DUVI

Diario da 鶹

Na novena edicin do congreso internacional Fugas e Interferencias

A reflexin terica sobre a arte de accin reunir en Pontevedra e Santiago especialistas dunha decena de universidades

Desenvolverase na Casa das Camps e no CGAC entre o 31 de outubro e o 2 de novembro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 24/10/2024

A propia natureza da performance como unha arte ligada un momento e un público concreto, que non deixa unha obra de carcter permanente, fai tamén que a investigacin sobre esta disciplina poida xogar un papel clave no seu propio desenvolvemento. Coa idea de promover o estudo terico desta disciplina, o grupo de investigacin PE4 Imaxe e Contextos impulsaba hai preto dunha década Fugas e Interferencias, o único congreso académico centrado na performance de Espaa. Coa participacin de investigadores e investigadoras dunha decena de universidades de Espaa, Portugal, Estados Unidos, Grecia e Reino Unido, a sede da Vicerreitora do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contempornea (CGAC) acollern entre o 31 de outubro e o 2 de novembro a novena edicin deste congreso, que combinar a presentacin de estudos con conferencias e performances.

Dirixido polos investigadores Carlos Tejo e Marta Pol, a reunir en Pontevedra e Santiago de Compostela investigadores, docentes, artistas, comisarios e xestores culturais, nun foro no que o número de participantes, “lonxe de decrecer, aumenta ou se mantén”, sinala Tejo. Xunto a representantes de seis universidades espaolas, nesta edicin participarn tamén investigadoras e investigadores das universidades de Nova York, Surrey e Ionina e do Instituto Politécnico de Cvado e Ave de Barcelos. Nese senso, Pol pon de relevo que “o carcter internacional do congreso est presente desde o principio”, vez que incide no obxectivo a futuro de “aumentar a presenza estatal” e poder afondar na "incipiente investigacin nesta prctica e investigacin artstica". 

Co obxectivo de seguir ampliando o corpus terico sobre a arte de accin, o comité cientfico seleccionou as 17 comunicacins que se presentarn en seis mesas e que posteriormente se recollern nunha publicacin dixital. Esta articulacin do congreso en mesas temticas contribúe, como sublia Tejo, a afondar en “cuestins en común, que transitan arredor do xénero, da multidisciplinariedade da performance, da pedagoxa e dos territorios periféricos”, mais tamén acoller estudos que “abren os temas a outras cuestins de interese”. Nese senso, o profesor de Belas Artes salienta que as intervencins desta edicin permitirn achegarse a contextos xeogrficos concretos, como a performance en África, indagar “na influencia da intelixencia artificial” nesta arte ou explorar a relacin “que pode chegar a establecer co circo ou coa institucin musestica”.

Dúas sedes, tres das de actividade

Na tarde do xoves 31, a Casa das Camps acoller novamente o acto inaugural deste congreso, tras a que ter lugar a primeira mesa temtica, centrada nas conexins da performance con outras disciplinas. Ao seu remate, a actividade trasladarase a Belas Artes, onde podern verse as performances de Lista Corredoira e Leira Ramallo, estudantes da materia Proxectos de arte de accin.  

Á xornada seguinte, o congreso trasladarase ao CGAC, onde unha conferencia da xestora cultural Caterina Varela permitir facer balance das accins impulsadas desde 2017 en diferentes cidades galegas ao abeiro das Residencias Paraso, que coordina o Colectivo RPM. “No noso esforzo por darlle un espazo ao contexto local”, sinala Tejo, este relatorio permitir pr o foco na traxectoria dun dos poucos proxectos en Galicia "que apoian as artes vivas”. As mesmo, o venres tamén ter lugar a performance A morte e o clima, do artista galego Matas Daporta, do que Tejo destaca un achegamento arte de accin, “que se afasta dos trazos formais mis comúns para propoer un proxecto mis hbrido e aberto”, e que neste caso presentar unha reflexin sobre os problemas ambientais, coa participacin de Carmen Méndez e Alejandro Curiel. 

Xa o sbado 2, o congreso acoller unha conferencia do profesor da Universidad Complutense de Madrid Iaki Estella, que, como lembra Pol, “desenvolveu diferentes estudos sobre a performance en Espaa, atendendo especialmente ao seu particular contexto”. Ao longo destas dúas xornadas desenvolveranse tamén outras cinco mesas temticas, que porn o foco tanto na interaccin da arte de accin co contexto poltico, como na investigacin terica sobre performance ou sobre as publicacins centradas nesta disciplina. Esta última, lembra Pol, constitúe unha nova lia de anlise que Fugas e Interferencias incorpora nesta edicin. “Ao longo destas nove edicins, formulamos a necesidade de mostrar proxectos editoriais relacionados coa arte de accin”, sublia a investigadora e comisaria, que incide en que outro dos obxectivos deste eixe temtico é por de relevo “como o libro de artista pode ser un bo soporte, non s para documentar, senn tamén para performar”.