DUVI

Diario da 鶹

A profesora e escritora é unha das tres finalistas duns galardns que se fallarn o 23 de outubro

Rexina Vega opta ao premio Fernndez del Riego de xornalismo literario cun artigo que busca “desposur de relato” a palabra cancro 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Premios
  • Cultura
DUVI Pontevedra 26/09/2025

O 23 de outubro, Pontevedra acoller o fallo do XXII Premio Afundacin de Xornalismo Fernndez del Riego, un galardn dirixido a premiar textos inseridos no xénero do xornalismo literario e artigos de opinin, ao que opta nesta edicin a profesora e escritora Rexina Vega. A docente é unha das tres finalistas deste certame por Anda aprendo, un artigo publicado na revista Tempos Novos. Trtase dun texto no que afonda nas implicacins do cancro e na importancia de “desposur de relato” unha verba “marcada polo tabú e o medo”, que parte ademais “dunha experiencia vital”, como persoa afectada por esta enfermidade.

Xunto a Rodrguez Vega, Alba Moledo e Carmen Villar foron nomeadas tamén finalistas, o pasado mes de xullo, duns galardns aos que optaban un total de 22 artigos, publicados no ano 2024. “Estou moi agradecida ao xurado, integrado por persoas s que admiro sinceramente, e tamén son consciente do grao de azar que ten sempre un premio”, recoece Vega do seu nomeamento como finalista, que define como “un azar fermossimo”, ao tempo que resalta a importancia de premios como o outorgado por Abanca, hora de “dignificar e facer mis visible a escrita xornalstica en galego”.

Desposur do relato unha verba “marcada polo medo”

No artigo seleccionado polo xurado, Vega rememora unha visita ao Museo do Prado no ano no que lle foi diagnostica a enfermidade e as reflexins que lle suscitou a frase “anda aprendo”, que pode lerse nun cadro no que se presenta a imaxe dun Francisco de Goya xa ancin. “A cada do corpo enfermo, a descuberta abrupta da enfermidade e da vulnerabilidade, a proximidade da morte” fanse nese senso presentes nun texto que, recoece, nace tamén “do impulso de resistir, na vontade de continuar aprendendo malia todo”. A escritora e docente, que na actualidade é tamén delegada por Galicia da Asociacin Espaola de Cancro de Mama Metastsico, recoece que é un texto que aborda “momentos duros que quixen iluminar”, posto que son tamén momentos “que chegan en verdade mis tarde ou mis cedo a cada vida e que teimamos por agochar”.

Nese senso, sostén que “a idea da enfermidade, da morte, debe ser enfrontada, reflexionada desde o vital e desde o colectivo”, pondo de relevo que ter consciencia da “condicin de vulnerabilidade” como algo “universal” debera tamén “facernos traballar en atopar recursos contra a vitimizacin, contra toda a carga estigmatizadora, contra toda tentacin de incorrer en metforas militares, guerreiras ou apocalpticas”. Fronte a esas ideas, Vega, quen continúa “escribindo e investigando” a pesar de que a enfermidade lle impide arestora exercer como docente na Universidade, buscou neste artigo “desposur de relato” a palabra cancro. Pola contra, quixo pr o foco no “cambio de paradigma no tratamento desta enfermidade e a aparicin de novas terapias que posibilitan unha alta porcentaxe de curacin ou cronificacin”. Ao mesmo tempo, o seu artigo dirixa súa atencin cara unha das consecuencias destes avances en materia de tratamento, a “existencia dun número crecente de pacientes oncolxicos que sobreviven” e que fan preciso pr en cuestin, denuncia, “as insuficiencias dun sistema baseado en curar e non tanto en coidar”.

Xunto a Anda aprendo, os artigos Agromar, de Alba Moledo, e A terra que nos ata ao mundo, de Carmen Villar, optan tamén a un premio que conta cunha dotacin econmica de 10.000 euros.