O tempo é o eixe central deste congreso, que conta co apoio da Vicerreitora do campus
A Semana Galega de Filosofa celebra o seu 40 aniversario reflexionando sobre o tempo presente e o camio percorrido
Entre luns e venres, promove 15 relatorios no Teatro Principal
Baixo o lema de Filosofa e tempo, este luns daba comezo no Teatro Principal a XL Semana Galega de Filosofa, que ten como propsito afondar nas múltiples dimensins do concepto que centra esta edicin, vez que conmemorar os 40 anos de traxectoria deste foro, promovido pola Aula Castelao de Filosofa co apoio da Vicerreitora do campus, o Concello de Pontevedra, a Deputacin Provincial e a Xunta de Galicia. Quince conferencias conforman o programa deste evento aberto ao público, que inauguraron a tenente de alcalde Eva Villaverde; a vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn; o vicepresidente da Deputacin Rafael Domnguez, e o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendn.
A “unin entre diferentes institucins” que fai posible esta actividade foi unha das cuestins destacadas por Lantarn, que puxo de relevo tanto a importancia da Semana Galega de Filosofa “para a sociedade galega e pontevedresa”, como o apoio que ano tras ano recibe da 鶹. “Como Universidade, somos un punto de transferencia de coecemento sociedade e cremos que isto execútao a Aula Castelao dunha forma brillante”, sinalou a vicerreitora, que salientou a traxectoria dun congreso que busca achegar a filosofa a diferentes públicos, aspecto no que incidiron tamén Domnguez e Villaverde.
Ao longo dos 40 anos de historia deste foro, "fomos quen de reflexionar sobre o noso tempo, sempre de maneira crtica, deixando constancia do seu decorrer e tamén dos distintos acontecementos”, destacou Cendn, que explicou que a escolla do tempo como eixe temtico vén motivada porque, “logo de 40 anos, podemos dicir que a Aula Castelao de Filosofa ten historia”. Partindo desa idea, o obxectivo das xornadas é afondar nun concepto, o tempo, que “impregna as nosas vidas” e que est ligado a un “permanente elixir que vai modelando as biografas e a historia”, e facelo ademais, explicou, desde as perspectivas “da poltica, a poesa, a ontoloxa, a ciencia, a socioloxa ou a psicoloxa, entre outras”.
Cinco das, tres bloques
O programa desta Semana Galega de Filosofa estrutúrase, como en anteriores edicins, nun bloque de relatorios matinal, outro de tarde e outro de noite. O primeiro deles foi inaugurado pola profesora da Universitat de Barcelona Fina Birulés, quen partiu do pensamento de Hannah Arendt para establecer unha relacin entre o presente e o futuro. Nas prximas xornadas, este bloque contar coa participacin de Ana Carrasco, da Universidad Complutense de Madrid; Ana de Miguel, da Rey Juan Carlos; Isabel Balza e o profesor da USC Francisco Conde.
O bloque de conferencias de tarde pon o foco na historia e a cultura de Galicia e brese este luns cun relatorio de Manuel Cabada, tras o que virn os do experto en historia medieval Anselmo Lpez Carreira; a Premio Nacional de Poesa en 2023 Yolanda Castao; Mara Leira e o expresidente da Mesa pola Normalizacin Lingüstia Carlos Calln. Finalmente, o bloque de conferencias programadas para as 20.00 horas arranca nesta xornada da man do bilogo e divulgador cientfico Xurxo Mario, quen conectar a percepcin do tempo con elementos biolxicos. O martes, a catedrtica da Universidad de Valladolid Alicia Puelo abordar os desafos que se abren neste tempo desde unha perspectiva ecofeminista, mentres que, ao da seguinte, a sociloga da Autnoma de Madrid Cristina Garca falar sobre “multidimensionalidade do tempo social”, como informan desde a Aula Castelao. O xoves o filsofo italiano Franco Berardi reflexionar sobre a “vivencia do tempo” e o que fora catedrtico da 鶹 Arturo Leyte impartir o venres a conferencia de clausura, titulada O esprito e o tempo.
