DUVI

Diario da 鶹

Concedéronse premios nas modalidades audiovisual, fotografa, pintura e maquetas de música

Os Concursos de Creacin Artstica volven sacar luz o talento creativo do alumnado da 鶹

Repartronse preto de 8000 euros entre as trece propostas gaadoras

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Premios
  • Cultura
D. Besado DUVI 22/12/2022

Creacin audiovisual, fotografa, pintura e maquetas de música. O talento do alumnado volve, un ano mis, sar luz coa entrega dos premios dos Concursos de Creacin Artstica da 鶹, galardns cos que a institucin quere amosar o seu compromiso coa innovacin, a promocin, a difusin cultural e o apoio ao talento da comunidade universitaria. Nesta edicin repartronse mis de 7000 euros entre as trece propostas gaadoras e, como vén sendo habitual, o concurso con mis seguidores segue a ser o de fotografa, se ben o aumento do nivel de participacin foi xeral en todas as categoras, recuperndose as as cifras prepandemia.

Múltiples premios de creacin audiovisual

O premio que ten detrs o traballo conxunto dun maior número de persoas é o da modalidade Curta Narrativa, convocado dentro do XIX Premio de Creacin Audiovisual. Son un equipo de dez alumnas e alumnos do Grao en Comunicacin Audiovisual, autores da curtametraxe Carlos foi vivir ao mar, un traballo “co que levar prctica coecementos, inquedanzas e sensibilidades comúns”, tal e como recalca Fernando Areal, director e responsable creativo da curtametraxe. Rodada integramente na localidade pontevedresa de A Guarda e co actor Fran Lareu, recoecido polo seu paso pola serie Faria como protagonista, “a historia moldéase a partir da idea dun home que opta polo autoillamento nun momento complicado”, empregando para plasmar esta idea a súa imaxe cavando buracos no xardn coma metfora visual da súa autodestrucin.

“A intencin do equipo artstico detrs desta peza é a de trascender ao exercicio audiovisual para acadar una obra de valor cultural, que represente e enriqueza o patrimonio cinematogrfico orixinario de Galicia ao mesmo tempo que bebe del, xa que as temticas, a posta en escena e o ton da curtametraxe estn influenciados pola producin de filmes que ten lugar, nos últimos anos, na nosa contorna”, explica o director. “Todas as persoas que formamos parte do proxecto temos idades entre os 21 e os 27 anos, e atopmonos nun perodo de formacin, exploracin e toma de conciencia do medio audiovisual”, engade Areal. “Esta é unha curta cunha mirada cara dentro, cara o propio: as nosas historias, os espazos naturais e as manifestacins artsticas que nos son mis prximas”.

Nesta mesma modalidade, Curta Narrativa, o 2º premio foi para Dentro de m, de Susana Gmez. No caso da modalidade de Non ficcin o primeiro premio foi para My Truth, un traballo presentado tamén por un equipo composto por media ducia de estudantes e, en Vdeo Experimental premironse os traballos de Andrea Núez, autora de Incandescencias -1º premio- e Iria Vzquez, creadora de Interludio -2º premio-. Nesta ocasin quedou deserta a modalidade de Ծ e tamén o 2º premio da categora de Non Ficcin. Cada traballo gaador recibiu un galardn de 700 euros, 400 no caso dos segundos premios.

O premio de pintura, inspirado no surrealismo de Max Ernst

No XIX Premio de Pintura convocbase un único galardn dotado, neste caso, con 1600 euros. O traballo elixido foi a obra 17.92 Somos los amos del mundo, do artista Miguel Teixeira Lamoso, egresado do Grao en Belas Artes e estudante do Mster en Valoracin, Xestin e Proteccin do Patrimonio Cultural. “Este traballo forma parte dunha serie de collages creados para o meu Traballo Fin de Grao e neles afndase no mundo do subconsciente, empregando o azar, o proceso e as ideas que van aflorando e xerando unha obra de forma procesual e cuxo resultado final se trata dunha imaxe que une todo iso e que o espectador interpretar”, sublia o autor. Como principal referente tomou a obra de Max Ernst, un dos mximos representantes do movemento dad e o surrealismo, debido, sobre todo, a que lle interesaba a maneira en que este artista integraba formas de distinta natureza, as como a propia utilizacin que faca do collage.

Este é para Teixeira o primeiro premio que gaa e, ademais da dotacin econmica, que lle axudar a “seguir debuxando e ampliando a mia obra”, supn tamén para el a satisfaccin de que o xurado se fixase e interesase polo seu traballo.

Cinco fotografas con premio

A afeccin pola fotografa est presente nunha ampla porcentaxe da poboacin e isto tamén se fai ver no número de traballos que se presentan a estes premios, moito mis amplo que no resto dos concursos. No caso da modalidade de Fotografa Única o primeiro premio foi para Fento do Ho, presentado por Esperanza Broulln, estudante de doutoramento no Grupo de Oceanografa Biolxica do Centro de Investigacin Maria, CIM-鶹. “Esta é a primeira vez que gao un premio de fotografa e tamén a primeira vez que me presento”, salienta a investigadora, ao tempo que admite que nunca pensara en levar o seu hobby pola fotografa ms al da súa vida privada. “A primavera pasada tomei esa foto cerca da mia casa, xa que me gusta moito sar soa, coa mia cmara, a dar paseos pola natureza. Pareceume que era moi bonita e cando vin o anuncio do concurso nas listas de correo da 鶹, decidn presentala”.

Na modalidade de Fotografa Serie o primeiro premio foi para Aldara Vzquez, por Ausentes, e o segundo premio para Forranchadas de Rubén Mascato, se ben o xurado decidiu tamén conceder un accésit –co mesmo valor que o 2º premio- a Po e os meus pés descalzos, de Andrea Mosquera, “dada a calidade desta proposta no eido da fotografa performativa, pola sutileza e elegancia das formas e a suxestin do relato”. No caso de Fotografa Única o 2º premio foi para Mara Lpez por 󲹲. Repartronse en total 2100 euros -900 para cada un dos primeiros premios e 600 para os segundos-.

Besta e Cantigas de Amor, nos Premios de Maquetas de música

No caso do XIX Premio de maquetas de música o xurado fixo referencia ao elevado nivel acadado nesta edicin. Finalmente elixiron como traballo gaador, con 850 euros, Besta, do grupo Bicho, representado por Sara Martnez e, como segundo premio, con 450 euros, a Cantigas de amor, do grupo Dalsi, da man de Antn Álvarez.