DUVI

Diario da 鶹

O terceiro volume desta publicacin comprende artigos de investigacin, revisins e recensins

Un novo número da revista 'Gender on Digital' pon o foco nas violencias sexuais dixitais que afectan maioritariamente s mulleres

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Igualdade
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI 14/01/2026

Co inicio do ano, a Unidade de Igualdade lanza unha nova edicin, a terceira, da revista , unha publicacin que botou a andar en 2023 ao abeiro da Ctedra de Feminismos 4.0 DEPO-鶹. Este novo volume céntrase nas violencias machistas dixitais e comprende artigos de investigacin, revisins e recensins arredor deste tema.

Como explica o equipo responsable da revista, liderado pola directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodrguez Castro, “abrdase un dos retos mis complexos e urxentes da nosa sociedade contempornea: as violencias sexuais que se reproducen e transforman nas contornas dixitais”. E é que como se detalla no prlogo, “as tecnoloxas, lonxe de seren espazos neutros, convertéronse en escenarios onde se amplifican as desigualdades de xénero, emerxen novas formas de violencia e, ao mesmo tempo, se articulan resistencias e propostas para a xustiza social”. Para analizar todo este contexto, a revista inclúe traballos de investigacin de revisin terica e emprica, tanto de metodoloxa cuantitativa como cualitativa, aplicada e de desenvolvemento terico, anlise socio-poltica, recensins bibliogrficas de recente actualidade e estudos de caso que, pola súa relevancia, merecen unha especial atencin, como o caso de Pelicot.

Cinco artigos, dúas recensins e unha revisin

No primeiro artigo, Adolescencia e violencia sexual facilitada pola tecnoloxa: unha revisin sistemtica de revisins, Laura Sampedro-Ferreirs e Rosana Martnez-Romn, da 鶹, parten da anlise de 15 revisins publicadas entre 2020 e 2025 que abarcan 648 estudos para evidenciar as elevadas taxas de prevalencia de envo, recepcin e reenvo non consentido de contido sexual, sendo as mozas as principais vtimas. O traballo sublia a urxencia de reconceptualizar prcticas como o sexting e de implementar polticas e programas educativos adaptados contorna dixital.

No segundo artigo, Piropos virtuais e adolescentes: unha forma de ciberacoso sexual, a traballadora social Sabela Salgueiro recolle os resultados dun traballo con 20 grupos de discusin con 232 adolescentes das provincias de Ourense e Pontevedra. Os datos revelan que as mozas son receptoras habituais de comentarios sexuais en lia que lles xeran malestar e medo, mentres que os mozos, principais emisores, tenden a percibilos como neutros ou positivos.

O terceiro artigo de investigacin, Ciberviolencias en contextos dixitais: comunicacin, poder e desigualdade de xénero, foi elaborado por Alba Ad-Lameiras, Marian Blanco-Ruiz e Pilar Cruz-Moya da Universidade Rey Juan Carlos. Tras estudar unha mostra de 734 estudantes, as investigadoras concluron que as alumnas universitarias son as principais vtimas de vulneracin da intimidade e exposicin sexual non consentida, as como de control e manipulacin dixital; s no mbito das ameazas en contornas dixitais son os mozos quen as sofren en mis ocasins.

Noutro captulo, Mara Calado Otero, da UNIR, analiza como a contorna dixital, e en especial as redes sociais, se converteron nun escenario central para a reproducin e resistencia de violencias simblicas que afectan aos corpos feminizados. A investigadora resalta que nestes espazos operan discursos estéticos, de autocoidado e saúde que impoen mandatos corporais, xerando formas sofisticadas de control corporal e autovixilancia. Fronte a iso, visibiliza iniciativas procedentes do activismo feminista e antigordofbico, da arte, etc. para facer fronte aos cdigos estéticos dominantes.

O quinto artigo, sobre a perspectiva de xénero na dixitalizacin e os algoritmos na música, da investigadora da Universidade do Pas Vasco Soraya Alonso-Alconada, analiza como a dixitalizacin e a intelixencia artificial estn a transformar a industria musical e, en particular, a visibilidade e representacin das mulleres artistas. A autora resalta que os sistemas algortmicos reproducen patrns que favorecen os homes, limitando a difusin do traballo feminino e expn a necesidade de infraestruturas dixitais inclusivas e éticas que garantan igualdade.

Finalmente, este número remata coas recensins de dous libros (Vivir cos homes. Reflexins sobre o xuzo Pelicot de Manon Garca e O continuo das (ciber)violencias sexuais e de xénero contra as mulleres) e dun artigo de revisin (Prevalence of Technology-Facilitated Sexual Violence Against Women de Bentez-Hidalgo et al.), que son fundamentais para unha reflexin crtica, feminista e sociotecnolxica.