DUVI

Diario da 鶹

Nun proxecto da Ctedra Feminismos 4.0 Depo-鶹

A profesora Soledad Torres desenvolve a primeira asistencia dixital con perspectiva de xénero no contexto galego

Despois de identificar os nesgos sexistas dos principais axentes conversacionais espaois

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • Igualdade
  • Աپ
Rebeca Lpez Villar DUVI 22/06/2021

Nun mundo cada vez mis dixitalizado, xa hai tempo que naceron os sistemas de asistencia, deseados para facilitar a experiencia virtual das usuarias e usuarios. Empregando intelixencia artificial, este tipo de software combina referencias histricas, datos de navegacin, preferencias e informacins variadas para simular conversas coas persoas que o empregan, solucionar as súas dúbidas e realizar tarefas diversas. Decatndose de que a maiora das voces dos asistentes son femininas, Soledad Torres, docente do Departamento do Sinal e Comunicacins da 鶹, analizou estes programas informticos utilizando a perspectiva de xénero e desenvolveu unha asistencia dixital feminista. 

O proxecto, titulado , enmrcase na Ctedra de Feminismos 4.0 Depo-鶹, que busca incrementar a presenza feminina nas reas STEM (ciencias, tecnoloxas, enxearas e matemticas) e eliminar os nesgos sexistas do mundo dixital. Xunto a Torres, participaron no estudo Iria Vzquez, profesora do Departamento de Socioloxa, Ciencia Poltica e da Administracin e Filosofa, e Mercedes Rodrguez, experta en asistentes dixitais e chatbots.

Os sistemas de recoecemento de voz en espaol e galego, a exame

Observando as respostas das principais asistentas dixitais (Siri, Alexa e Cortana) a enunciados como “You are hot!”, “Are you a woman?” ou “What are you wearing?”, as investigadoras comezaron a traballar nunha achega feminista no eido da asistencia dixital. Primeiramente, seleccionaron 11 asistentes presentes no marco xeogrfico espaol, entre os que se atopan Carol (Universidad Complutense de Madrid), Irene e Martn (Renfe), Siri (Amazon) e Google Assistant. 

Co fin de identificar os estereotipos de xénero e nesgos sexistas, as autoras do traballo elaboraron un cuestionario con 45 preguntas para os asistentes co que deduciron que “o aspecto e a linguaxe empregada polos asistentes reforza os estereotipos de xénero con imaxes hipersexualizadas, voces con marca de xénero, chistes con caractersticas sexistas e linguaxes non inclusivas”. Coa súa anlise puideron comprobar tamén que os asistentes “toleran o acoso e os comentarios sexuais e intimidatorios” e ademais amosan pouco interese pola igualdade de xénero e a diversidade sexual e afectiva, exceptuando Google Assistant, “que se declara feminista”. 

O resultado: unha asistencia cientfica e feminista

Fronte s carencias dos programas estudados, Soledad Torres, Iria Vzquez e Mercedes Rodrguez desenvolveron por primeira vez en Galicia unha asistencia dixital con perspectiva de xénero. Neste senso, as caractersticas do programa deseronse atendendo aos tipos de conversas, o trato e o uso de linguaxe non sexista. As mesmo, as creadoras decidiron engadir no seu proxecto informacin sobre contidos wikifeministas, de xeito que o sistema achega datos de mulleres destacadas no eido cientfico. 

No proceso de desenvolvemento desta asistencia, as investigadoras levaron a cabo unha anlise pormenorizada das plataformas existentes para decidir cal era a mis adecuada para facer un axente conversacional con perspectiva de xénero. Despois de estudar a natureza de 12 plataformas e servizos de integracin web, as autoras elixiron Actions on Google e Dialogflow. A asistenta proposta é unha muller cientfica inspirada na bioqumica Margarita Salas que, nas súas conversas coas usuarias e usuarios, visibiliza outras mulleres cientficas, achegando informacin verificada e empregando unha linguaxe non sexista. 

Como conclusin da investigacin, Torres sinala que este tipo de programas pode “reforzar estereotipos ou, deseados desde un enfoque igualitario, axudar a cambiar a realidade”, polo que cre necesario que empresas e administracins introduzan criterios de igualdade na avaliacin de asistentas dixitais.