DUVI

Diario da 鶹

𲹲.21

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 08/09/2021

Por que xorde o desexo? Cal é a súa orixe? Como, cando e por que se desexa? Co fin de despexar estas dúbidas, a Biblioteca de Torrecedeira lanza unha nova sesin do seu proxecto 𲹲 cunha lectura para omesde setembro suxerida por Carlos Lloréns, estudante do Programa Universitario de Maiores da 鶹: Las arquitecturas del deseo. Una investigacin sobre los placeres del espritu, de José Antonio Marina.

O libro de Marina é o encargado de conclur a edicin 20-21 dunha iniciativa que arrancou en 2018 para estimular o uso adecuado dos servizos da Biblioteca Universitaria. A finalidade de 𲹲 é achegar a comunidade universitaria lectura, de xeito que cada dous meses lanzan a proposta dun libro, arredor do cal ofrecen libros complementarios, vdeos e diferentes informacins que o persoal da Biblioteca de Torrecedeira colga no seu .

O desexo, “un tema de gran transcendencia”

José Antonio Marina, doutor Honoris Causa pola Universitat Politècnica de València, é, segundo a biografa publicada na súa pxina web, “detective privado, especializado en casos de relevancia poltica, social ou ética”. Demostrando a súa faceta como investigador, no volume Las arquitecturas del deseo, Marina realiza unha reflexin sobre un dos elementos esenciais da personalidade humana e descobre que todas as persoas desexan aquelo que non posúen e atopan no consumo o único camio cara a consecucin dos desexos.

Carlos Lloréns, responsable da recensin de agosto e setembro, sinala que coa súa proposta pretende “sacar luz un tema de gran transcendencia” e sublia a frase que encabeza a pxina web do autor: “se tomamos decisins sen comprender o que pasa, aceptamos ser manipulados”. Sobre as súas motivacins para elixir o libro de Marina, o alumno do Programa de Maiores explica que a materia de Psicoloxa foi a que lle causou “verdadeiro impacto”, a que non o “deixou indiferente” ao seu paso polo programa. Na súa anlise, Lloréns establece unha comparacin entre a educacin da súa época e a da actualidade, subliando que hoxe as nenas e nenos estn “educados nunha inmediatez que Marina recoece como unha excesiva potencia do desexo que provoca pulsins irresistibles e bloquea os sistemas de control”.

Recomendacins de bibliogrfica psicolxica e filosfica

Nas recomendacins que ofrece a Biblioteca de Torrecedeira arredor do traballo de José Antonio Marina atpanse textos de carcter filosfico e psicolxico. As mesmo, incidindo no obxectivo de instrur no bo uso dos recursos bibliogrficos, as bibliotecarias e bibliotecarios aconsellan buscar no catlogo da biblioteca por temtica (desexo, necesidade) ou materia (filosofa, socioloxa), e engaden unha serie de recursos electrnicos útiles para a lectura da obra de Marina: a pxina web do autor, o recurso multidisciplinar ÍnDICEsCSIC e as bases de datos APA PsycINFo e Psychology Database.

Peche a un curso de lecturas variadas

O libro aconsellado por Lloréns pon fin a un curso no que o 𲹲 tivo que adaptarse s circunstancias sociosanitarias marcadas pola pandemia da covid-19, eliminando as exposicins que os membros da Biblioteca de Torrecedeira adoitan facer arredor das lecturas propostas. Malia estes cambios, a comunidade universitaria tivo a oportunidade de coecer obras con temticas tan variadas como os adiantos cientficos na Europa do século XVII, os contos tradicionais, a economa e a historia mundial ou o pensamento filosfico. As mesmo, a programacin contou coa participacin desinteresada do alumnado, coma no caso de Carlos Lloréns, pero tamén do persoal das bibliotecas e do profesorado da 鶹.