DUVI

Diario da 鶹

Premiadas das tres categoras debullan no Duvi as súas propostas galardoadas

Os Premios Egeria distinguen traballos que apostan por unha visin crtica e de xénero da historia e da sociedade

Abordan temas como o patrimonio arqueolxico, a violencia obstétrica ou a profesin das lavandeiras

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • HR
  • Igualdade
  • Աپ
  • Institucional
DUVI 14/01/2025

Os Premios Egeria levan dende 2014 apoiando a inclusin da perspectiva de xénero e/ou feminista nos traballos fin de grao, fin de mestrado e teses de doutoramento na 鶹. A última edicin, correspondente ao curso 2023/2024, recoeceu os traballos de oito mozas investigadoras, entre elas Andrea Mourio, Laura Otero e Xoana Abraira, que obtiveron as mellores puntuacins en cada unha das tres categoras, e que debullan no Duvi os seus traballos e as súas sensacins tras saberse gaadoras.

Unha visin de xénero da prehistoria

Na categora de mellor tese de doutoramento con perspectiva de xénero foron premiadas dúas investigadoras, Andrea Mourio e Almudena Otegi, sendo a primeira a que acadou mellor puntuacin por unha traballo sobre a difusin do patrimonio arqueolxico no noroeste peninsular dende a perspectiva de xénero.
Mourio explica que recibir este galardn é “unha honra inmensa e, ao mesmo tempo, unha gran responsabilidade, onde o activismo est implcito”. Estende o recoecemento ao “esforzo colectivo de compaeiras que, antes ca min, loitaron por integrar as perspectivas feministas na arqueoloxa a diferentes niveis” e s persoas que a acompaaron ao longo deste camio, “especialmente mia directora de tese e compaeira, Beatriz Comendador”.

A investigadora valora “moi positivamente” a existencia de certames coma este, “fundamentais para recoecer e promover a integracin da perspectiva de xénero na investigacin” e para poer sobre a mesa a necesidade de “cuestionar os nesgos e desigualdades que a miúdo permanecen invisibles no coecemento cientfico e no noso da a da”. Ademais, sublia o seu efecto multiplicador, xa que “inspiran a futuras xeracins” a incorporar “enfoques mis inclusivos nos seus traballos e romper barreiras estruturais que anda existen na academia”.

Na súa tese, Mourio analiza como se constrúen as narrativas sobre un pasado concreto, o prehistrico, no noroeste peninsular, cunha atencin especial ao contexto galego, dende unha perspectiva de xénero. “Examino que se conta e como sobre a Prehistoria en espazos patrimoniais, como museos e centros de interpretacin, as como nas aulas, especialmente nos libros de texto e manuais universitarios, para avaliar como se integra e representa a dimensin de xénero”. Como ela mesma explica, a súa intencin non era avaliar o grao de precisin histrica dos discursos, “senn comprender como se articulan, que imaxe ofrecen do pasado prehistrico e como representan (ou omiten) o xénero, tanto a nivel textual como visual”. As conclusins que obtivo amosan que, con poucas excepcins, “predomina unha visin androcéntrica da Prehistoria. Esta énfase recae en temas como a destrucin, a violencia e o poder, centrados na figura do guerreiro, mentres que aspectos fundamentais como os coidados, o mantemento e a socializacin, esenciais para a supervivencia humana (tanto no passado coma no presente) permanecen nun segundo plano. No contexto galego, os discursos adoitan destacar tpicos como o progreso tecnolxico, o control do territorio ou a arte rupestre, nos cales a dimensin de xénero est infrarrepresentada. A miúdo, a súa inclusin limtase a engadir figuras femininas como elementos secundarios ou ilustrativos, relegndoas aos marxes do relato”.

Ante esta situacin, ao final da tese Andrea Mourio propn unha serie de pautas para revisar e reformular estas narrativas dende unha perspectiva de xénero, a modo de gua, co obxectivo “non s revisar o relato senn tamén subvertelo, rompendo cos estereotipos e construndo novos imaxinarios sociais que desnaturalicen as desigualdades de xénero”.

