DUVI

Diario da 鶹

Aniversario fisitoterapia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 14/05/2026

No antigo hospicio de Pontevedra botaban a andar, no curso 1995/1996, os primeiros estudos e o primeiro centro do mbito de Ciencias da Saúde da 鶹. Fisioterapia iniciaba entn, coas primeiras clases da súa antiga diplomatura, unha traxectoria de 30 anos, que iniciou como escola universitaria, pasando a converterse en facultade no ano 2011. Tres décadas despois daquelas primeiras clases, a Facultade de Fisioterapia trazaba este xoves unpercorrido pola súa historia, nun acto conmemorativo do seu 30 aniversario, que contou coa participacin de varios dos seus directores, decanos e decanas ao longo desta etapa.

Presidido polo reitor, Manuel Reigosa, este acto institucional contou coas intervencins da decana, Mercedes Soto; o director territorial en Pontevedra da Consellera de Educacin, Ciencia, Universidades e FP, César Pérez; o subdirector de Humanizacin, Calidade e Atencin Cidadana da Consellera de Sanidade, Jorge Garca-Borregn, e o presidente do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapias de Espaa, Gustavo Paseiro. Tamén tomaron a palabra varias e varios dos docentes que se situaron fronte do centro ao longo da súa historia, como Ramn Fernndez, Manuel Gutiérrez, Gustavo Rodrguez e Eva Mara Lantarn, actual vicerreitora do campus. O acto completouse co descubrimento virtual da placa pola que a aula 4 da facultade pasa a ter o nome de Manuel Gutiérrez Nieto, quen foi director e decano entre 1997 e 2004 e entre 2007 e 2013.

De lembrar os primeiros pasos a mirar ao futuro

Completado coa actuacin do grupo de zanfonas da aula de música tradicional do campus e coa presentacin dunha ilustracin conmemorativa deste 30 aniversario, o acto abriuse coa intervencin de Ramn Fernndez, director comisario responsable da posta en marcha dunha diplomatura e dunha escola que iniciou a súa andaina no antigo hospicio, trasladndose meses despois Escola de Enxeara Forestal, onde permanecera ata a inauguracin do actual edificio en 2001.Fernndez Cervantes puxo en valor a colaboracin da Universidade da Corua na posta en marcha destes estudos, nun momento no que “o curso deba comezar en outubro e non dispuamos de profesorado, edificio, instalacins nin equipamento”. De feito, lembrou, as primeiras prazas de profesorado da rea de Fisioterapia resolvéronse semanas despois de que a diplomatura iniciase a súa actividade “nun patio cuberto por uralita do antigo hospicio”, para logo pr de relevo “a ilusin e colaboracin” de docentes, alumnado e institucin no impulso desta titulacin.

Tras José Mara Surez, o seguinte docente en situarse fronte da Direccin foi Manuel Gutiérrez Nieto, quen puxo en valor “todo o que conseguimos ao longo destes 30 anos, que foi labor dun traballo en equipo”, dirixido a “garantir as mis altas cotas de calidade”, xa que “iso vai repercutir na sociedade”. Ao mesmo tempo, salientou tamén o “moito significado” que tia para el o “recoecemento ao traballo realizado” que supn outorgarlle o seu nome a unha aula do centro. Na idea de traballo en equipo de todo o persoal da facultade incideron tamén Gustavo Rodrguez Fuentes, quen salientou a necesidade de “seguir dando pasos adiante para manter o nivel que conseguimos alcanzar nestes 30 anos”, e Eva Mara Lantarn, quen puxo de relevo “o labor de transferencia a nivel social da facultade”. Este percorrido pola historia dun centro, que tamén tivo fronte a Rafael Durn, completouse cun vdeo que lembraba aspectos como a adaptacin, no curso 2009/2010, ao Espazo Europeo de Educacin Superior, no que se implantaron os catro cursos do actual grao de xeito simultneo, nunha iniciativa pioneira en Espaa. Xa no curso 2022/2023 sumara a este grao o Mster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia e, no presente curso, o programa de doutoramento en Investigacin Sanitaria.

