DUVI

Diario da 鶹

Houbo lecturas dos seus poemas e unha competicin poética para novos valores

A poesa protagoniza a homenaxe a Xela Arias da Facultade de Filoloxa e Traducin

Contouse coa participacin de Tamara Andrés, Anxo Angueira, Blanca Trigo, Gonzala Navaza, Nuria Gil

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
D. Besado DUVI 13/05/2021

As homenaxes a Xela Arias multiplcanse estes das por toda a xeografa galega, tamén na Universidade, onde coincidiron en horario a celebracin do acto institucional do Da das Letras Galegas, que nesta ocasin se celebrou no campus de Ourense, co Certame Letras Galegas 2021, organizado desde a Facultade de Filoloxa e Traducin en homenaxe a autora de Sarria, poeta, editora, mestra... e, sobre todo, referente de toda unha época.

Foi unha celebracin sentida e vivida dende o mundo da poesa. Concibida a modo de certame poético, o acto iniciouse coa intervencin da profesora do Departamento de Filoloxa Galega e Latina Alba Aguete e das alumnas Alba Zels e Mara Bar, da Delegacin de Alumnado, principais impulsoras desta actividade. “Penso que non hai mellor homenaxe a Xela que a que se fai dende a propia creacin poética e desde o acto mesmo de verbalizar a poesa”, recalcou Aguete, que puxo tamén voz a un desexo común que se palpaba na sala: “que este certame sexa s a semente facunda dunha tradicin”. A estas palabras sumouse Zels, que quixo tamén referirse importancia de impulsar actividades culturais en lingua galega “e darlle visibilidade a creacin das mulleres escritoras da Galiza”.

Forte implicacin do alumnado

Tras esta toma de contacto, foron as propias alumnas e alumnos da facultade os que se encargaron de pr voz aos poemas de Xela. Elixiron tres textos: o poema dz貹, do libro Tigres como cabalos, obra que rachou na súa época por ensamblar poesa e fotografa, especialmente de nus; A unidade componse, de Գٱ𳾱édz, o seu derradeiro libro publicada en Vida; e un artigo sobre poesa publicado no Faro de Vigo o 10 de maio de 1984. E, despois destas lecturas, chegou a voz da propia Xela a través dun audio cedido pola Fundacin Rosala, no que a poeta la os versos que lle dedicou a Rosala na obra colaborativa Daquelas que cantan.

Rematadas as lecturas entrouse de cheo na competicin poética, unha actividade promovida pola Delegacin de Alumnado do centro coa colaboracin do Departamento de Filoloxa Galega e Latina. “As competicins poéticas, Slam Poetry, son un formato de recitado de poesa que est bastante en auxe na actualidade e que se celebra en diferentes puntos de todo o mundo”, explica Alba Aguete. Neste caso participaron preto dunha ducia de persoas, estudantes da facultade para os que moitos deles esta foi a súa primeira experiencia de recitar en publico.

O acto contou ademais coa participacin, como poetas convidados, dos profesores Anxo Angueira e Gonzalo Navaza, e de nomes tan representativos das novas xeracins de creadoras como Tamara Andrés e Branca Trigo, as como das viguesas Nuria Vil e Vanessa Glemsel, autoras de Dúas gamberras e un micro, un proxecto ‘rebelde’ co que levar a poesa a aqueles lugares nos que normalmente non est presente.

O acto rematou coa entrega de premios da competicin poética, doados pola Área de Normalizacin Lingüstica, e que consistan na edicin especial de Գٱ𳾱édz, que contén xunto co libro un CD da propia Xela Arias recitando os seus poemas