Cambiar dinmicas para facer fronte violencia obstétrica e neonatal

Laura Otero foi a única galardoada na categora Traballo fin de Mestrado por un proxecto sobre a asociacin Loita, que traballa na mellora das condicins na atencin sanitaria das infancias e persoas xestantes. Recoece que para ela foi “unha linda sorpresa” obter esta distincin, que valora especialmente porque contribúe a poer o foco nun problema como o da violencia obstétrica e neonatal “que est sumamente naturalizado e invisibilizado”. Destaca que “cando traballas co propsito de concienciar sobre un tema tan difcil é fcil frustrarte, tes que entender que se trata de abrir conversas e plantar sementes, algunhas agroman e outras non. A Universidade é un terreo moi amable e fértil e agradezo que esta semente brotase”.

O seu TFM, co que pechou a súa formacin no Mestrado en Direccin de Arte en Publicidade, céntrase na identidade de marca e proposta de comunicacin para este colectivo que, recoece, “espertoume moitsima admiracin”. Formado por mulleres pontevedresas, Loita céntrase en recoller testemuas de familias de toda Galicia e reúnense coas autoridades para revisar os protocolos e avanzar cara un modelo de atencin mis respectuoso. Otero investigou sobre “os estereotipos mediticos do parto e a ma/paternidade e como estes inflúen no modelo de atencin sanitaria” e explica que “est comprobado que as representacins na ficcin e a publicidade moldean a nosa percepcin destas experiencias, condicionan o que sabemos ou cremos saber sobre parir e nacer, sobre as nosas necesidades biolxicas e psicolxicas e sobre os nosos dereitos e isto afecta, por exemplo, s nosas decisin de como e onde parir ou atender aos nosos fillos e fillas”. Co seu traballo trata de contribur a mudar este contexto, porque como ela mesma indica, “é moi difcil cambiar esas realidades en tanto as e os profesionais da comunicacin non entendamos a parte que nos toca”.

Unha reivindicacin do oficio de lavandeira

Xoana Abraira, egresada de Belas Artes, recibiu un dos dous premios Egeria na modalidade traballo fin de grao (o outro foi para Anta Juiz), por un proxecto sobre o oficio de lavandeira a través das artes plsticas. Ter acadado este galardn é, como ela mesma recoece, un fito “moi significativo posto que supn o recoecemento dun proxecto co que xa establecn unha forte vinculacin”. Ademais, engade, “resúltame anda mis valioso tendo en conta o motivo do premio, que neste caso manifesta a importancia de introducir cuestins como a perspectiva de xénero dentro de traballos académicos. Penso que estes son aspectos que deberan de manterse presentes e poerse en valor”.

O seu TFG, O oficio de lavar: unha cartografa sensible, configura “un achegamento ao oficio de lavandeira e ao labor de lavar a roupa, a través dunha relectura dos relatos sociais vixentes no noso territorio”. Emprega como punto central a posta en valor do traballo feminino, “comunmente relegado ao espazo do doméstico e dos coidados, e plantexa a necesidade de coecer aquela parte da historia que debido ao xénero das súas protagonistas foi progresivamente quedando no esquecemento”. Deste xeito, Abraira emprega as artes plsticas para investigar “arredor da historia colectiva e individual”, achegndose ao arquivo a través do mapa e das fotografas antigas e adquirindo especial presencia no proxecto os tecidos, “debido súa conexin directa co traballo de lavandeira”.

Outros tres galardns ata esgotar o orzamento

A obtencin destes galardns supn para as premiadas unha achega de 1000 euros no caso das teses, 600 euros para os TFM e 500 euros para os TFG. Con todo, e dado que non se outorgaron todos os premios convocados en cada unha das categoras, o xurado decidiu esgotar o orzamento concedendo outros tres galardns a Iria Seijas, Tamara Amorn e Daniela Barria, no tres casos polas súas teses de doutoramento.

Todas as premiadas recibirn os seus galardns o vindeiro da 28 de xaneiro no acto institucional de celebracin do patrn da Universidade, San Tomé.