DUVI

Diario da 鶹

‘O estado intermedio’ é o debut da docente na Editorial Galaxia

Rexina Vega conversa coa morte na súa última novela

Unha autoficcin que afonda nos vnculos entre unha filla e o seu pai falecido

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 17/12/2020

“Odio esta casa, este bonito chalet con piscina, dous baos, catro dormitorios, de feito estou aqu para desfacerme dela, para limpar todos os restos que poidan quedarlle de pasado, a sucidade dunhas vidas que xa foron, ese pouso que resta valor de mercado”. Con este punto de partida constrúe Rexina Vega, profesora do Departamento de Lingua Espaola da 鶹, a súa última novela, O estado intermedio.

Nun ambiente artstico marcado pola pandemia da covid-19, a docente considera que hai unha forte necesidade de produtos culturais porque “cando a condicin humana é atacada é preciso repregarse e reflexionar”. As, a estrea de Vega na Editorial Galaxia constitúe unha autoficcin que medita sobre a idea do falecemento e “a relacin que temos cos nosos mortos”, segundo afirma a autora, que especifica que o relato “se desenvolve no proceso, tan brutal, tan común, de pechar unha casa, de desfacerse dos obxectos persoais do familiar morto, neste caso unha filla que se desfai da memoria do pai”.

Un libro para mirar a morte con outros ollos

No seu afn por comprender o que ocorre cando unha vida est rematada, O estado intermedio conta a historia dunha moza que tenta vender a vivenda familiar e eliminar os seus recordos, despois do pasamento do seu pai. Porén, no proceso de recoleccin dos obxectos que alberga o fogar, a filla reconstrúe as vivencias do seu proxenitor e o esprito do home acode casa nese estado intermedio que avanza o ttulo, unha condicin transitoria que teen os cadveres cando anda “non acadaron a frialdade da evocacin definitiva”, de acordo coas palabras do profesor do Departamento de Filoloxa Galega e Latina Manuel Forcadela. A medida que avanza o relato, a muller e o home embrcanse nunha viaxe polo traumtico, o sobrenatural e o mxico.

Rexina Vega expn que no seu libro “o achegamento cultura da morte faise desde moitas claves” e sinala que o substrato galego é evidente, coa influencia de lendas amplamente coecidas, entre as que sobresae a da Santa Compaa. Con todo, a docente bota en falta na cultura autctona “un sentido que busque unha maior transcendencia” xa que “a nosa tradicin de convivencia co mundo dos mortos incide sempre no aspecto do temor”. Vela a importancia de inclur na súa novela alusins ao Libro tibetano dos mortos e o budismo, relixin que entende a morte e a vida como estados complementarios, as como obra Doce teses sobre a economa dos mortos de John Berger.

Neste senso, O estado intermedio achégase s cuestins menos superficiais do finamento, afastndose das ficcins que traballan con esta problemtica desde o terror. Vega asegura que “aprender a morrer, morrer ben, importa” e acha necesario atopar un espazo para pensar nese trnsito “nun mundo como o noso, de capitalismo avanzado, no que a morte est varrida”.

Mestura de “loucura psicodélica, humor negro e alegra zombi”

O libro, escrito en primeira persoa, xorde dunha necesidade de comprensin e reflexin da escritora, que busca a orixe da súa propia obsesin coa morte. A escritura deste texto, afirma Vega, foi un xeito de curar feridas, posto que “converter as cousas que nos ocorren en relato fai que nos produzan menos dano”. As mesmo, anima a ler a súa obra, na que hai “moito de loucura psicodélica, con humor negro e alegra zombi” alegando que “todos precisamos pensar mis nos mortos”.

O estado intermedio é un traballo de ficcin que se alimenta de realidade, unha autoficcin que, como apunta a profesora, “implica sempre un desdobramento, o eu que escribe, e que é ficcin, fala dun eu dunha época pasada cuxo rostro xa non recoecera no espello”. Anda que sexa unha exploracin subxectiva, o volume funciona como un argumento universal co que identificarse, unha historia que “vai iluminar aquelas zonas da propia experiencia de quen le”.

Sobre a obra de Vega, Forcadela destaca esta tendencia universalidade ao definir a novela como “un auténtico ben cultural”, indicando que é unha obra do noso tempo e “de moitos outros tempos vindeiros”. Tamén fala o profesor de “condicins enunciativas particulares”, co que se refire a unha experimentacin formal coa que Rexina Vega constrúe o seu calidoscopio literario. As mesmo, a autora consegue un cctel novelesco con referencias moi diversas, xuntando, como ela mesma sinala, “a Fermn de Pas co Padre Llanos, a Arias Navarro co coello de Alicia ou a Charcot coa cancin do Rascayú”.

O último fito nunha nutrida traxectoria

Rexina Vega combina a docencia universitaria, a crtica literaria e os labores de traducin coa escritura de ficcin, anda que a súa experiencia no eido da literatura comezou con textos ensasticos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreacin, co que obtivo o Premio Ricardo Carvalho Calero en 1997.

O estado intermedio conforma unha triloxa con dúas novelas anteriores, Dark Butterfly e Cardume. Esta última foi a súa primeira incursin na narrativa e con ela acadou o XXIV Premio Xerais de Novela no ano 2007. Mis recentemente, en 2018, publicou o seu único libro en espaol, Nadie duerme.