Na xornada promovida, xunto con Agapi, na Facultade de Comunicacin
Os Premios Feroz achegan ao campus unha panormica da producin independente galega
En xaneiro de 2026, Pontevedra acoller por segundo ano consecutivo a gala de entrega dos Premios Feroz, que se ve precedida nestes meses por un programa de actividades que novamente ten entre as súas sedes Facultade de Comunicacin. A primeira delas, a xornada formativa promovida este martes neste centro do campus pola Asociacin Galega de Produtoras Independentes (Agapi), en colaboracin co Concello, a facultade e a Asociacin de Informadores Cinematogrficos de Espaa (AICE), promotora destes premios. Dirixida a achegar o alumnado tanto o labor das produtoras e produtores como a xerar un debate sobre o estado do sector, este evento comprendeu tres coloquios moderados pola xerente de Agapi, Uxa Caride.
O primeiro deles, Produtoras da provincia de Pontevedra e camio internacional, reuniu Mercedes G. Nieto e Mnica Hidalgo, de M International Audiovisual; Daniel Froiz, de Matriuska, e Diego R. Aballe, de Coven Films. A segunda mesa, centrada nas rodaxes na provincia, permitiu afondar no traballo desenvolvido para as longametraxes As lias descontinuas, de Anxos Fazns, e As chegou a noite, de Ángel Santos, da man dos seus produtores, Silvia Fuentes, de Sétima, e Alfonso Zarauza, de Maruxia Films. Por último, a xornada pechouse co coloquio Mulleres que contan, no que participaron Alba Gallego, de Kraken Media; Beli Martnez, de Flmika Galaica, e Nati Juncal, de Csmica Producins.
