O campus acolleu unha xornada con este obxectivo
Proxectos e persoas para visibilizar o deporte inclusivo e feminino
A cita celebrouse na Facultade de Educacin e Traballo Social
A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores a celebracin da xornada A igualdade no deporte, na que se abordou a prctica deportiva en relacin coa inclusin e tamén coa muller. A cita contou coa presentacin de tres proxectos que xuntan estes tres eixes de actuacin, e que teen en común ser potenciados desde a comunidade universitaria, e co relato das súas experiencias e traxectorias por parte de varias deportistas semiprofesionais ou profesionais.
A xornada estivo organizada polo profesor do Departamento de Anlise e Intervencin Psicosocioeducativa da Facultade de Educacin e Traballo Social Milln Brea e contou con financiamento da Unidade de Igualdade da 鶹. Con ela deuse continuidade a outra celebrada antes da pandemia, en xuo de 2019, baixo o ttulo Visibilizacin en positivo! Rachando o teito de cristal dende o deporte. “A idea desta xornada é contribur a visibilizar o deporte feminino de alto nivel e tamén dar conta de proxectos de inclusin espectaculares, coordinados por mulleres, e que estn sendo potenciados desde a Universidade e na cidade de Ourense”, comentou o responsable da iniciativa.
Todas e todos iguais
A programacin arrancou pola ma coa exposicin de tres proxectos inclusivos e innovadores no deporte e que teen “a muller coma referente e motor”. Anxela Pérez, estudante do Grao en Educacin Social, explicou o proxecto Xogando a Todo, do que é coordinadora desde a Asociacin Universitaria de Ciencias da Educacin (AUCE). Trtase, apuntou, “dunha actividade inclusiva que facemos en colaboracin con ADO, Asociacin de Discapacidade de Ourense, e que consiste en que todos os xoves pola ma, durante unha hora e media, quedamos na Casa da Xuventude e facemos actividades cada mes dedicadas a un deporte diferente, un mes baloncesto, un mes fútbol sala, un mes voleibol, etc”. Nas sesins, comentou, membros de ADO e da Universidade realizan actividades conxuntas relacionadas co deporte protagonista cada mes. A actividade, recalcou, permite s e aos participantes “ver que todas e todos somos iguais e capaces e que non hai distincin entre un perfil ou outro de persoa” e camiar cara o soo da inclusin, de que “todas e todos teamos as mesmas posibilidades no futuro, que poidamos ser o que queiramos ser”. Xogando a Todo retomouse este ano despois do parn provocado pola pandemia e ter continuidade o vindeiro curso académico.
Tamén desde a Asociacin Universitaria de Ciencias da Educacin, premiada pola 鶹 pola súa actividade tanto no eido do deporte como da igualdade, presentouse a súa actividade de fomento do fútbol gaélico mixto. “Esta asociacin foi pioneira en fomentar este deporte mixto, buscando a inclusin para que todas as rapazas e rapaces puideran probalo”, comentou Milln Brea. Igualmente tamén se falou do quidditch, xogo ou deporte inspirado nas novelas de Harry Potter, que a asociacin quere retomar o vindeiro curso académico despois dunha experiencia desenvolvida en 2019. Por último, falouse na xornada do proxecto O Baloncesto Educa, unha iniciativa de intervencin destinada a reducir os conflitos entre familias nas gradas dos partidos de minibaloncesto. Para iso, apuntou o responsable da xornada, que tamén coordinou este proxecto, formouse a adestradoras e adestradores, familias e xogadoras e xogadores arredor de varios clubs de baloncesto galegos, maioritariamente femininos, afondando na xestin de conflitos.
En primeira persoa
Xa pola tarde, a xornada contou cun faladoiro sobre a situacin actual do deporte profesional feminino e sobre como rachar o teito de cristal. Nel estaba previsto que intervisen Aida Pérez e Clara Barrios, campioas de Espaa de voleibol de praia e estudantes; Noelia Cacheiro, xogadora e adestradora do Newcastle (Reino Unido) e alumna de doutoramento; Ana Rivera, xogadora profesional de fútbol sala internacional, que estudou ADE no campus de Ourense, e Judith Rodrguez, campioa de Espaa e da Copa do Mundo 2022 en esgrima adaptada e tamén estudante. “Pensamos que é bo que a xente, neste caso a comunidade universitaria, coeza persoas que poden estar estudando con elas pero que tamén fan deporte semiprofesional ou profesional, que ademais de ir a aulas estn viaxando para competir a un nivel moi alto”, sinalou o coordinador da iniciativa.
