DUVI

Diario da 鶹

Tras a proclamacin provisional da súa candidatura, votacin ter lugar o 27 de xullo

Carmen Hermo, única candidata ao Decanato de Belas Artes

Á fronte dun renovado equipo do que destaca o seu compromiso e capacidade de traballo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Democracia
  • Institucional
DUVI Pontevedra 17/07/2026

A profesora do Departamento de Debuxo Carmen Hermo encabeza a única candidatura ao Decanato da Facultade de Belas Artes, tras completarse o segundo mandato do profesor Xosé Manuel Buxn fronte do centro. Actual secretaria académica da facultade, Hermo Lage encabeza unha candidatura que completan as e os docentes Carmen Lage, Basilisa Fiestras, José Andrés Santiago e Marcos Covelo e que se someter votacin da Xunta de Facultade o luns 27 de xullo.

Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Salamanca e doutora pola 鶹, Hermo salienta o “nivel de traballo e compromiso” das e dos integrantes da candidatura proclamada provisionalmente nesta xornada. Profesora da facultade  desde o curso 2017-2018, recoece, de feito, que un dos aspectos que a levaron a dar o paso de presentar a candidatura foi contar con “xente nova que lle apeteza involucrarse” no goberno da facultade. Nomeadamente, completan o equipo proposto as e os profesores Carmen Lage, como vicedecana académica; Basilisa Fiestras, como videcana de alumnado; José Andrés Santiago, como vicedecano responsable da rea de internacional, e Marcos Covelo, como secretario académico. Trtase, sublia, dun equipo de “xente nova, implicada, que traballa moi ben, cunha metodoloxa moi efectiva”, o que súa vez lévaa pr de relevo que “necesitamos unha aproximacin urxente” s novas xeracins do alumnado, “moi separadas da nosa propia xeracin”.

Tras a proclamacin provisional nesta xornada, brese perodo de reclamacins, previo aprobacin definitiva da candidatura o vindeiro venres 24. O luns seguinte, someterase votacin das e dos 37 integrantes da Xunta de Facultade, debendo acadar mis votos a favor que en contra.

A convivencia como piar central

Respecto dos obxectivos do mandato que iniciara, de recibir o apoio da Xunta de Facultade, Hermo destaca a convivencia como aspecto “mis importante” da súa proposta. “A convivencia implica moitas cousas”, sublia esta artista plstica e docente, pondo de relevo a importancia de que a facultade sexa un lugar “apracible e interesante”, no que xurdan “sinerxas que nos fan traballar a todos” e onde se garanta “o necesario para poder traballar e crear”. Ao mo tempo, sublia, a convivencia ten tamén implicacins “no plano da igualdade e no plano do propio edificio”, recoecendo as limitacins do antigo cuartel de San Fernando, “un edificio que foi rehabilitado en 1994 e que xa ten os seus achaques”. 

Nese senso, a candidata a decana sostén que “creo que necesitamos un fogar novo, un edificio realizado ad hoc para a nosa profesin”. Esta necesidade,engade, é algo “que, evidentemente, teremos que falar coa nova reitora”, sinala Hermo, quen defende “mirar con agarimo” a posibilidade de cesin Universidade da parcela de Tafisa e avoga por “buscar un bo proxecto que nos sirva tanto a Belas Artes como a Deseo, que teen o mesmo problema ca ns”. Non obstante, pese a que “o ideal sera un edificio novo”, incide tamén na importancia de acometer os arranxos necesarios nas actuais instalacins para “non estar en precario mentres non chegan as ideais”.

Do mesmo xeito, a candidata a decana sublia que esa idea de convivencia debe abranguer tamén “ cidade e ao contexto cultural galego”, sinalando como outro dos obxectivos reforzar a presenza e visibilidade dunha facultade na que, lembra, frmase “o futuro da cultura” de Galicia.

Peche etapa de Xosé Manuel Buxn

O papel de Belas Artes dentro do “contexto artstico da comunidade” é unha das cuestins destacadas polo actual decano en funcins, Xosé Manuel Buxn, como un dos aspectos positivos dos seus mis de seis anos fronte do Decanato. “Creo que somos unha das facultades de Belas Artes mellor posicionadas no contexto social, cultural e profesional”, salienta Buxn Bran, que lembra que se trata dun traballo “que xa via de antes e que continuamos a consolidar”. Profesor do Departamento de Escultura, foi elixido decano en setembro de 2019, iniciando en marzo de 2023 un segundo mandato de tres anos. Completado este, continuou fronte do centro como decano en funcins, despois de que a falta de candidaturas levase xunta electoral do centro a aprobar en marzo unha modificacin do calendario electoral inicialmente previsto, adiando as eleccins a este mes de xullo.

Facendo balance desta etapa, Buxn destaca tamén “que o mellor que me levo é o equipo humano, as persoas que se foron implicando no goberno da facultade”, tanto nos equipos decanais como nas diferentes comisins. As mesmo, salienta a posta en marcha, no presente curso, do Mster en Creacin Artstica Contempornea, co que a facultade recuperaba os estudos de mestrado. Por outra banda, sinala como aspectos “negativos” desta etapa que “seguimos tendo un edificio que nos d moitas complicacins”, as como o feito, apunta, “de que non consegun neste tempo consensuar co profesorado un novo plan de estudos” para o Grao de Belas Artes, “ao que un equipo de traballo dedicamos moitas horas e moitas reunins”.