Nel mdense os equipos gaadores das ligas universitarias dos tres campus
O torneo Intercampus reúne en Pontevedra mis de 200 deportistas
A competicin abrangue cinco modalidades deportivas
Preto de 220 deportistas, alumnos e alumnas da 鶹, participan ao longo deste xoves en Pontevedra no torneo Intercampus, a fase final das ligas universitarias que nos últimos meses se desenvolveron nos tres campus da institucin académica. Con competicins en cinco modalidades e catro instalacins deportivas da cidade como sedes, recupérase unha xornada unha competicin que non se disputaba desde febreiro de 2020, despois de que a covid-19 impedise o desenvolvemento das ligas internas na Universidade o pasado ano.
Tras a súa recuperacin neste curso 2021-2022, un total de 968 estudantes, 880 alumnos e 88 alumnas, competiron nestes meses nas ligas universitarias desenvolvidas nos tres campus, unha cifra un 11% por cento inferior rexistrada no curso previo pandemia. “Anda que nalgúns deportes si que houbo menos inscritos, en lias xerais houbo unha boa participacin”, sinala nese senso o técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte no campus, Gustavo Loureiro, que incide no positivo de “poder recuperar” despois de dous anos unha competicin que se busca sirva tamén “como unha xornada de convivencia para o alumnado participante, na medida en que o permitan os horarios dos diferentes partidos”.
Catro sedes, 16 equipos
Como explica Loureiro, no Intercampus mdense os equipos gaadores das ligas internas de cada Vigo, Ourense e Pontevedra, ags naqueles casos nos que o número de inscritos non permitiu levar adiante a competicin. Coa colaboracin nas organizacin de seis estudantes do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, da man da Delegacin de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, o torneo lévase a cabo en catro sedes simultneas ao longo dunha xornada que arrancou s 9.00 horas coa chegada das delegacins e se estender ata o remate da última competicin,s 18.00 horas, e a entrega de premios.
O Intercampus botou a andar s dez da ma no Pavilln Universitario coas competicins de baloncesto masculino e feminino, a primeira delas un triangular entres equipos dos tres campus, mentres que na segunda medronse as representantes de Ourense e Pontevedra. As instalacins universitarias foron tamén a sede da competicin de fútbol sala masculino, na que se mediron Pontevedra e Vigo, mentres que os partidos de fútbol masculino levronse a cabo no campo municipal de A Xunqueira, neste caso coa participacin de catro equipos, xa que Vigo, o campus que contou con maior número de participantes na liga interna, conta con dous representantes. Preto de al, no Multiusos da Xunqueira, tivo lugar a competicin de voleibol mixto, un único partido no que se mediron os conxuntos de Ourense e Vigo, mentres que o campo municipal de Monteporreiro foi a sede do torneo de rugby 7 masculino.
Tras esta fase final das ligas, a seguinte cita do deporte universitario ser o Campionato Galego de deportes colectivos, que ter lugar na Universidade da Corua os das 17, 22 e 23 de marzo.
Tres vitorias para os equipos pontevedreses
No referido os resultados, os equipos do campus de Pontevedra lograron a vitoria en tres das seis competicins. En fútbol masculino, o conxunto pontevedrés superou por 2-0 a un dos equipos de Vigo nas semifinais e por 4-1 ao outro na final; mentres que en fútbol sala o conxunto do campus derrotou ao vigués por 4-2. Tamén se impuxo neste Intercampus o equipo masculino de baloncesto do campus, mentres que na competicin feminina o triunfo foi para as ourenss, que derrotaron 48-45 s pontevedresas. Ourense impúxose tamén a Pontevedra en rugby 7 masculino, nun partido que rematou 29-7, mentres que o equipo de voleibol mixto de Vigo gaou a Ourense por dous sets a un en voleibol mixto.