Como un camio marcado por “esforzo, aprendizaxe, erros e acertos e, sobre todo, polo compromiso coa sociedade", definiu a actual decana estes 30 anos de traxecetoria, nos que “medramos moito, fortalecemos a investigacin e abrimos s portas ao mundo, creando alianzas nacionais e internacionais”. Soto puxo de relevo o papel do estudantado, que cada curso “obrganos a mellorar e seguir avanzando” e o seu papel como profesionais “cunha maneira de traballar baseada no rigor, na empata, no coidado e no agarimo”. Ao mesmo tempo, salientou esta conmemoracin como “unha oportunidade para preguntarnos cara onde queremos ir”, pondo de relevo que a facultade debe responder “aos desafos que afrontamos como sociedade”, como o envellecemento poboacional, o aumento das enfermidades crnicas, a saúde mental ou a transformacin dixital da atencin sanitaria. “Queremos seguir avanzando nesa direccin, apostando pola innovacin, pola calidade e pola inclusin”.

Unha facultade que serve a Galicia

“Hoxe é un da non s de celebracin, senn tamén de agradecemento”, salientou o reitor nesta conmemoracin da traxectoria dunha facultade “que est servindo a Galicia, formando do mellor xeito aos fisioterapeutas galegos”. No seu derradeiro acto como reitor antes das eleccins deste venres, Reigosa definiu como un “éxito conxunto” estes 30 anos de traxectoria”, asentados nuns "alicerces moi fortes”, como uns egresados e egresadas "absolutamente capaces desde o punto de vista profesional" e un labor deI+D que “redunda en beneficio da vida das persoas”. Oreitor expresou tamén o seu desexo que de o actual centro non sexa “o edificio final da facultade” e que, nun futuro "estean xuntas" Fisioterapia e a futura Facultade de Enfermara, cuxa creacin agarda poida ser aprobada nos prximos meses. Nese senso, amosouse “moi esperanzado” de que a integracin da actual Escola Universitaria de Enfermara de Pontevedra na “facultade única” da 鶹 contribúa “ colaboracin entre os profesionais de Ciencias da Saúde” dos dous centros.

Previamente, Pérez Ares enxalzou os “trinta anos de compromiso coa saúde e co servizo público” deste centro, que Garca-Borregn cualificou como “un referente formativo e humano”. Nesa mesma lia, Paseiro salientou que as facultades de Fisioterapia da 鶹 e da UDC, “dúas das mellores” de Espaa, fixeron posible que Galicia pasase de ter 170 fisioterapeutas en 1990 a case 4000 na actualidade.

Mobilizacin en Belas Artes e eleccins Reitora

En declaracins aos medios de comunicacin antes do inicio do acto, Reigosa referiuse s mobilizacins convocadas polo alumnado de Belas Artes, subliando que “calquera denuncia que nos chegue” por supostos casos de acoso sexual “trtase con absoluta confidencialidade, por unha banda, e, por outra, con moito rigor”. O reitor recalcou que “somos absolutamente rigorosos cos procedementos, que, por suposto, estn baseados na presuncin de inocencia”, o que fai que “as investigacins correspondentes son sempre segredas”. Nese senso, rexeitou opinar sobre “un caso concreto” trasladado, explicou, no mes de abril, xa que se trata dun procedemento do que “estase anda recollendo informacin, e polo tanto non podemos dicir nada ao respecto”. Do mesmo xeito, Reigosa subliou que “temos protocolos, temos sistemas de funcionamento e non imos permitir que a Universidade non sexa un espazo seguro para as mulleres”.

No referido segunda volta das eleccins Reitora, Reigosa puxo en valor que a 鶹 vaia contar cunha reitora por primeira vez na súa historia. “Xa era tempo de que a 鶹 se sumase normalidade e se as mulleres son a metade da poboacin, deberan ser a metade das reitoras”, salientou o reitor, que sostivo tamén que a esta segunda rolda concorren dúas candidatas “moi preparadas”.