DUVI

Diario da 鶹

A investigadora Anta Iglesias foi recoecida nos Premios Cmara de Comercio-Ence Innovacin Fores

Premian unha investigacin que transforma plantas invasoras en materiais e elementos artsticos

Inserida nunha tese desenvolvida no doutoramento do Campus Crea

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Premios
  • Աپ
DUVI Pontevedra 10/07/2024

Combinando os procesos artsticos coa enxeara qumica e forestal, a investigadora predoutoral Anta Iglesias traballou na transformacin de especies de plantas exticas e invasoras, presentes na ribeira do Umia, en papeis e tintas, para logo aplicar na creacin artstica tanto os materiais xerados como os propios procesos desenvolvidos para a súa obtencin. Esta investigacin interdisciplinar, que forma parte da súa tese de doutoramento no programa do Campus Crea, foi recoecida co galardn ao mellor traballo de posgrao na cuarta edicin do Premio Cmara de Comercio-Ence innovacin forestal. 

“É bastante emocionante que che dean un premio e mis nun mbito que non é o teu”, recoeca esta titulada en Belas Artes e investigadora do grupo dx5 (digital & graphic art research), tras recibir este galardn innovacin forestal, no acto celebrado na tarde deste mércores no Museo de Pontevedra. Promovidos pola Cmara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarca de Arousa, trtase duns galardns impulsados a través do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de Ence 2023 e dirixidos premiar as iniciativas empresariais e os traballos de investigacin mis destacados no eido forestal. 

Nesta segunda categora, Iglesias obtivo un premio dotado con 3000 euros polo seu proxecto Ecosistemas grficos. Una aproximacin a la potencialidad artstica del residuo vegetal extico-invasor, unha investigacin parte da tese que desenvolveu no doutoramento en Creatividade e Innovacin Social e Sostible, que promove estudos que combinen diferentes mbitos de coecemento representados no campus. Dirixida por Ann Heyvaert e Ángeles Cancela, docentes da Facultade de Belas Artes e da Escola de Enxeara Forestal, respectivamente, este proxecto centrouse no traballo con tres plantas que poden atoparse no ro Umia, ao seu paso por Ribadumia, Phytolacca americana, Arundo donax, Tradescantia fluminensis. “O proxecto aborda a problemtica das especies exticas invasoras e propn o reemprego da súa biomasa para a creacin artstica contempornea”, sinala Iglesias dun traballo que abrangueu tanto o estudo das “propiedades fsico-qumicas” destas plantas, como das “estéticas e comunicativas”.  

Materiais con aplicacins industriais e artsticas

A investigacin premiada, lembra Iglesias, céntrase “na innovacin na xestin dun residuo orgnico vexetal”, pero co obxectivo de “fabricar un material que poida ser susceptible de utilizarse no mbito artstico”. De feito, o seu estudo “demostra a viabilidade” de utilizar os residuos vexetais derivados da extraccin destas tres especies para producir papel e pigmentos laca, o que conecta directamente coa súa faceta como creadora, centrada en boa medida na obra grfica, “que tradicionalmente é papel e tinta”, lembra.

Non obstante, os traballos desenvolvidos nos laboratorios da EE Forestal levaron obtencin de materiais “adecuados tanto para aplicacins industriais como artsticas”, xa que obtivéronse papeis estandarizados e pigmentos que seran convertidos en tintas graxas aplicables na industria grfica. As mesmo, considerouse “a relevancia da integracin da fibra de determinadas especies”, especificamente a procedente da Tradescantia fluminensis e da Phytolacca americana, “con pasta comercial, en diferentes proporcins”, co obxectivo de coecer se estes residuos poderan empregarse tamén na industria. Os resultados obtidos, recolle o traballo premiado, “demostraron a idoneidade e posibilidade de realizar as mencionadas mesturas en portentaxes de entre 30%-70% e 50%-50%”.

Procesos cientficos levados obras

Esta investigacin levou tamén a Iglesias a afondar no “potencial pedagxico e artstico dos procesos cientficos e a súa capacidade para abordar cuestins ecolxicas complexas”. Deste xeito, alén dos materiais xerados, o propio traballo nos laboratorios motivou que esta artista e investigadora buscase tamén incorporar “os procesos linguaxes, ferramentas e resultados cientficos na creacin grfica expandida para explorar a súa dimensin artstica", o que súa vez permita articular “novas preguntas sobre a relacin entre humanos e natureza”.  

Deste xeito, desta investigacin xurdiron non s papel e tinta, senn proxectos artsticos como Estados intermedios – Estados residuales, recoecida en 2023 co premio Novos Valores do Museo de Pontevedra. Tratbase, como lembra Iglesias, dunha instalacin conformada por un conxunto de cpsulas lumnicas nas que se captura “un momento do proceso de secado do pigmento que extraa das especies coas que traballaba”. Mais recentemente, o proxecto do grupo dx5 O múltiple que ocupa o espazo permita ver no Pazo da Cultura unha instalacin de caixas de luz nas que a artista e investigadora faca uso do traballo con microscopa electrnica de barrido para presentar un conxunto de “imaxes da estrutura interna” tanto dos papeis como das tintas desenvolvidas.

Unha exposicin como peche 

A investigacin premiada forma parte da tese que defender este venres 12 na Fundacin RAC, onde s 19.30 horas inaugúrase Un bosque de malas hierbas, a mostra na que Iglesias reúne tanto estas como outra serie de pezas desenvolvidas no marco do proxecto. “A exposicin é un resultado mis da tese”, recoece esta artista dunha mostra que poder visitarse ata o 20 de xullo e na que presentar tamén un conxunto de obras inéditas e un mostrario de materiais, co obxectivo de que nela se vexan reflectidas as “dúas partes” do proxecto, explica, “tanto a de laboratorio como a de taller”.