixen atrs os modelos patriarcais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI 18/12/2023

«Se o feminismo foi a gran revolucin do século XX, o cambio do home podera ser unha das mis importantes revolucins sociais do século XXI». Con esta afirmacin de Victoria Sau en Nova(s) paternidade(s) arranca o almanaque que a Unidade de Igualdade deseou para o 2024, doce meses marcados por un mundo de homes, os homes que son e os homes que poderan ser.

Cada pxina de cada mes vai precedida dunha reflexin sobre a masculinidade hexemnica ou patriarcal “construda por e para beneficiar aos homes, por mis que este estereotipo cada vez ten mis detractores que elixen non exercer o poder nas súas relacins e renunciar aos privilexios patriarcais”. Ademais, en cada mes inclúese unha suxestin de libros, artigos, series ou formacin. Pxina a pxina esta publicacin ofrece informacin e reflexins sobre o patriarcado, as masculinidades transculturais, a masculinidade normativa, a masculinidade bélica, o backlash antifeminista, o impacto do machismo nos homes, a percepcin da violencia de xénero entre a xuventude ou a construcin de masculinidades feministas. Pero tamén hai espazo para poer en valor a aqueles homes que si se implicaron na defensa dos dereitos das mulleres e loitaron pola igualdade entre xénero.

Ademais, o almanaque inclúe un cdigo QR que permite acceder a unha serie de audios "realizados por expertos en masculinidades, por docentes, por persoal de administracin e servizos e por alumnado da nosa Universidade", como explica a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez. A modo de podcast, xunto con membros da 鶹 tamén participan outras persoas destacadas do mundo da cultura galega e doutros sectores, como Francisco Castro ou Josua Mateo, co fin de establecer unha comunicacin de "home a home", de homes feministas a outros homes, falando dos diversos tipos de masculinidades posibles.

As persoas interesadas en obter un exemplar do almanaque poden recollelo nas conserxeras das facultades, escolas e centros a partir de ma martes e ata esgotar existencias e, a maiores, tamén est dispoible en formato pdf na web da Unidade de Igualdade.