DUVI

Diario da 鶹

Trtase dun ciclo de relatorios virtuais promovido por estudantes de CCSS e da Comunicacin

A segunda ‘Érték Conference’ deterase nos efectos da covid-19 na publicidade e no mrketing 

Dirixidos a achegar ao alumnado as experiencias de profesionais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • TIC
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 13/11/2020

Ampliar a formacin do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin a través das experiencias de diferentes profesionais do mrketing e a publicidade é o obxectivo co que o pasado ano un grupo de estudantes do grao en Publicidade e Relacins Públicas impulsou por primeira vez a . Nun curso marcado pola situacin sanitaria, este evento desenvolver de xeito virtual, entre o martes 17 e o xoves 19, a súa segunda edicin, na que cobrarn especial protagonismo os cambios que a covid-19 ten producido nestes sectores. “Temos moito interese en saber como cambia o comportamento do consumidor na nova normalidade e como se adaptan as empresas a esta situacin”, salienta Sara Pieiro, unha das responsables da organizacin deste ciclo promovido por un grupo de doce estudantes. 

Representantes de diferentes axencias de publicidade, a responsable de comunicacin de Coca-Cola en Galicia, Mara Troncoso; o community manager do RC Celta, Alberto Graa, ou o responsable de producin do Resurrection Fest, Ángel Pieiro, forman parte do abano de profesionais que protagonizarn as 15 conferencias que integran o programa deste evento, que conta co patrocinio da facultade e de diferentes empresas e que poder seguirse a través da plataforma .

Unha mesa de “influencers” abre o programa

A Érték Conference abrirase o vindeiro martes, tras un vdeo de presentacin, “cunha mesa de influencers”, unha das novidades nesta edicin. Nela participarn o youtuber ManelAkaForce e a tiktoker Ireniusx. Xa pola tarde, a primeira xornada completarse coas conferencias de Miguel Conde, fundador e director creativo de BAP & Conde; Cristina Rey e Patricia Ferreira, responsables de Mekkdes; e Juan Graa, director de Neurologyca. 

O mércores intervirn neste ciclo Jaime Conde, director xeral de Quattro IDCP; Mara Troncoso, responsable de comunicacin de Coca-Cola; Alberto Graa, xestor de redes do Real Club Celta; Itziar Oltra, responsable de Airhopping, e Carmela Serantes, directora creativa de The Good Shop, pechando a xornada o responsable de producin do Resurrection Fest, Ángel Pieiro. Por último, o programa do xoves abrirase cun relatorio dos directores creativo e de arte da axencia Tony Le Brand, Alfonso Molinelli e Óscar Parada; tralos que intervirn Sebatin Trotas, responsable de mrketing de Krack, e Andrés Lamosa e Jordi Lauren, director de produccin e CEO, respectivamente, de PlayPlan. Pola tarde, a segunda Érték Conference pecharase coa participacin de Sergio Couto, responsable de comunicacin e mrketing de Edition; David Serantes e Fernando Rbade, directivos de Mondo Fashion Show; e do fundador do festival O Marisquio, Carlos Domnguez.