Representantes de sete universidades afondan no papel da virtualidade no ensino superior
Nunha xornada virtual promovida pola Facultade de Direccin e Xestin Pública
Reunir unha serie de “actores con experiencia en proxectos e-learning” de diferentes universidades espaolas para analizar diferentes experiencias de implantacin de modalidades virtuais no ensino superior, as como para darlles a coecer o traballo levado a cabo neste eido polo Grao en Direccin e Xestin Pública e o Mster en Direccin Publica e Liderado Institucional. Estes eran os dous obxectivos da primeira xornada Docencia virtual universitaria, que a Facultade de Direccin e Xestin Publica promove na tarde deste xoves a través de e que reúne no seu programa as intervencins de docentes e representantes das universidades de Burgos, Oviedo, Zaragoza e Rey Juan Carlos, da UNED e da UOC, ademais da propia 鶹.
O reitor, Manuel Reigosa, e o decano comisario, Enrique Varela, foron os encargados de inaugurar esta xornada virtual que, a través de tres mesas de debate, afonda na traxectoria e labor de universidades públicas a distancia, nas experiencias na modalidade online de institucins presenciais e no caso concreto dos estudos virtuais xa implantados no eido xestin pública. Do mesmo xeito, a xornada tamén puxo o foco nos efectos que a covid-19 tivo no ensino universitario, ao que “as modalidades virtuais e semipresenciais chegaron para quedarse en tempos pospandemia”, sostivo Varela, para quen “parece seguro” que, tras a experiencia do Grao en Direccin e Xestin Pública, que o pasado curso se converteu no primeiro de Galicia en implantar unha modalidade virtual, “virn outras noutros campos do ensino superior”. Nesa mesma lia, tamén o reitor puxo de relevo que unha das aprendizaxes da pandemia "é que incluso as universidades claramente presenciais imos ter que facer uso destas ferramentas" que, como sinalou Reigosa, poden contribur "a prestar un mellor servizo cidadana e a ter mis éxito na captacin de alumnado".
Tres mesas de anlise
O primeiro destes coloquios contou coa participacin de Jorge Vega, director do Centro Tecnolxico Intecca da UNED, e de Mildred Guinart, directora do Grupo de Xeracin e Transferencia de Coecemento eLearn Center da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). A segunda mesa sumou ao debate as achegas da profesora da Rey Juan Carlos Isabel Bagaza, do director do Centro de Ensinanza Virtual da Universidad de Burgos, Vctor Abella, e do propio Varela. Por último, o terceiro dos coloquios permitiu afondar na implantacin de modalidades virtuais nos graos de Xestin e Administracin Pública das universidades de Zaragoza e Oviedo, da man dos seus coordinadores, Nuria Domeque e Ignacio Fernndez, as como na propia experiencia do Grao en Direccin e Xestin Publica e do mster online en Direccin Pública e Liderado Institucional. Fxoo a través das intervencins de Mnica Lpez Viso, secretaria académica do mestrado, e Xosé Mahou, responsable de virtualizacin de ttulos da Facultade de Direccin e Xestin Pública, que organizou esta foro de debate xunto co Observatorio da Gobernanza G3 e o grupo de innovacin Docencia aberta_Open Teaching.
