DUVI

Diario da 鶹

Feitos por Sofa Mara Daz, Anxo Castro e Miriam Pérez

A Facultade de Ciencias premia os mellores traballos fin de grao no eido alimentario, agrario e ambiental

Céntranse no perfil aromtico do vio e o reaproveitamento das especies invasoras mimosa e paulownia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Premios
  • Estudantes
DUVI Ourense 15/06/2026

Cada curso académico, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, coincidindo co seu acto de graduacin, premia os mellores traballos fin de grao (TFG) feitos nas súas titulacins de Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos, Enxeara Agraria e Ciencias Ambientais. Este ano, os galardns recaen en estudos sobre o impacto do tipo de peche sobre o perfil aromtico do vio Godello durante o almacenamento; a avaliacin de reas invadidas por mimosas como potenciais sumidoiros de mercurio; e a combinacin de microondas e disolventes eutécticos para a producin de qumicos de plataforma a partir da madeira de paulownia. Con esta iniciativa, o centro quere cada ano pr en valor o esforzo feito polo estudantado na realizacin destes traballos, algúns deles desenvolvidos no marco de proxectos de diferentes grupos de investigacin, e cos que culminan a súa etapa de formacin de grao. 

O Premio Sonia Garca Falcn ao Mellor TFG en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos foi para o estudo titulado Impacto do tipo de peche sobre o perfil aromtico do vio Godello durante o almacenamento, realizado pola graduada Sofa Mara Daz baixo a direccin da profesora Elena Falqué. Nel aborda “os diferentes sistemas de peche (cortiza natural, cortiza aglomerado e tapn sintético) que inflúen na evolucin do aroma dun vio Godello ao longo do tempo”. No traballo analizou os principais compostos aromticos mediante técnicas instrumentais e realizou unha avaliacin sensorial con catadores especializados. “Os resultados amosaron que a cortiza natural permite conservar mellor a complexidade aromtica do vio, mantendo notas florais e afroitadas de maior calidade”, afirma a galardoada. O seu traballo, sinala, “achega informacin útil para o sector vitivincola hora de escoller o tipo de peche mis adecuado segundo as caractersticas e a evolucin desexada do vio”.

Especies invasoras

O Premio Ilustre Colexio Oficial de Enxeeiros Técnicos Agrcolas ao Mellor TFG en Enxeara Agraria foi para o traballo titulado Avaliacin de reas invadidas por Acacia dealbata como potenciais sumidoiros de Hg, do graduado Anxo Castro e dirixido polas profesoras do centro Mara Flora Alonso e Andrea Parente. Neste caso analizou o papel das reas invadidas por Acacia dealbata, coecida popularmente como mimosa, no ciclo do mercurio atmosférico en Galicia. “Partindo dun contexto marcado polo abandono de antigas superficies agrarias, a expansin de especies exticas invasoras e a elevada recorrencia dos incendios forestais, o estudo aborda unha cuestin ambiental de interese para a xestin do territorio: ata que punto a alta producin de biomasa destas formacins pode favorecer a captacin e retencin temporal de Hg, e que risco supn a súa posible reemisin durante un incendio”, sinala o galardoado. Neste marco de trabalo, avaliou cinco parcelas do sur de Galicia, separando a biomasa aérea por fraccins segundo o grosor e o estado vexetativo, e analizando tamén os horizontes orgnicos superficiais do solo, por seren os mis expostos combustin.

Os resultados, sinala Anxo Castro, “indican que Acacia dealbata pode actuar como un sumidoiro temporal de mercurio atmosférico, especialmente a través das follas e das fraccins mis finas da biomasa, nas que se rexistraron as maiores concentracins e unha contribucin relevante ao reservorio total”. Ao mesmo tempo, engade, o traballo amosa “que a acumulacin non depende s da concentracin do metal nos tecidos, senn tamén da cantidade de biomasa dispoible, do desenvolvemento das masas vexetais e da transferencia progresiva cara ao solo”. Esta dobre condicin, capacidade de retencin e vulnerabilidade fronte ao lume, afirma o egresado da 鶹, “sitúa estas reas invadidas como espazos de interese para integrar coecementos sobre solo, vexetacin e xestin agroforestal, contribundo a unha mellor planificacin das actuacins sobre especies invasoras e prevencin de riscos ambientais asociados aos incendios en Galicia”.

En terceiro lugar, o Premio Julia Franco ao Mellor TFG en Ciencias Ambientais recaeu no estudo titulado Combinacin de microondas e disolventes eutécticos para a producin de qumicos de plataforma a partir da madeira de paulownia, que foi realizado e defendido pola graduada Miriam Pérez baixo a direccin dos profesores da Facultade de Ciencias Pablo Garca e Fernando Rodrguez. O traballo, indica a súa autora, “estudou unha estratexia sostible para transformar madeira de paulownia (unha rbore de rpido crecemento) en 5-hidroximetilfurfural (HMF), un qumico de plataforma de alto interese, xa que é a base para obter outros combustibles, plsticos ou disolventes”. Para isto, sinala, a celulosa da madeira da paulownia someteuse a tratamentos enzimticos e con disolventes eutécticos profundos asistidos por microondas para a obtencin do HMF. “Os resultados confirmaron o potencial da madeira de paulownia como materia prima renovable e demostraron que a integracin de disolventes verdes, biocatlise e tecnoloxa de microondas permite obter compostos de alto valor engadido de forma eficiente e respectuosa co medio ambiente”, afirma a galardoada.