DUVI

Diario da 鶹

Direccin e Xestin Pública promoveu un seminario no da previo ao seu 50 aniversario

A Revolucin dos Caraveis supuxo un “estmulo importante” para a Transicin espaola

Esta iniciativa insrese no programa de actividades que a facultade desenvolve esta semana 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Pontevedra 24/04/2024

Este xoves 25 de abril conmemrase o 50 aniversario do levantamento militar que rematou coa ditadura do Estado Novo en Portugal, o que motivou que unha das actividades inseridas na I Semana de Direccin e Xestin Pública tivese como eixe a Revolucin dos Caraveis e, mis concretamente, a súa influencia na Transicin espaola. “Foi un estmulo importante para a oposicin e para os sectores mis aperturistas do franquismo” sostivo o investigador do Observatorio da Gobernanza G3 Fernando Martnez, coordinador dunha actividade inserida na programacin que a facultade desenvolve desde este luns.

Aberta ao público e dirixida a achegar o alumnado ao acontecido tanto o 25 de abril de 1974 en Portugal como nos meses seguintes, esta actividade insrese nun programa de actos “que son o resultado da colaboracin entre profesorado e alumnado”, como salientou o decano, Enrique Varela, na apertura deste seminario. De feito, esta iniciativa viuse precedida este martes pola xornada dedicada ao “patrn” da facultade neste 2024, San Martio de Dumio, e ao seu papel no Reino Suevo, na que o alumnado presentou os resultados dos traballos que desenvolveu sobre esta temtica.

Dous procesos “completamente diferentes”

Alén de afondar nas diferentes fases da revolucin portuguesa tras o levantamento de abril, nas que “houbo intentos tanto por parte tanto da dereita como dos sectores mis esquerdistas por facerse co control, ata que se estabilizou o proceso”, Martnez Arribas centrou este seminario nas súas conexins coa Transicin espaola. “Os procesos son completamente diferentes. En Portugal hai unha ruptura e o proceso est pilotado polos militares, cos partidos polticos nun papel secundario, e en Espaa non se pode falar de ruptura como tal, senn dunha reforma, pilotada polos partidos e os sectores mis aperturistas do franquismo”, subliou. Non obstante, o acontecido en Portugal si tivo unha incidencia na ditadura espaola, en primeiro termo porque fixo que “moitos sectores do franquismo” comezasen a ver, tras a cada do salazarismo, “que a transicin democracia vai ser inevitable”, sinalou Martnez. Ao mesmo tempo, lembrou o investigador, o levantamento en Portugal influu tamén en que “certos sectores do exército espaol funden a UMD, a Unin Militar Democrtica, inspirndose nos militares portugueses”, mais asumindo tamén “que o proceso de transicin tia que estar pilotado polos partidos polticos”.  

O seminario completouse as mesmo coa proxeccin dun vdeo sobre a Revolucin dos Caraveis e cunha presentacin do estudante da modalidade virtual do grao en Direccin e Xestin Pública José Manuel Fernndez, centrada na figura do xeneral Humberto Delgado, unha figura previa Revolucin dos Caraveis, pero que foi “un dos primeiros opositores ao salazarismo”, lembrou Martnez. 

Unha semana de actividades

Este seminario insrese na I Semana de Direccin e Xestin Pública, que arrancou este luns coa constitucin da comisin, integrada por profesorado e alumnado, que se encargar de desear os actos que tern lugar ao longo do vindeiro curso, coincidindo co 25 aniversario da creacin da diplomatura que precedeu ao actual grao. Xa o martes, tivo lugar o acto que a facultade prevé dedicar cada curso a un persoeiro ou feito histrico do mbito da xestin e administracin pública, ao non contar cun “patrn” propio. Nesta ocasin, a figura escollida foi Martio de Dumio, o que permitiu afondar tamén no que supuxo desde o punto de vista administrativo o Reino Suevo, a través dunha conferencia do catedrtico de Historia no ensino secundario Anselmo Lpez Carreira e da presentacin dunha serie de paneis realizados polo alumnado de tres materias de primeiro curso, no marco dun proxecto de innovacin docente. Xa este xoves, esta actividade pecharase coas 貹岹ٳݱ, unha serie de actividades deportivas nas tomar parte profesorado e alumnado da facultade.