DUVI

Diario da 鶹

Cun taller de escritura creativa na Facultade de Comunicacin

Manel Loureiro pecha a Semana Crea amosando como transformar unha idea nunha historia

Promovida polo Campus Crea co apoio da Deputacin de Pontevedra 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Pontevedra 24/04/2026

“As ideas non valen nada, todos temos un montn de ideas ao da. O realmente difcil é transformar unha idea nunha historia”. Deste xeito abra o escritor Manel Loureiro o taller de escritura creativa que este venres pua peche programacin da Semana Crea, promovida polo Campus Crea co apoio da Deputacin de Pontevedra. Entre este luns e venres, diferentes facultades acolleron unha serie de conferencias, mesas de debate e obradoiros conectados coas lias do proxecto de especializacin e que nesta edicin buscaron tamén reflexionar sobre a evolucin da creatividade nuns tempos marcados polas tecnoloxas dixitais.

Trtase, como sinala Ana Belén Fernndez Souto, directora de rea do Campus de Especializacin Crea, dunha semana de actividades que “serve para promocionar o Campus Crea, centrndose nas titulacins do campus de especializacin, pero que é tamén aberta cidadana”. Ese era o caso tamén no coloquio que Loureiro protagonizaba nesta xornada na Facultade de Comunicacin e no que o escritor foi presentado polo profesor Ivn Puentes. Con libros traducidos a mis de 20 idiomas e recoecido con galardns como o Premio Fernando de Lara de Novela en 2024, Loureiro é “un dos escritores mis afamados deste pas”, co que as e os participantes neste taller puideron afondar “nos procesos de escritura creativa”. Nese senso, Puentes destacou a creatividade como o “nexo de unin” entre o labor dos escritores e escritoras e o das e dos profesionais que se forman na Facultade de Comunicacin, xa que esta é a que permite “enfrontarnos a un folio en branco ou a unha idea baleira”, ata trasformala “nun produto co que chegar ao público”.

Como construr unha historia

Tras lembrar que o seu traballo, como escritor ou como guionista, susténtase en ser quen de “conseguir unha maneira atractiva de contar as cousas”, Loureiro abriu este taller preguntando aos e s asistentes “cantas historias poden contarse” en cine, televisin ou literatura. “E se vs digo que s poden contarse 36 historias?”, preguntou a continuacin, referndose s 36 situacins dramticas propostas polo fillogo Georges Polti, presentando unha serie de exemplos de obras, filmes ou relatos conectados por unha mesma estrutura narrativa, como Star Wars e O seor dos aneis. “A estrutura é a mesma, pero a historia que a rodea é diferente”, subliou Loureiro, quen sostivo que “todas as historias que contamos reptense de maneira cclica unha e outra vez, porque estn relacionadas coas emocins que nos identifican como humanos”.

Partindo desta idea, Loureiro centrou esta actividade en como a creatividade é a que permite dar forma a obras diferentes, deténdose nas diferentes fases do proceso de creacin dunha novela. En primeiro termo, apuntou, “todo arranca cunha idea, pero as ideas teen un valor ridculo, todos temos un montn ao longo do da”. Nese senso, o primeiro paso sera “transformar a idea nunha historia”, para o que é preciso “facerlle preguntas a esa idea, que súa vez teen que xerar mis preguntas”. Este conxunto de respostas permitiran articular "un fo narrativo”, que súa vez é un esquema que é preciso desenvolver. Neste punto, Loureiro contrapuxo dous tipos de autores e autoras, os de “escritores de mapa”, aquelas persoas que antes de comezar a escribir teen xa definidos os múltiples elementos da trama e ou os seus puntos de xiro, e os de comps, aqueles que, tras a definicin do fo narrativo, “empezan a escribir sen ter idea do que vai pasar na seguinte pxina”. A partir de a, o protagonista deste relatorio foise detendo nas diferentes fases do proceso de construcin dunha historia, desde a importancia do proceso de documentacin, ao “camio longusimo” que supn a elaboracin final dunha novela, deténdose en cuestins como a construcin de personaxes ou en como en ocasins aqueles personaxes inicialmente concibidos como secundarios “poden tomar o control da historia”.

Conexin coa cidadana e co tecido profesional

Este taller viuse precedido por un conxunto de actividades que “tiveron bastante afluencia”, como sinala Fernndez Souto, que incide no positivo destas iniciativas para achegar o proxecto de especializacin do campus “ cidadana e aos profesionais”. Nese senso, pon como exemplo a mesa Homenaxe a Contrapunto, desenvolvida na tarde deste xoves na sede da Vicerreitora e promovida coa colaboracin de Creatividade Galega. Dirixido a abordar os 52 anos de traxectoria da primeira axencia de publicidade de Espaa en acadar o Gran Prix do Festival da Creatividade de Cannes, este encontro reuniu en Pontevedra tres profesionais que se situaron fronte da direccin creativa de Contrapunto neste medio século de traxectoria, José Mara Lapea, Antonio Montero e Carlos Jorge, nun coloquio conducido polo presidente de Creatividade Galega, Julin Abad.

Tamén na tarde deste xoves, a Facultade de Deseo acolla unha conferencia dos responsables do estudio Novagarda, especializado en proxectos dixitais, audiovisuais e web, as como a presentacin de Planta 6, o proxecto de creacin dunha revista da facultade impulsado por un grupo de alumnas. Neste mesmo centro tia lugar tamén o luns unha conferencia do deseador Pepe Barro, mentres que Belas Artes acolla martes e mércores un obradoiro da artista Mara Castellanos, centrado en conectar corpo, materia e tecnoloxa a través da construcin de “interfaces brandas”.

Ideando “espazos activos”

Outra das propostas inserida nesta programacin era o concurso de ideas CREA-Espazos Activos, no que se convidaba comunidade universitaria a traballar en ideas innovadoras orientadas a recuperar, modificar ou optimizar espazos para o eido educativo, deportivo e de promocin da mobilidade e saúde. A esta iniciativa presentronse once traballos grupais, que o alumnado presentaba diante do xurado na tarde deste luns, despois de que a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte acollese a mesa de debate Experiencias comunitarias na promocin de espazos activos. Destas once propostas, catro foron seleccionadas como finalistas e galardoadas cunha serie de agasallos, nun acto de entrega desenvolvido nas últimas horas.

“En xeral, os traballos destacaron por unha busca de solucins e recursos diferentes a problemas escolares e comunitarios, acompaados dunha estreita afinidade cos obxectivos de desenvolvemento sostible”, sinala o profesor Roberto Silva, coordinador desta iniciativa. Concretamente, as propostas finalistas foron “un mapa de roteiros activos por Pontevedra, unha aplicacin gamificada para promover os desprazamentos escolares e dous modelos de aula dual para a organizacin de sadas didcticas”. En representacin dos diferentes grupos de alumnos e alumnas premiadas, recolleron os premios Luca Gil, Pablo Redondo, Rodrigo Prieto, Adrin Docampo, Daniel Santos, Matas Delicado, Maria Pérez e Sara Pena.