DUVI

Diario da 鶹

Foi elixido este xoves novo decano por 26 votos a favor, 14 en contra, 1 branco e 1 nulo

Pablo Grande Seara toma o relevo de Francisco Torres fronte da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo

Exercer o cargo ata 2031 cun equipo que combina a continuidade con novas incorporacins

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Democracia
  • Institucional
D. Besado DUVI 12/02/2026

A Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo elixiu este xoves ao profesor Pablo Grande Seara como novo decano, en substitucin de Francisco José Torres Pérez, que exerca o cargo desde novembro de 2019, os últimos meses como decano en funcins, tras producirse unha primeira convocatoria de eleccins o pasado outono que non se presentara ningunha candidatura. Finalmente, as eleccins celebrronse este xoves con Grande Seara como único candidato, sendo elixido en Xunta de Facultade por 26 votos a favor, 14 en contra, 3 votos en branco e un voto nulo.

Membro do Grupo de Dereito Procesual e cunha dilatada traxectoria en postos de xestin, Grande Seara estar acompaado na direccin da facultade polas profesoras Mara Antonia Arias Martnez, como vicedena de Dereito, e Belén Fernndez Docampo, como vicedecana de Relacins Laborais e Recursos Humanos; xunto con Emma Rodrguez Rodrguez como vicedecana de Posgrao e Formacin Continúa; Paula Martnez Molares, como vicedecana de Calidade e Accin Titorial, e Pablo Riquelme Vzquez, como secretario. “Pablo Riquelme, Antonia Arias e Belén Fernndez, xa formaban parte do actual equipo decanal, ocupando os mesmos cargos, polo que xa teen unha ampla experiencia”, explicou o xa novo decano.

“Foron varios os factores que me animaron a dar este paso”

Se ben nun primeiro momento non entraba nos seus plans inmediatos presentarse s eleccins a decano, foron varios os motivos que o animaron a afrontar este reto. No mes de maio rematara mandato como director do Departamento de Dereito Público e a súa intencin era aparcar un pouco a faceta da xestin para poder dedicarlle mis tempo e atencin docencia e investigacin, pero foron moitas as persoas que o animaron a facelo, o que unido aos nimos e apoios amosados por moitos destes compaeiros/as para que dese ese paso e, “sobre todo, a dispoibilidade das persoas que conforman o equipo a acompaarme nesta tarefa”, foi o que determinou a súa decisin de presentarse s eleccins.

“Como digo, foron varios os factores que me animaron a dar este paso, pero o decisivo foi este último, contar cun equipo de persoas da mxima solvencia académica e xestora que estivesen dispostas a acompaarme neste proxecto, algo que, por suposto, lles quero agradecer públicamente”, subliou o docente, actual coordinador do Mster en Avogaca e Procuradora en Vigo e Pontevedra e secretario do Programa de Doutoramento en Xestin e Resolucin de Conflictos, quen tamén exercera xa como secretario (de 2004 a 2008) e vicedecano do centro (ata 2010, sendo decano Fernando Lorenzo Merino).

Programa “ambicioso”, con propostas a corto, medio e longo prazo

Posto que coa LOSU os cargos académicos coma o de decano/a teen unha duracin de seis anos, exercer como tal ata 2031, polo que conta cun programa “ambicioso, pero penso que realista, que inclúe propostas a corto, medio e longo prazo”. Tal e como explicou na Xunta de Facultade, o programa estrutúrase en seis eixes: Calidade académica (en docencia, investigacin e transferencia do coecemento); comunidade universitaria (alumnado, PDI e PTXAS); modelo de xestin participativa e transparente; recursos materiais e infraestruturas; proxeccin institucional e social, e internacionalizacin.

“De todos eles, pensamos que o principal é o primeiro, co obxectivo de tender excelencia académica, garantindo a calidade da docencia, da investigacin e da transferencia do coecemento que se desenvolve na nosa facultade, posto que é a razn de ser da Universidade”, apuntou Grande Seara. Desde o seu punto de vista, a calidade académica debe ser o eixo vertebrador da facultade, pero isto debe facerse sen descoidar a atencin comunidade universitaria e, en particular, ao estudantado, “que debe sentir a facultade coma un espazo de aprendizaxe, pero tamén de participacin, acompaamento e pertenza, que lle garanta unha formacin slida, e orientada ao desenvolvemento profesional e persoal, mediante unha docencia esixente pero xusta e ben organizada, unha atencin prxima e unha participacin activa na vida universitaria”.

Sen descoidar a proxeccin institucional e internacional

Para o novo equipo decanal, os demais eixos, anda que poderan entenderse que estn nun segundo nivel, non deixan de ser importantes porque constitúen os medios esenciais para posibilitar a consecucin dos dous primeiros. “Unha xestin participativa, transparente e corresponsable permite aproveitar o talento colectivo, para tomar as decisins mis acertadas e implementar as melloras necesarias”. Con respecto calidade académica (docente e investigadora) consideran que tamén depende en boa medida dos recursos materiais, de contar con espazos axeitados, recursos suficientes e actualizados e contornas de traballo dignas e funcionais.

Tentarn non descoidar tampouco a proxeccin institucional e social do centro, a súa conexin coas institucins, os axentes sociais e o tecido produtivo para consolidarse coma un referente académico, investigador e profesional que ten un impacto social na súa contorna. “E, finalmente, ninguén pode negar a importancia da internacionalizacin”, recalcou o novo decano, ao tempo que fixo fincapé en que nun contexto académico e profesional crecentemente globalizado, a presenza internacional é unha va esencial para mellorar a formacin do estudantado e potenciar a excelencia investigadora. “De a a importancia de apostar pola mobilidade e cooperacin académica con universidades e centros de investigacin de prestixio, a atraccin de talento e o fortalecemento de redes internacionais de docencia e investigacin”.