DUVI

Diario da 鶹

O seu enfrontamento no campus co Crculo Chantadino rematou 3-3

Novo empate da EXP-鶹 na Divisin de Honra

O equipo universitario mantense terceiro do seu grupo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 14/03/2022

Con dous grandes mestres, o serbio Strikovic e o búlgaro Petkov como principais referentes, o Crculo Chantadino visitou esta fin de semana a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte para medirse ao primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra – 鶹, na cuarta semana de competicin na Divisin de Honra da Liga Galega de Xadrez. Tras seis partidas que definen como “vibrantes ata o último segundo”, este enfrontamento pechouse con empate (3-3), o segundo consecutivo do equipo universitario, que se mantén na terceira posicin do seu grupo.

Desde o club pontevedrés destacan a “tremenda loita vivida” en cada unha das partidas, nun enfrontamento no que os tres primeiros taboleiros decantronse do lado visitante. No primeiro, Alberto Portela foi superado por Strikovic, mentres que Rubén Fernndez non puido con Petkov e Daniel Rivera non foi quen de puntuar fronte ao portugués Paulo Pinho. Mais os tres taboleiros restantes si remataron con vitoria local, de mans de Pablo Garca, David Garca e Vctor Miguel. Tras este resultado, o EXP-鶹 Estratexia pola Paz comparte o terceiro posto da tboa co Xadrez Vern, ambos con 16,5 puntos, medio punto menos que o Crculo Chantadino e lonxe xa do lder e prximo rival dos universitarios, o Xadrez Ourense, que suma 22,5 puntos.

Vitoria de cinco dos sete equipos do club

Xunto a este empate, cinco vitorias e unha derrota conforman o balance dos diferentes equipos da Escola Xadrez Pontevedra – 鶹 na cuarta xornada da liga autonmica. Entre eles, destaca un novo triunfo na Primeira Divisin do Ramn Escudeiro Tilve, que encadea catro vitorias en catro xornadas.

Por outra banda, desde o club pontevedrés destacan como “unha das novas mis positivas da xornada” e como unha “mostra das sinerxas” xurdidas da relacin entre a 鶹 e a escola, a participacin dos deportistas do club no estudo Nivel de actividade fsica e perfil condicional de xogadores federados de xadrez, que desenvolve un alumno da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte.