DUVI

Diario da 鶹

Estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicacin promoven en Instagram o evento ‘Usa a lingua’

Unha semana de actividades na rede para achegar o galego mocidade

O cmico David Amor abriu un programa que reúne coloquios e actuacins

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Lingua Galega
  • TIC
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 30/11/2020

“Promover, normalizar, estender e fomentar o uso do galego entre a mocidade” constitúe, como sinalan deste Freshysweet, unha axencia júnior de publicidade integrada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin, o obxectivo principal de , un ciclo de coloquios e actuacins que ao longo desta semana desenvolven a través da rede social Instagram. A situacin sanitaria xerada pola covid-19 obrigou neste 2020 a trasladar a un formato virtual unha iniciativa que en anteriores edicins levou a Freshysweet a promover diferentes actividades na facultade. “Pensamos que Instagram era a rede social perfecta para levar a cabo o evento nestes tempos”, sinala este grupo de alumnos e alumnas, que lembran que se trata da plataforma que reúne mis xente nova, con mis dun 36% de usuarios e usuarias menores de 24 anos.

Un coloquio co cmico e actor David Amor abriu na tarde deste luns o programa de actividades desta terceira edicin de Usa a Lingua, que abrangue unha serie de coloquios con persoas “de grande interese no campo da comunicacin, música e cultura galega”, xunto coas actuacins musicais de The Rapants e Dakidarra na tarde do venres. Conducido polo estudante Vinto Tajes, este primeiro coloquio permitiu afondar na traxectoria deste humorista, abordando tanto a súa traxectoriano mundo da televisin, desde os seus inicios no Supermartes da TVG ao "salto importante"que, recoeceu,supuxo a súa participacin no programa El Club del Chiste, vez que houbo tempo tamén para lembrar a súa traxectoria como xogador de balonmn ou para falar dos efectos da covid-19 nas industriais culturais.

Cinco das de actividades

Para esta edicin virtual de Usa a Lingua, as e os integrantes de Freshysweet seleccionaron unha serie de convidados que, sinalan, “son referentes en redes sociais que teen algo que dicir a prol da proteccin da nosa lingua”. Nese senso, para dar forma a esta programacin, explican, “basemonos nos referentes galegos das nosas propias xeracins, que xa tivesen unha comunidade de seguidores galegos formada ou que poderan interesar a este rango de idade” e que fosen ademais figuras cunha “certa repercusin ou influencia”. As, tralo coloquio deste luns con David Amor, a actividade continúa ma martes, tamén s 16.00 horas, cun coloquio, conducido pola alumna Sarai Mario,conPatricia Hermida, manager de formacins musicais como Heredeiros da Crus e Agoraphobia, con quen, indican desde Freshysweet, “falaremos do seu labor como xestora de grupos galegos”. Nesa mesma xornada, s 19.00 horas, sumarase ao evento Dani Irimia, protagonista da última campaa publicitaria da cadea Gadis. O mércores, Tajes conducir o coloquio cos responsables da empresas de produtos en galego A Falaches!, mentres que o xoves s 16.00 horas, ter lugar un coloquio, moderado por Cristina Martnez, coas persoas responsables de Orgullo Galego, “a conta de Instagram e Facebook dedicada defensa da lingua galega con mis seguidores, 300.000 entre ambas redes sociais”. En todos os casos, explican desde Freshysweet, os coloquios buscarn en primeiro termo que as e os participantes aborden as súas traxectorias e actividades, para logo afondar tamén, nunha parte mis prxima a unha entrevista, en cuestins como que foi o quelles levou a desenvolver os seus proxectos en galego.

A terceira edicin de Usa a Lingua completarase o venres, coas actuacins musicais, en directo a través desta rede social, dos grupos Dakidarra e The Rapants, programados para s 19.30 e 20.30 horas, respectivamente.

Reparto de material promocional

Esta serie de actividades virtuais vense complementadas súa vez polo reparto, na facultade, das bolsas e chapas do evento, que as e os integrantes de Freshysweet levan a cabo desde este luns e ata o 14 de decembro. Deste xeito, buscan poder achegar a iniciativa maior porcentaxe posible de alumnado, tendo en conta que o sistema de docencia parcialmente presencial de titulacins como Publicidade e Relacins Públicas e Comunicacin Audiovisual fai que sexan diferentes os grupos de estudantes que acoden cada semana ao centro. Xunto a este reparto presencial, levarase a cabo tamén un sorteo destes materiais promocionais entre as diferentes persoas que participen cada da neste evento online.