DUVI

Diario da 鶹

No congreso internacional da Ctedra Unesco ‘Educacin Transformadora'

Preto de 500 especialistas de doce pases reivindican na 鶹 o poder da educacin para cambiar a sociedade

Con sede no campus de Pontevedra, combina o seguimento presencial e virtual

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 17/09/2025

Con preto de 500 inscritos e inscritas e coa mensaxe común que a educacin ten o poder para transformar a sociedade, botaba a andar este mércores no campus de Pontevedra o . Combinado a asistencia presencial de preto dun cento de investigadores e investigadoras e o seguimento virtual de arredor de 400 inscritos e inscritas de doce pases, trtase dun foro con cinco reas temticas, promovido pola Ctedra Unesco Educacin Transformadora, da 鶹. Sostibilidade social e ambiental, convivencia e resolucin de conflitos, equidade e non discriminacin, patrimonio material e inmaterial e benestar e saúde son os cinco eixes dun foro que reúne no seu programa 20 simposios, cinco conferencias plenarias, sete mesas de expertos, sete sesins aplicadas e a presentacin, nunha vintena de mesas, de mis de 120 comunicacins.

Coas catedrticas da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Francisca Faria e Margarita Pino como presidentas do seu comité organizador, este congreso internacional reúne entre este mércores e venres investigadoras e investigadores de Espaa, Portugal, Brasil, México, Guatemala, Cuba, Romana, Bélxica, Colombia, Arxentina, Alemaa e Estados Unidos. Promovido co apoio da Xunta de Galicia, Deputacin de Pontevedra, Concello de Pontevedra e Consello Social da 鶹, o congreso celebraba na ma deste mércores o seu acto inaugural na Escola de Enxeara Forestal.

“Se a educacin transformadora persegue xerar cambios nas persoas e na sociedade para mellorar o mundo, ogall este congreso nos faga reflexionar a todos e todas sobre o que podemos achegar a esta transformacin”, salientaba Faria neste acto de apertura. O congreso, lembrou, xorde do “compromiso asumido” coa concesin da Ctedra Unesco de organizar “un evento que promovera a participacin da comunidade universitaria e de profesionais de pases en vas de desenvolvemento", que contaron con matrcula gratuta. Nese senso, destacou que o número de inscritos e inscritas acadados “permtennos estar moi satisfeitos”.

Educar e comunicar que “un mundo mellor é posible”

No acto inaugural, o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, puxo de relevo o compromiso da institucin académica “coa construcin dun mundo mellor, que est ao alcance da man e do que ao mesmo tempo parece que nos estamos afastando”. O reitor lamentou que non se tiveran acadado “gran parte dos obxectivos do milenio”, que tras os avances en materia de igualdade chegase “unha vaga contraria” e que “todos os das vexamos en directo unha masacre que é un xenocidio con todas as letras”. A partr de a, puxo de relevo que, se ben a educacin “é unha ferramenta imprescindible para conseguir un mundo mellor”, con esta soa “non chega” e é preciso “levantar a voz e comunicar que un mundo mellor é posible”.

Previamente, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores, referiuse tamén “masacre dun pobo enteiro” que se est a perpetrar en Gaza, para logo recalcar que este “é un congreso necesario”. Este acto contou as mesmo coas intervencins do vicepresidente da Deputacin, Rafael Domnguez, quen incidiu na importancia de temticas “como a resolucin de conflitos, a non discriminacin ou a sostibilidade social e ambiental”;e do secretario xeral de Emprego e Emprendemento da Xunta, Pablo Fernndez, destacou a “transversalidade” deste evento. Previamente, a directora da EE Forestal, Ángeles Cancela, subliou que “vivimos nun contexto global atravesado por múltiples crises: climticas, sociais, tecnolxicas, polticas e éticas”, no que a educacin debe constitur “unha ferramenta de transformacin social” e no que a ciencia e a comunicacin “deben ser abordadas desde unha perspectiva crtica, ética e comprometida co ben común”.

Completado coa actuacin do Grupo de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, este acto inaugural contou tamén coa participacin de Mara Jesús Pino, coordinadora estatal da Rede de Escolas Unesco, da que forma parte da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde imparta unha conferencia na tarde deste martes. Pino destacou a “repercusin internacional” deste evento, mentres que o presidente do Consello Social da 鶹, Ernesto Pedrosa, salientaba a importancia deste foro hora de “profundar en materias que nos leven ao fortalecemento da cooperacin internacional entre investigadores, alumnado e organizacins comprometidas cunha educacin transformadora".

Mis de 30 sesins

A saúde e a educacin ambiental foron os eixes centrais da conferencia inaugural, impartida polo profesor da Universidad de Ciencias Médicas de Villa Clara (Cuba) Daniel Bulgado, tras a que daban inicio un conxunto de sesins que se desenvolven de xeito paralelo en cinco espazos da EE Forestal e das facultades de Ciencias da Educacin e do Deporte e Fisioterapia. Os mis de 30 simposios, mesas de expertos e sesins aplicadas que tern lugar nestas tres xornadas permitirn afondar en cuestins como a convivencia nos centros educativos, a innovacin docente, a cooperacin ao desenvolvemento, as implicacins da intelixencia artificial no mbito educativo, o benestar emocional na infancia e na adolescencia, o abandono escolar tempern ou a formacin parental. 

Xunto estas actividades, o congreso abrangue tamén unha serie de conferencias plenarias, nas que a organizacin buscou tanto un carcter transversal como “un equilibrio entre as reas” presentes nunha ctedra da que forman parte preto de 50 investigadores e investigadoras. As, na tarde deste mércores ter lugar un relatorio do decano da Facultade de Filoloxa e Traducin, José Montero Reguera, mentres que o catedrtico da 鶹 Jacobo Porteiro falar o xoves da educacin en sostibilidade nas ensinanzas de enxeara en Espaa. Nesa mesma xornada, a profesora da Benemérita Universidad Autnoma de Puebla (México) Luz Anyela Morales afondar na cultura de paz e na xustiza na educacin universitaria, mentres que o investigador da Universidad de Len Roberto Baelo impartir o venres a conferencia de clausura, centrada no uso educativo da intelixencia artificial xerativa. 

A programacin do congreso vese complementada súa vez polo concerto que o grupo Fascas da Pontraga ofrece este xoves no Teatro Principal, dentro do ciclo Música para reCREAr, as como por unha exposicin bibliogrfica sobre Pontevedra e educacin na Biblioteca Central do Campus.